Skip to main content

A NOSA BIBLIOTECA

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

O PASADO 24 DE OUTUBRO FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS.

O ALUMNADO ELABOROU NUBES DE PALABRAS

 

OS GRUPOS DE 5º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA ACUDIRON Á

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN".

E OS GRUPOS DE 6º VISITARON A BIBLIOTECA ESCOLAR DO IES PUNTA CANDIEIRA,

 ONDE XOGARON, APRENDERON E RECIBIRON AGASALLOS.

MONTAXE DE ESCORNABOTS

XA ESTAMOS PREPARANDO OS ESCORNABOTS PARA PODER UTILIZALOS O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

 

 

 

NO SEGUINTE DOCUMENTO QUEDAN PLASMADOS OS PASOS A SEGUIR PARA A SÚA MONTAXE,

PRESTANDO ATENCIÓN ÁS DIFICULTADES QUE NOS FOMOS ATOPANDO.

FELIZ ANO NOVO!

O Concurso de debuxo para as postais de felicitación foi todo un éxito.

Brais Sedes Hermida (5 anos C) e Lucía Bellón Rodríguez (6ºA) son os artistas gañadores!

 

O CEIP Nicolás del Río quere desexarvos un feliz 2017!

VISITA DE JUAN RODRÍGUEZ

HOXE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA INESPERADA DE JUAN RODRÍGUEZ.


O FUTBOLISTA CEDEIRÉS DO SPORTING DE XIXÓN ESTIVO ASINANDO UN MOOOOONTÓN DE AUTÓGRAFOS.


MOITAS GRAZAS JUAN POLA TÚA AMABILIDADE.


PERCEBÍN QUEDOU ENCANTADO!


DE NOVO NA BIBLIOTECA!!!

O NOSO AMIGO PERCEBÍN ESTÁ ENCANTADO!

DESPOIS DAS VACACIÓNS DE VERÁN, A BIBLIOTECA VOLVE ENCHERSE DE NENOS E NENAS!

DURANTE ESTES DÍAS TODO O ALUMNADO PASARÁ XUNTA COS PROFES PARA COÑECER OU RECORDAR AS NORMAS.

E QUEN QUEIRA PODE VIR NOS RECREOS A LER, DEBUXAR, ESCRIBIR, MANEXAR O ORDENADOR, DISFRAZARSE, LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS PARA A CASA, XOGAR COS MONICREQUES...

 

ENQUISA SOBRE A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR

 

SOLIDARIEDADE NA BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA

A SOLIDARIEDADE INUNDOU O IES PUNTA CANDIEIRA CUN "MERCADILLO" SOLIDARIO A PROL DOS REFUXIADOS, ACTIVIDADE PROMOVIDA POLA BIBLIOTECA E QUE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA.

RECIBIRON MOITÍSIMAS DOAZÓNS DE LIBROS E PELÍCULAS, XOGOS...

E AQUELAS DESTINADAS A UN PÚBLICO MÁIS INFANTIL DECIDIRON ACHEGALAS Á NOSA BIBLIOTECA.

MOITAS GRAZAS!

E NORABOA!!!

APRENDENDO CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA

NA NOSA BIBLIOTECA APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

NESTA OCASIÓN VISITOUNOS ANDRÉS (o papá de Irene) PARA AMOSARNOS COMO FUNCIONAN OS IMÁNS E DEIXARNOS TOCAR, PROBAR, EXPERIMENTAR...

APERTURA DA BIBLIOTECA!!!

Ola chic@s!

Por fin,abrimos as portas! Os meus amigos: o polbo Ataulfo, a gaivota Casilda, o Peixe e o cangrexo Patexo tiñamos un lío tremendo! Estivemos todo o verán surcando as ondas do mar, surfeando, buceando... e claro, os libros fóronse acumulando...

Así que esta apertura non foi nada fácil. Temos que dar as grazas, o alumnado de 5º e 6º que se trasladou ata a Biblioteca Municipal López Cortón para ampliar a súa formación e aos voluntarios que tiveron que pasar un Casting a semana pasada, grazas a súa axuda agora podemos andar por este mar de libros, pero xa organizados.

Dentro das súas labores estarán: axudarvos nos recreos cando desexedes buscar información, atopar un conto..., procurar que o nivel de ruídos non traspase o umbral permitido, recordarvos as normas, fichas os libros que levedes e devolvades, ser amables e crear un ambiente agradable que convide a disfrutar,... Pero queridos amiguiños e amiguiñas da costa Cedeiresa, recordade que isto é un traballo de todos!

Polo tanto esperamos vervos nos recreos e nalgunha sesión cos mestres. Escribídeme faime moita ilusión, quero coñecer os vosos gustos, suxestións, opinións...

Distribuir contido