Skip to main content

Autores

NOVO PREMIO DE CARLOS LABRAÑA

Percebín anda moi contento!

Carlos Labraña

vén de acadar

o IX Premio Manuel María

de literatura dramática infantil.

 

NORABOA!!!

A súa obra O valo é unha homenaxe a todas as persoas que abandonan o seu país fuxindo da guerra, "para que non permanezan no esquecemento e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valos, aramados, muros e fronteiras que separan os seres humanos".

Carlos Labraña. E ti, de quen vés sendo?

Érica Esmorís no cole

Érica Esmorís visitounos o día 20 de abril e fíxonos unha presentación aos alumnos de 5º e 6º.

Foi  moi divertido, díxonos as súas aficcións e explicounos como é escribir un libro, tamén nos firmou os libros de "Nena e o mar".

       

 

 

REPORTEIRAS: Giulia (5ºA) e Candela R (5ºC)

VISITA DO ESCRITOR MARCOS CALVEIRO

O mércores 9 de abril, visitounos o escritor MARCOS CALVEIRO, que estivo falando cós alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria do seu libro "PALABRAS DE AUGA", co que conseguiu o premio Merlín da literatura infantil no ano 2012.

Distribuir contido