Skip to main content

Videos

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos o día das bibliotecas escolares (24 de outubro) coa creación do novo espazo de cociña na nosa biblioteca creativa que nos permita unha aprendizaxe competencial moi significativa. Realizamos un obradoiro de galletas e decoración inspirado nos cómics. Completamos o traballo coa elaboración das receitas e cómics, abarcando así unha serie de aspectos curriculares importantes de varias áreas: matemáticas, linguas, ciencias... A nosa biblioteca segue crecendo!!!

 

COMEZAMOS POLO PRINCIPIO

XA PASOU! E AGORA QUE?

Posted in

"A BIBLIOTECA"

DESPOIS DE TANTO TEMPO AGARDANDO, AÍ COMPARTIMOS O VÍDEO DO DÍA DO LIBRO. 

DENDE AS BIBLIOTECAS DE CEDEIRA QUIXERAMOS AGRADECER, UNHA VEZ MÁIS, A COLABORACIÓN DE TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE ESE DÍA AMOSANDO UNHA VEZ MÁIS QUE XUNTOS É POSIBLE.

QUIXEMOS PLASMAR UN PERCORRIDO IMAXINARIO POLAS BIBLIOTECAS E POLA LECTURA PARA PÓR DE MANIFESTO QUE A EDUCACIÓN E A LECTURA FAN PERSOAS MÁIS COMPLETAS. QUE O FUTURO DOS PEQUENOS QUE INTERVEÑEN NESTE VÍDEO ESTÁ POR ESCRIBIR. FAGÁMOLO POSIBLE!

 

 

 

LAS PROVINCIAS

O VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA"

Posted in

O ALUMNADO VOLUNTARIO DA NOSA BIBLIOTECA FAI UNHA LABOR MOI IMPORTANTE PARA QUE TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POIDAN DESFRUTAR DA LECTURA (e moito máis) DURANTE OS RECREOS.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO

NO QUE O ALUMNADO VOLUNTARIO DE QUINTO CURSO

NOS CONTA COUSAS MOI INTERESANTES.

 

 

 

VIDEO USO DOS MARCADORES

Carlos Labraña. E ti, de quen vés sendo?

PARTES DUNHA NOTICIA

Posted in

IV FEIRA DOS LIBROS

O martes 21 de abril comeza a IV Feira dos Libros do Ceip Nicolás del Río

CURTAMETRAXE "E TI....VAS Á MODA?"

No Ceip Nicolás del Río fixemos unha curtametraxe titulada "E ti... vas á moda?" na que participaron os nosos alumnos e alumnas, ademáis doutros actores secundarios. Esperamos que vos guste, aínda que non somos profesionais fixémolo coas nosas posibilidades, e damos a gracias a todas as persoas que colaboraron no video. Preme aquí para ver o video.

DESPEDIDA DOS PRIMEIROS COLABORADORES

Posted in

Os colaboradores da BIBLIOTECA do 1º trimestre remataron o seu traballo cun video de despedida onde lles fixemos unha pequena entrevista.

Podes ver o video abaixo premendo en PLAY. Para descargar aquí.

 

FEIRA DOS LIBROS

A visita de Gerónimo Stilton á feira dos libros foi todo un acontecemento. Moitas familias achegáronse para ver a este personaxe tan famoso e de paso para que lles firmara os seus libros favoritos. O gran traballo realizado polos mestres do equipo da biblioteca do noso centro veuse recompensado pola felicidade e ilusión dos nenos e nenas cando se atoparon con este rato tan singular.... Preme na imaxe para ver un video.

Distribuir contido