Skip to main content

EXPRESIÓN ORAL

TÍTULOS, AUTORAS E AUTORES - BIBLIOTECA HUMANA 2021 2022 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Estamos orgullosos das persoas que se brindaron a contar a súa historia.

Entre todos crearon redes que se conectan, que nos conectan.

O vindeiro curso poderedes coller os seus libros en empréstito na BE "Carlos Labraña",

pero para quen o desexe creamos un genial.ly, onde está aloxado o audio de cada un dos libros.

Historias fermosas que nos acompañarán no verán. Collede o voso libro!!

 

 

 

 Agradecer inmensamente a colaboración de tódalas persoas que puxeron un pedaciño

do seu tempo para facer posible este proxecto. En especial aos nosos libros humanos:

Andy Brañas, Ánxela Lema, Bibiana Córdoba, Candela Martínez, Carlos Labraña,

Ermitas García, Fabiana Feijoo, Jose de Vigo, Juan Rodríguez, Miño Guerreiro,

Noa López, Raúl Nebril e Rebeca León.

 

 

 

O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 3º B estrenara o próximo 20 de xuño a súa obra

"O casamento da pulga e do piollo" na aula de teatro.

Aquí os vemos nuns ensaios.

 

 

 

 

CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia

e de compartir xuntos as emocións que neles provocaron.

Agora comezan con "El Palacio de los Tres Ojos" De Joan Manuel Gisbert e Chata Lucini.

 

 

 

 

 

IV CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega

 

A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns!

O programa, Poemas Crioulos, presentado ao concurso de Radio na Biblio,

polas Letras Galegas, resultou gañador na convocatoria.

O podcast será difundido pola Radio Galega a  través da  páxina do Diario Cultural;

así mesmo, será difundido a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Chegado o momento será compartido no blog da BE "Carlos Labraña".

Moitos parabéns!!

 

 

 

 

 

 

V XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 2º de Primaria ten o pracer de convidarvos

á representación da obra de teatro Mares de Cedeira.

Unha obra inédita de Carlos Labraña feita para a nosa biblioteca,

onde os protagonistas son Percebiño e os seus amigos/as.

Será o vindeiro 3 de xuño, con tres pases: 10:30 h, 12:30 h e ás 20:00 h.

 

 

 

Este será o resultado do traballo dun curso escolar con 47 persoas

miúdas en escea, pero grandes actrices e actores!

A rapazada será capaz de transmitirnos o mellor de si mesma,

trasladarnos a un gran problema medioambiental, coa axuda da linguaxe

corporal, as artes, a imaxinación e as palabras.

 

 

 

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao

mesmo tempo poderedes comprobar como este curso

medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 


 

 

 

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado de biblioteca de 4º de primaria recibiú formación

de radio para mellorar as súas competencias neste medio.

 

 

Laboratorio de radio foi o encargado da formación.

O alumnado aprendeu a importancia da respiración, os distintos tons,

creou, engadiú sons de creación propia, gravou e locutou...

 

 

Foi unha formación intensa e gozada da que deixamos aquí constancia.

 

 

 

 

 

 

 

VERBAS NAS AMÉRICAS #ABEtenapalabra #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Viaxando polo mundo sen moverse da biblioteca o alumnado realizou

unha investigación para recoller unha pequena mostra de palabras

dos diferentes países onde emigraron os galegos na dictadura franquista.

Unha vez máis solicitamos a colaboración da comunidade

educativa para facer medrar as palabras.

 

Podedes enviar a vosa aportación ao correo: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

38 CONCURSO ONCE #igualdade #ODS #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O camiño que nos torna iguais é o lema baixo o cal  o Grupo Social Once

convidou a participar aos centros nunha actividade para traballar a inclusión

e converter ao alumnado en axentes de cambio.

O grupo de 4º C de Educación Primaria saíu gañador coa súa participación.

Dende a Biblioteca "Carlos Labraña" queremos darlles os parabéns!

Dende este enlace podedes gozar todos do audio que enviaron.

PREME E ESCOITA O AUDIO

 

 

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - PROCESO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes xa teñen algunhas táboas cando falamos de teatro,

pero este ano rompeu os esquemas de toda unha humanidade.

Realizaron os seus comezos, coma sempre, na Biblioteca Carlos Labraña.

 

Recibiron a visita do autor da obra escollida: Carlos Labraña. Un grande.

Tiveron o privilexio de recibir unhas clases de expresión por parte de Quique Vázquez.

Inmenso Quique!

Ensaiaron a obra e xa tiñan decidido o atrezzo e a caracterización da compañía cando

unha pandemia azoutou o mundo enteiro e mandounos a todos para casa.

 

 

 

Na protección do fogar e da familia, idearon, pensaron e tomaron unha decisión:

seguir adiante co seu soño, transformalo e facer RADIO TEATRO!

 


 

Unha das grandes preocupacións era a parte artística da obra.

Non dera tempo a facer a caracterización das personaxes a través do debuxo, como outros anos.

Así, acudiron ao mellor ilustrador que podiamos ter:

Diego Cheda, quen dá forma e caracteriza a cada unha das personaxes.

Gracias, Diego, por tanto!

Posteriormente, nenas e nenos coas súas familias crean a caracterización dos actores e actrices.

Os Vagalumes deseñan fondos, árbores, carretillas... de atrezzo.

Xa por último, e usando varios programas como: Audacity, Imovie, Canva,

Remobe-bg, Cut past photo... créase o Radio Teatro Estrela... fugaz?

 

Este é o tríptico, ese que repartirían para

que todos tivesen constancia do seu proceso.

 

 

 

PARABÉNS VAGALUMES!!

