Skip to main content

ESPAZO ARGALLEIRO

COELLIÑOS CON OVEIRAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas


O alumnado de segundo recolle reciclados para crear

un proxecto artístico con oveiras e cartón. Así dan vida a uns coellos

cheos de tenrura e fantasia. O resultado foi máis que gratificante,

o control do espazo de traballo cada vez é máis preciso,

da gusto ver os avances!

 

Engadimos marcapáxinas por se é do gusto dalguén.

 

 

 

COLGANTES E BROCHES - ARGALLANDO COAS FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

O alumnado de 2º B convida a Anabel, unha das familias da aula,

para argallar con masilla branca e xunt@s crear colgantes

e broches con deseños caninos.

 

 

 

 

 

 

MAGDALENAS DE PASCUA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 O alumnado de 2º B realizaron unhas ricas magdalenas

de Pascua coa axuda de Graciela e Beatriz, saíronnos riquísimas!!

Agradecer ás familias a súa colaboración!

 

 

 

 

 

MANUALIDADES DE ENTROIDO #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Mestres e alumnado están traballando a esgalla para

facer un entroido de Banda Deseñada. Os recursos da Biblioteca Creativa

e Polos Creativos botan fume: máquinas de coser,

pistolas de silicona, teas, fíos, pinturas, cartóns...

Aquí algúns detalles.

 

 

 

 

 

 

LEGO WEDO PROGRAMANDO #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

En grupos cooperativos o alumnado segue as instruccións,

monta e programa con Lego Wedo.

 

 

 

 

 

ENERXÍA E XOGUETES - JAVIER CALVO NA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia

Javier Calvo agasállanos cos seus coñecementos sobre

electricidade e ofrece unha charla taller ao alumnado de 3º.

Enerxía e xoguetes próximos a unhas datas con tempo para investigar.

Unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, 

no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.

 

 

 

 

 

 

RECREOS NA BIBLIOTECA! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

 

 

LEGO WEDO #PolosCreativos #Ciencia #MesDaCienciaEnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Gozando das posibilidades e recursos no

mes das ciencias con Lego Wedo.

 

 

 

 

 

 

PROVOCACIÓN AO XOGO "OUTONO" #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xa podedes acudir a unha nova provocación no espazo argalleiro,

unha mesa de xogo, con materiais naturais e xoguetes de madeira

para crear, inventar, imaxinar...

 

Algúns elementos como os froitos secos son utilizados baixo a supervisión do

profesorado, pois non poden estar presentes con todo o alumnado para evitar alerxias.

 

 

Recordade seguir as normas de uso.

Se queredes investigar sobre este tipo de xogo con materiais naturais

e pezas soltas, nesta ligazón tedes unha referente:

https://www.mamaextraterrestre.com/blog/

 

 

 

 

XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR #arte # teatro bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña

Este 16 de xuño ven ás xornadas de teatro escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 4º tivo a honra de entrevistarse de primeira man

co naturalista Rafael López Loureiro, máis coñecido como Calel.

Un naturalista que emana coidado, respecto e re/coñecemento

pola natureza. El é o autor das fotografías que leva o Álbum de Flora e

Fauna da nosa contorna. Esta rapazada tivo o pracer de saciar tódalas

curiosidades que tiñan de cada unha das fotografías, animais, plantas...

forma de traballo do naturalista...  Pero antes tiveron que pasar unha proba.

Estamos moi orgullosos da rapazada pois a superaron sen dificultade

e conseguiron saber todo o que era do seu interese.

Se queredes profundizar no estudo da natureza, Calel, ten un blog chamado

"Ao noroeste, do Noroeste", onde fai publicacións de gran interese naturalista.

Pequenas e pequenos naturalistas, vos tamén podedes ser como Rafael López Loureiro,

só hai que desexalo, esforzarse, estudar e seguir amando e coidando de tódolos seres vivos.

Este álbum é un enredo, para seguir aprendendo. Aquí temos as nenas e nenos de 1ºA.

 Agradecer a colaboración do Concello de Cedeira e das persoas que fixeron posible este soño!

 

 

 

 

 

 

 

MARCOS DE FOTOS - BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nesta ocasión un grupo numeroso de sexto goza da elaboración dun marco de fotos.

A actividade está organizada por unha mamá que colabora na Biblioteca Humana/Polos Creativos.

Agradecer a súa implicación!

 

 

 

 

QUE VES TRAS DA VENTÁ? #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Unha actividade de observación da paisaxe realizada polo alumnado de 1º.

A ver tamén se aprende, este é un ollar detido, mirar, reparar no que ves, achar,

ver cambios dun día ao seguinte, pois a natureza cambia, hai acción humana...

Por exemplo, un dos días apareceu un tractor a tocar na area, ao seguinte o

alumnado reparou nos cambios. As árbores dos tarais están nese cambio

primaveral, herbas e flores comezando a medrar...

O andar rápido, a rutina crea grandes problemas de observación,

hoxe máis ca nunca temos que ensinar a ver.

Estes pequenos e pequenas naturalistas están aprendendo a observar.

 

 

 

OBRADOIRO DE COSTURA - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Unha mamá de sexto ofrécese a ensinarlles a crear un estoxo,

gracias á Biblioteca Escolar e a Polos Creativos temos os recursos

materiais e de espazo, Mey comparte os seus coñecementos co

alumnado e crean un fermoso estoxo para ter na aula.

Utilizan na súa elaboración teas recicladas na escola e moita imaxinación.

Hai que seguir os pasos un a un, realizar un patrón e

prestar moita atención para acadar un bo traballo en equipo.

Agradecer unha vez máis ás familias que traían a súa sabiduría á escola!

 

 

 

 

OBRADOIRO DE CIRCUÍTOS - BIBLIOTECA HUMANA - CEIP/FP #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

Nesta ocasión foron Beatriz Macho e  Andy Brañas, profesores da FP quen xunto cos seus alumnos e alumnas

sumáronse á Biblioteca Humana. Un grupo da rapazada de sexto achegouse ata o

instituto para gozar dun obradoiro de circuítos. Sairon con dous taboeiros para

relacionar xéneros de cine con fotografías de películas. Un traballo que quedará exposto

na Feira dos Libros e do que poderá gozar toda a comunidade educativa.

Gracias rapazada e mestres!

 

 

 

 

 

 

A XOGAR! - BIBLIOTECA HUMANA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Despois de aprender as reglas dos xogos, o alumnado de 1º convida ás nenas

e nenos de 4 anos de E.I. a pasar un anaco divertido na biblioteca.

Veñen acompañados por Jessica Martínez Urosa, mamá de Unai e Sofía

(que nos estivo ensinando as reglas dos xogos) e as mestras.

Os xogos de mesa introducen ao alumnado no xogo de reglas, axudan a socializar,

ser máis empáticos, respectar espacios e opinións, aprender a xestionar emocións

(como a frustración cando perden), mellora a atención... Ten unha serie de beneficios

que o fan unha actividade completa.

Só temos que ollalos neste vídeo para ver que o pasaron fenómeno!

 Esta actividade enmárcase na Biblioteca Humana/

Polos Creativos, do programa "Lectura e familias".

 

 

 

 

 

Distribuir contido