Skip to main content

BIBLIOTECA CREATIVA

CALIGRAMAS - OBRADOIROS VOLUNTARIADO #VoluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado despertando a creatividade,

xogando coas palabras e a imaxe da nosa mascota Percebiño!

 

 

 

 

ESCRITA... LOS MISTERIOS DEL SEÑOR BURDICK DE CHRIS VAN ALLSBURG #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A lectura do libro "Los misterios del señor Burdick" non deixa a ninguén indiferente.

Inspirados nesta ilustración o alumnado crea a súa posible historia.

 

 

 

 

 

OBRADOIRO CALIGRAMAS #EscribiraBE #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas

Ven a escribir na biblioteca! Tódolos mércores do mes de novembro

podes adentrarte no mundo dos caligramas,

escribir, debuxar e deixar voar a túa imaxinación.

Percebiño será o noso guía!

Apúntate na cortiza da entrada de biblioteca!

 

 

 

 

COCIÑA DE SAMAÍN #Samaín #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O venres o alumnado de 1º de Educación Primaria realizou diversas receitas de Samaín.

 

 

Escribindo e lendo os pasos dun texto instructivo conseguiron realizar unhas creacións moi saborosas.


 

Aquí están en acción.

Hai un anexo en pdf por se queredes probar na casa!

A gozar dun Samaín de medo e sabor!

 

 

 

 

OBRADOIRO CON CASTAÑAS #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas

Un obradoiro cun produto natural do noso outono.

Un froito seco do máis versatil. Neste caso, será a

base dun telar que a modo de xogo desenvolverá

a motricidade fina e a concentración. Hai que ter moita

paciencia e ser delicado/a nos movementos, que senón

os palillos rompen!

Se queres probar só tes que pasar pola bilblio e pedirlle a un

voluntario ou voluntaria para participar.

Ten aforo, pero estará varios días para poder

probar todas e todos os que desexedes.

 

 

 

CLUBS CONVOCATORIA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O ano pasado a pandemia deixou algo bo, foi que o alumnado se autorganizara,

sen darnos conta rapazada que non podía acudir a diario á biblioteca

(polas limitacións) se autoxestionou,

colocouse no espazo e montou clubs para argallar.

Este ano dun xeito moito máis formal, pero con moita autonomía,

fan as súas propostas para que o alumnado que o desexe forme parte do club.

En principio, teremos reciclaxe, baile, teatro e inventos.

 

 

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A actividade central ao comezo do curso é a formación de usuarias e usuarios da nosa biblioteca.

Este curso xa coa ledicia de abrir as portas ás familias. Comezamos refrescando e

conversando sobre as normas e actividades que poden gozar na biblioteca e continuamos

con tres grupos interactivos (comunidades de aprendizaxe) da man de familias

voluntarias que nos agasallaron co seu tempo e bo facer.

 

 

O alumnado traballou a identificación dun libro, a CDU e os tejuelos.

Sendo Biblioteca Creativa como somos, non podían faltar actividades como maxia,

para representar logo na casa e canción tradicional. O alumnado aprendeu e interpretou

unha pequena estrofa típica da nosa vila. Para valorar dende pequenos a tradición oral.

O empréstito (de libros, xogos, película e música) e a lectura na sala foi outra das actividades.

 

 

Creamos unha pequena presentación para a actividade inicial que aquí compartimos.

 

 

 

 

 

 Recordamos que a biblioteca está aberta ás familias en horario de tarde.

 

 

 

ARGALLANDO NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Na biblioteca "Carlos Labraña" temos moitos libros para ler, consultar, xogar,

rir e tamén chorar. Pero nos recreos ademáis de ler, encántanos argallar!

Cada día chegan mentes inmensamente ricas de ideas, creatividade,

historias e con ganas de facer. Elas e eles están orgullos@s e nós del@s.

 

 

 

 

ABRIMOS AS PORTAS!

Benvidas e benvidos, persoas, proxectos, críticas constructivas e milleiros de ideas!

O verán trae consigo novos proxectos e deixou medrar outros.

Aquí temos as sementes, que veñen bulir todo e dar unha boa colleita.

Namentres, o equipo de biblioteca está preparando e argallando o entramado.

Aprendede gozando, rapazada!