 

 

 

 

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ E INVITACIÓN #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

 

Os Vagalumes de 4º A teñen o pracer de convidarvos á representación da obra de teatro Estrela... fugaz?

de Carlos Labraña, o vindeiro martes, 8 de xuño, ás 20:00 h.

 

Será o resultado do traballo dun curso escolar, un ano diferente e inesperado,

 no que o alumnado, mestra e familias souberon adaptarse ás circunstancias e cooperar na distancia.

Nesta representación teatral os Vagalumes serán capaces de transmitirnos o mellor de si mesmos

e serán quen de trasladarnos a outro mundo a través das artes plásticas, a imaxinación e as palabras.

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao mesmo tempo poderedes comprobar

como este curso medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 

 

Preparade un sitio no sofá e unhas pombiñas de millo!

Non volo podedes perder!

 

 

 

 

 

 

Rosalía de Castro

Os Vagalumes achegan a biografía de Rosalía baseándose na obra da

Fundación Rosalía, de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer.

Parabéns rapazada!

Xornada de teatro escolar

O alumnado que participará nas Xornadas de Teatro xa leva case dous trimestres de andaina.

Biblioteca do centro e auditorio son os seus dous referentes de ensaios.

Expresión oral, comprensión lectora, dramatización, oralidade, aprendizaxe cooperativa e colaborativa,

manexar tempos de espera, actitudes como respecto, esforzo, axuda aos demais,

poñerse no sitio doutro... son só algúns dos beneficios desta actividade.

Parabéns rapazada! Estamos orgullosos de todos e cada un de vos!

Axenda representación Os Furabolos con "A pequena compaña" de Carlos Labraña.

Entrevista a Carlos Labraña en Radio Experimental.

Podcast Día da Muller 8 M

Desta volta cinco rapazas dos Vagalumes empodéranse e

realizan un podcast para explicarnos porque celebramos o 8 de marzo.

Comentan accións e actitudes para conseguir a igualdade.

Aínda queda moito por facer, pero aquí vai a súa aportación!

Marina como moderadora da entrevista, Noa, Sara, Elena e Marta entrevistadas.

Dende as Bibliotecas Escolares colaboramos co Concello de Cedeira no préstamo de fondos relacionados con esta temática.

Noticia Concello

 Por todas!

Mulleres na ciencia. Material para traballar na aula.

 

SAÍDA E RECEITAS!

SAÍDA E COCIÑA COMO MEDIO PARA DESENVOLVER A ESCRITURA E A ORALIDADE.

ISTO ACONTECEU NAS AULAS DE 3º C E 4º A.

O ALUMNADO APROVEITOU A SAÍDA DIDÁCTICA A ESENGRA PARA REFORZAR E AMPLIAR CONTIDOS SOBRE A ALIMENTACIÓN, PARTICIPANDO NUN OBRADOIRO DE COCIÑA NO QUE GOZARON E APRENDERON OS PASOS DA RECEITA DAS GALLETAS. LOGO AGASALLARON CON ELAS ÁS FAMILIAS. TAMÉN ARGALLARON CUN SIMULADOR DUNHA PONTE DE MANDO DUN BARCO, FACENDO O PERCORRIDO POLA RÍA DE FERROL (que o alumnado de 3º xa fixera na realidade o curso pasado na súa visita ao Castelo de San Felipe). NESTA OCASIÓN FORON CAMBIANDO O TEMPO ATMOSFÉRICO, REPASANDO DESTE XEITO CONTIDOS DE CIENCIAS SOCIAIS E DIFERENTES FENÓMENOS QUE LLES CHAMARON A SÚA ATENCIÓN. SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DA PERSOA QUE ESTABA AO MANDO MANEXARON O BARCO.

POSTERIORMENTE VISTARON UNHA EXPOSICIÓN DE NUDOS E UNHA COLECIÓN DE PEIXES DA ZONA.

 

PARA O ALUMNADO DE 4º A, OS VAGALUMES, ESTA SAÍDA FOI A ÚLTIMA FASE DAS RECEITAS DE OUTONO, UN DOS PROXECTOS LEVADOS A CABO ESTE TRIMESTRE, NO QUE A REPOSTERÍA E OS SEU INGREDIENTES FOI UN VEHÍCULO PARA MELLORAR NA EXPRESIÓN ESCRITA DE TEXTO INSTRUCTIVOS.

NO CASO DO ALUMNADO DE 3º C TRAS A SAÍDA REALIZARON DIVERSAS REDACIÓNS QUE REMATARON EN LECTURAS.

II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

UNHA PEQUENA MONTAXE, PARA DEIXAR CONSTANCIA, DO QUE FORON AS II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO.

POR MOR DUN PROBLEMA TÉCNICO NA CÁMARA DE VÍDEO, GRAVOU SEN SON, PERO TODOS OS QUE ASISTIRON SON TESTEMUÑAS DO BO FACER DESTA RAPAZADA.

PARABÉNS ACTRICES E ACTORES!!

TV GALIZA VAGALUMES

COINCIDINDO COAS XORNADAS QUE MARES DE CEDEIRA MUSEO ORGANIZOU PARA OS CENTROS ESCOLARES DA VILA, OS VAGALUMES DE 3º A DECIDEN DEIXAR CONSTANCIA DO SUCESO E PREPARAN UN TELEXORNAL.

A RAPETA É UN ARTE DE PESCA (PROHIBIDA AGORA NA VILA), PERO QUE PERMITÍU CREAR MEMORIA COLECTIVA NO POBO.  ESTE ALUMNADO, INMERSO NUN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, DECIDÍU SACARLLE O MÁXIMO PROVEITO.

CON ANTERIORIDADE Á RAPETA REALIZARON RUTINAS DE PENSAMENTO EN GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS.

II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

ESTADES TODOS CONVIDADOS!

  

DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA?

DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR... LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS...

CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE.

GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS!

Distribuir contido