Skip to main content

BIBLIOTECA CREATIVA

COSTURA ENTROIDO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Estes días alumnado e mestres pasamos moito tempo na zona de costura

da nosa biblioteca creativa. As máquinas de coser non dan abasto

e todos estamos preparando os disfraces do entroido.

Reciclamos todo o material que podemos e creamos boa parte dos disfraces.

É tempo de apegotas, bromas mentireiras, este mes autorizadas.

Así que coidadiño!

 

 

 

 

 

 

PROGRAMANDO #Ciencia #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado programa aos robots creados para realizar diversos

movementos, xiros... experimentan e varian as diversas ordes

para ver que efecto teñen no robot.

Aprender gozando coa tecnoloxía, brindando un bo uso dela.

 

 

 

 

 

LEGO WEDO PROGRAMANDO #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

En grupos cooperativos o alumnado segue as instruccións,

monta e programa con Lego Wedo.

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - ALUMNADO 2ºA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Desta volta os protagonista das cancións infantís

son Iñaki, Carme e Simón.

Esta é unha actividade enmarcada

no proxecto documental "Música, maestro!".

 

 

 

 

 

 

INTERCAMBIO DE EPÍSTOLAS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A escritura e a lectura son dous dos pilares máis importantes

da biblioteca escolar. Conxugamos a aprendizaxe destas habilidades

coa motivación do alumnado e creamos actividades que impliquen

reforzar actitudes que desexamos que se reproduzan constantemente.

As epístolas contribuén a todo isto, por iso é unha tarefa que replicamos

unha e outra vez. A quen non lle gusta recibir unha carta?

Estas son as da nosa rapazada!

Engadir que o alumnado sempre ten acceso a apoios á escritura,

paos correctores, infografías ortográficas... para brindar seguridade,

crear un hábito de corrección e mellorar a escrita.

 

 

 

 

 

ÁRBORE DE NADAL CON REFUGALLOS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A creatividade non ten límites! Uns paos, anaquiños de teas,

arames sobrantes e moreas de imaxinacións.

Adobíos para as celebracións! Bo Nadal!

 

 

 

 

 

 

PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Nadal#Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Esta semana avoas e avós do Taller de memoria achegáronse ata o cole,

despois de diversas reunións e ensaios para amosarnos tradición oral.

Somexirdos nun mar de contacontos e cancións da vila gozamos de

intres fermosos acariñados polas verbas do saber. Avoas e avós de

moitos de nós espallaron un legado oral que agora temos que protexer

con sumo coidado. Temos que protexelo do esquecemento e un bo xeito

e contando e cantando. Esta entrada irá medrando co paso dos días,

pois é moito o material que nos ofreceron. O mellor de todo e que floreceron

lazos e esta non será a última vez que coincidiremos.

Realizaremos diversas reunións ao seu carón, pois é tanto

o que saben que moito dubidamos que un ano chegue para contalo.

Gracias avoas e avós!

 

 

 

 

 

 

FELICITACIÓNS NADAL CON LEDS #bibliotecacreativa #Nadal #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As novas tecnoloxías, os recursos de Polos Creativos e

das Bibliotecas Escolares, únense para que as mans da nosa

rapazada cree cousas tan fermosas como os Rudolfs en

felicitacións de Nadal e adobíos nadaleños. Moi Bo Nadal!

 

CLICA AQUÍ E RECIBE UNHA GRAN SORPRESA!!

 

 

 

 

GALLETAS NADAL #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A biblioteca leva todo o mes ulindo moi ben!

A razón é que a cociña non para! Desta volta tocaron

galletas cos Vagalumes de 2ºC. En grupos cooperativos

prepararon unha tanda de galletas para meter no forno,

arrefriaron un día e ao seguinte as embolsaron e adobiaron

cunha manualidade de nadal que xa tiñan preparada

e reservada para esta ocasión tan especial.

 

 

 

 

 

PROGRAMANDO CON SCRATCH #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

O alumnado de 5ºA, nas sesións do proxecto competencial,

aprenden a programar con Scratch . Comezan cos fondos, son,

escoller personaxes e aprenden a deseñar un código para que as

personaxes realicen as accións que lles encomendan. Esta linguaxe

de programación é moi interesante, pois as habiblidades que o alumnado

adquire, posteriormente pódense aplicar a outras

linguaxes de programación como Python ou Java.

 

 

 

RECREOS NA BE "CARLOS LABRAÑA" #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha biblioteca na que collemos todas e todos,

con actividades diversas e un equipo de voluntarias

e voluntarios que son peza clave na organización

e funcionamento na hora de lecer.

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTANDO COA LUZ NEGRA #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Primeira sesión dun obradoiro que durará varios recreos.

Decoramos máscaras, máns, cara e incluso as paredes

para ver as posibilidades que nos ofrece este tipo de luz.

A primeira parte levouse a cabo no espazo da biblioteca,

na sala de cociña e, xa na aula sensorial vimos

as creacións en todo o seu explendor.

 

 

 

 

 

LEGO WEDO #PolosCreativos #Ciencia #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Gozando das posibilidades e recursos no

mes das ciencias con Lego Wedo.

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTO REPRODUCIÓN PLANTAS #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto anda a experimentar polo mes das ciencias.

Reprodución sexual e asexual das plantas, necesidades...

Realizaron diversas hipóteses sobre que pasaría coas sementes

dendo de terra ou auga, metidas nun globo (a modo de crear o efecto

invernadoiro). Plantaron un xeranio pola técnica agricultora do gallo.

Colocaron sementes a diferentes profundidades... fixeron moitas hipótese.

Agora toca esperar e probar ou refutar.

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE GOMINOLAS #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Obradoiro de gominolas polo Samaín a cargo do alumnado de segundo A e B.

 

Un traballo en gran grupo cun resultado moi saboroso!

 

 

 

 

 

FORMACIÓN DE USUARIOS ALUMNADO #CDU #PLAMBE #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Rematamos nestes días a formación de usuarios para o alumnado de 5 anos

a 6º de primaria, reparando en cousas importantes dentro da biblioteca,

a CDU e a axuda que nos presta para atopar ou colocar un libro, que tipos

 

 

de fondos atopamos en cada sala, que outros recursos alberga a nosa

biblioteca Lía, como podemos gozar deses recursos, cales son as normas

que permiten que a convivencia na biblioteca sexa diversa, pacífica,

fluida e na que todas e todos nos sintamos cómodos e respectados.

 

 

 

 

 

 

CABAZA CON SENSOR DE LUZ #poloscreativos #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

O alumnado de 5º de E.P. crea unha cabaza con sensor

de luz para a exposición de cabazas do cuarto do Samaín.

Vaia chulada!

 

 

 

 

COCIÑANDO POLO SAMAÍN #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas

Os Vagalumes preparan o seu xantar de Samaín,

pementos recheos e salchichas momia.

Dende a escrita da receita, pasando polo lavado, cortado,

preparación, posterior xantar e, por suposto, non menos

importante limpeza final dos espazos e recursos utilizados.

Ollade e se vos presta, copiade a receita!

Boo Samaín!!

 

 

 

Distribuir contido