 

INSTRUCCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR. CURSO 2022/2023

 

 

 

SOLEDAD FELLOZA NA BILBLIO DO IES - PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O vindeiro luns 20 de xuño, dentro do programa Lectura e Familias e no marco
da elaboración da Biblioteca Humana que se está levando a cabo nas bibliotecas escolares,
agrádanos anunciar a presenza de Soledad Felloza no Ies Punta Candieira.
 
 
 
Esta artista polifacética (actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora...)
sorprenderanos cun taller sobre a lectura.
Porque ler está de moda.
Invitamos ás familias a que acudan ao taller.
Poden comunicalo no WhatsApp indicando o seu nome e poñendo Soledad Felloza
no número 665602142. Turno 1 as 10h e turno 2 as 12h.
 
 

 

ÁREAS E PLANO NA HORTA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Profesorado e alumnado priorizan espazos ao aire libre e sácanlles o maior partido.

Cálculo de áreas e planos en 5º de Educación Primaria.

 

 

 

 

DESEÑANDO EN CANVA #Axenda2030 #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Cando o alumnado quere realizar un obradoiro ou faladoiro, sempre ten as portas abertas,

pero ten que seguir unha serie de recomendacións e sempre dispón da axuda e recomendación

do equipo de biblioteca. Unha de esas recomendacións é a creación de cartaces para

difundir a actividade que queren levar adiante. Este é un deses momentos, utlizan os

ordenadores táctiles para crear na aplicación Canva, dende cartaces ata invitacións.

 

 

 

ESPAZO ARGALLEIRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O xogo é unha das actividades máis importantes na infancia,

por iso na BE "Carlos Labraña" o promocionamos, propoñemos

espazos e recursos e afirmamos que unha fonte de aprendizaxe

e fomenta as habilidades sociais.

 

 

 

 

SLIME - OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Aldara e Carmen sacaron adiante un novo obradoiro do alumnado.

Fixeron o cartaz, a lista da compra, reuniron os produtos, fixeron unha proba

e a semana pasada o alumnado apuntado dispúxose a facer un obradoiro de slime.

 

 

 

Saíu todo tan ben que encheron os botes de cristal para xogar co slime creado.

 

 

 

Estamos moi ledos/as de como salvaron os pequenos atrancos que puideron ter

duranto o desenvolvemento do obradoiro, correción de activación, pequenos

roces pois quería participar máis xente da apuntada,...

Ao final, a palabra todo o salva e con acordos e conversa xurdiú o consenso.

 

 

Parabéns rapazada!

 

 

 

 

DESCUBRIMOS O 2º RETO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Despois de dar voltas por un lado, por outro, estimar pesos, caídas, estudar

tipos de sons e todo o que pode facer, cunha caixa pechada con algo dentro

que non podes ver. Desvelamos o contido do 2º reto da Biblioteca Inclusiva.

Era dífícil, ninguén acertou exactamente, pero si moitos se achegaron.

O alumnado de 1º foi o encargado de abrir a caixa e ver o que contiña.

A pesares da derrota, foron quen de repoñerse  e aproveitar

o achado para facer un obradoiro de pulseiras!

 

 

 

FORMACIÓN EN CREATIVA CON PABLO OTERO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 6º de primaria xogou coas palabras.

Baixo o lema das bibliotecas escolares "A biblioteca escolar ten a palabra",

realizou dúas experiencias creativas co escritor e ilustrador Pablo Otero.

 

 

Está actividade está enmarcada na biblioteca creativa, é unha formación para

o alumnado que temos que agradecer á asesoría de bibliotecas.

Unha experiencia onde se evidencia que a biblioteca escolar acolle todo tipo

de linguaxes (oral, artística, escrita...). Este ano afondamos nas verbas e

as súas posibilidade estéticas e creativas.

 

 

Pablo Otero, estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

É disléxico, pero isto en ningún momento foi un impedimento, senón ao

contrario, un reto para profundizar no poder creativo das letras,

da súa contorna, da súa estética. Podedes consultar na biblioteca

diversos libros ilustrados ou escritos polo autor.

Unhas fotografías e un vídeo para ilustrar a xornada.

 

 

 

 

 

 

TEATRO DE SOMBRAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado dos clubs de 5º están preparando un teatro de

sombras para compartir co alumnado a final de curso.

Aquí os temos preparando o cartaz.

 

 

 

 

Distribuir contido