Skip to main content

VOLUNTARIADO

VOLUNTARIADO

O ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA FAI UN LABOR IMPRESCINDIBLE NO HORARIO DE RECREOS. AGASALLAN CO SEU TEMPO E O SEU TRABALLO A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, PARA QUE POIDAN GOZAR DA LECTURA E DE MOITAS ACTIVIDADES MAIS.

ESTE VÍDEO É UN PEQUENO RESUMO DAS SÚAS VIVENCIAS, DAS SÚAS IMPRESIÓNS,...

DENDE A EQUIPA DE BIBLIOTECA QUEREMOS AGRADECER A SÚA CONSTANCIA E ADICACIÓN.

 

COMEZOU A ACTIVIDADE DO ALUMNADO VOLUNTARIO!

O ALUMNADO VOLUNTARIO DE 5º E 6º XA SE PUXO "MANS Á OBRA".

DURANTE TODOS OS RECREOS DO CURSO ESCOLAR COLABORARÁN NA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA NO TEMPO DE RECREO.

EN QUENDAS SEMANAIS, REPARTIDAS NOS TRES TRIMESTRES, OS E AS AXUDANTES REALIZARÁN O PRÉSTAMO INFORMATIZADO, FARÁN UN REXISTRO DO USO DOS ORDENADORES, TABLETAS E ESCORNABOTS, MANTERÁN OS FONDOS ORDEADOS NOS ANDEIS,  ACONSELLARÁN AO ALUMNADO USUARIO...

ASÍ QUE VOS DAMOS AS

GRAZAS!!!

OBRADOIROS PARA O ALUMNADO VOLUNTARIO

ESTE MARTES O ALUMNADO VOLUNTARIO PUIDO DESFRUTAR DUN AGASALLO BEN MERECIDO COMO RECOÑECEMENTO Á LABOR QUE DESEMPEÑA NOS RECREOS AO LONGO DE TODO O CURSO ESCOLAR (e xa van catro).

25 ESCOLLIDOS (por sorteo) EXERCERON DE INVESTIGADORES NUN OBRADOIRO ARREDOR DA OBRA CONTOS POR PALABRAS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.

E TODOS XUNTOS

(máis de 90 rapaces e rapazas)

COMPARTIRON UN OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS.

MOITAS GRAZAS A NEREA DO GRUPO XANDOBELA POR ACHEGARNOS ESTAS ACTIVIDADES E A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA POR FACELO POSIBLE.

E GRAZAS, SOBRE TODO, AO ALUMNADO VOLUNTARIO

QUE FOMENTA A LECTURA (e moito máis) NO NOSO CENTRO.

 

 

NORABOA VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS!

 A CONVOCATORIA DO PROGRAMA BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

"VOLUNTARIADO DE LECTURA-A"

PARA ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

RESOLVEU SELECCIONAR 8 CENTROS.

(VISTAS AS MEMORIAS DE ACTIVIDADES PRESENTADAS POR 52 DOS 56 CENTROS INSCRITOS NESTA INICIATIVA).

 

 

O NOSO CENTRO FOI UN DOS OITO SELECCIONADOS POLA GRAN LABOR QUE FAI O ALUMNADO VOLUNTARIO NAS DÚAS MODALIDADES QUE PARTICIPOU AO LONGO DO CURSO

  • COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA ESCOLAR (90)
  • LECTURAS DENTRO DO CENTRO (21)

 

O VINDEIRO MARTES, 6 DE XUÑO, O ALUMNADO VOLUNTARIO PODERÁ PARTICIPAR DE OBRADOIROS NO NOSO CENTRO A CARGO DO GRUPO XANDOBELA.

PODEDES COÑECER UN POUCO MÁIS TRABALLO DO ALUMNADO VOLUNTARIO

NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

 

O VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA"

Posted in

O ALUMNADO VOLUNTARIO DA NOSA BIBLIOTECA FAI UNHA LABOR MOI IMPORTANTE PARA QUE TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS POIDAN DESFRUTAR DA LECTURA (e moito máis) DURANTE OS RECREOS.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO

NO QUE O ALUMNADO VOLUNTARIO DE QUINTO CURSO

NOS CONTA COUSAS MOI INTERESANTES.

 

 

 

O ALUMNADO VOLUNTARIO, FUNDAMENTO-FUNDADOR DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Posted in

A REVISTA GALEGA DO ENSINO (EDUGA)

VÉN DE PUBLICAR UN ARTIGO SOBRE A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR

E O ALUMNADO VOLUNTARIO, COLABORADORES DE 5º E 6º NIVEIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

QUE FAN DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR UN LUGAR DE APRENDIZAXE E DE ENCONTRO.

GRAZAS!

http://www.edu.xunta.es/eduga/1243/boas-practicas/o-alumnado-voluntario-fundamento-fundador-da-biblioteca-escolar

 

Petos novos!!!!

 

Os petos dos encargados substituíronse polos novos petos, son moi bonitos!

 

TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA)

Voluntarios da biblioteca

Posted in

Todos estes nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria participaron como voluntarios para traballar na biblioteca nos recreos. Tivemos que facer quendas por trimestres e por días. Están a facer un gran traballo, parabéns a todos e todas!!!

 

Visita dos voluntarios da biblioteca á Biblioteca Municipal

Posted in

Os voluntarios da biblioteca que están a facer un traballo exemplar, desplazáronse á Biblioteca Municipal para ver e coñecer o seu funcionamento. Neste curso escolar, a nosa biblioteca está nun proceso de actualización adaptándose a CDU, que é o código universal das biblioteca de todo o mundo, no que se clasifican os fondos bibliotecarios por colores, códigos e idades. Ademáis estamos catalogando todos os nosos libros na aplicación informática "Meiga" de bibliotecas escolares. Ata o momento levamos uns 1.300 exemplares catalogados.  Proximamente esperamos comezar a traballar có préstamo bibliotecario informatizado nos recreos e polas tardes, pero para iso foi necesario un traballo previo liderado pola mestre Rebeca Léon e o seu equipo de biblioteca, coa axuda dos alumnos voluntarios. Consideramos que un colexio público debe ter unha biblioteca de calidade, e loitaremos por conseguilo.

RESULTADO DAS ENQUISAS SOBRE A BIBLIOTECA E HÁBITOS DE LECTURA

Posted in

Os voluntarios da Biblioteca Escolar fixeron un video sobre o seu traballo en relación ás enquisas que se lle fixeron aos nenos e nenas do centro sobre a biblioteca e hábitos de lectura. Preme na imaxe para ver o video.

 

 


DESPEDIDA DOS PRIMEIROS COLABORADORES

Posted in

Os colaboradores da BIBLIOTECA do 1º trimestre remataron o seu traballo cun video de despedida onde lles fixemos unha pequena entrevista.

Podes ver o video abaixo premendo en PLAY. Para descargar aquí.

 

SAÍMOS NO PERIÓDICO!!!

Posted in

Preme na imaxe para ver a noticia no Diario de Ferrol.

COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Posted in

Este curso os nenos de 5º e 6º estamos axudando na biblioteca .

É unha actividade voluntaria. Somos 65 axudantes.

Este traballo voluntario facémolo nos recreos, durante todo o curso por grupos. Organizamos os libros, facemos carteis indicando o xénero literario, escribimos noticias para a web do cole e videos explicativos… e o facemos porque queremos axudar sen recibir nada a cambio.

Firmado: Os axudantes da biblioteca.

Distribuir contido