Skip to main content

Feira dos libros

O GALO DE PORTUGAL CAMIÑO DE COMPOSTELA

V FEIRA DOS LIBROS

MARTES 19 INAUGURACIÓN DA V FEIRA DOS LIBROS

Non vos perdades esta Feira dos libros. Estade atentos porque semana a semana iremos anunciando o programa de cada martes.

Horario: os martes de 17 a 18:30 horas.

APERTURA DA FEIRA DOS LIBROS

Posted in

A IV Feira dos libros abriu as súas portas o martes 21 de abril. O mar e os libros son os grandes protagonistas da Feira xunto coas familias e os nenos e nenas que participan cada martes nesta actividade de animación á lectura. Vémonos o martes que ven, amigos piratas!!!

IV FEIRA DOS LIBROS

O martes 21 de abril comeza a IV Feira dos Libros do Ceip Nicolás del Río

ÚLTIMO DÍA DA FEIRA DOS LIBROS

Posted in

Rematou a III Feira dos Libros do Ceip Nicolás del Río. Nesta ocasión, os nenos e nenas recolleron os seus diplomas de participación, as fotos con Geronimo e Tea Stilton, fíxose a entrega de medallas aos participantes da Gimkana e entregáronse os premios de debuxo e carta a Geronimo e Tea Stilton. Dende o centro queremos agradecer e felicitar aos mestres organizadores da Feira polo seu gran traballo e por facer unha actividade para o fomento da lectura que implica a toda a comunidade educativa. Tamén agradecemos a gran participación por parte do alumnado do centro e das familias que acudiron cos mais pequenos. Esperamos repetir no curso que ven, e contamos con todos vós. Preme na imaxe para ver algunhs fotos do último día da Feira dos libros.

FEIRA DOS LIBROS. DÍA DA GYMKANA

Posted in

Nesta ocasión, na Feira dos Libros, tocoulle o turno a unha nova actividade: A GYMKANA. Os equipos participantes tiñan que seguir unhas pistas relacionadas con varios comercios da Vila, para gañar palabras e formar unha frase. O mais importante é que todos o pasaron ben e fixeron un bo traballo en equipo. Agradecemos a participación dos adultos acompañantes e sobre todo lamentamos ter que deixar a algún equipo excluído da gymkana, pero a razón non foi ningún capricho senón que xa estaba todo organizado e non tiñamos tempo para cambiar as pistas. Esperamos que nos comprendades, e debido a que foi a primeira gymkana que organizamos, sabemos que hai cousas que mellorar. Gracias a todos!!!! Preme na imaxe para ver mais fotos da Gymkana.

 

3º DÍA DA FEIRA DOS LIBROS

Posted in

No 3º día da Feira dos libros recibimos a visita sorpresa de Gerónimo e Tea Stilton!!! Os nenos e nenas que se acercaron á Feira tiveron a sorte de saludar e sacarse unha foto con estes personaxes tan famosos dos seus libros favoritos. Agradecemos a gran participación na Feira por parte das familias e do alumnado en xeral. Gracias!!! Preme na imaxe para ver as fotos dos nenos, nenas e adultos que quixeron ter este fermoso recordo.

III FEIRA DOS LIBROS. 2º DÍA.

Posted in

Neste segundo día da III Feira dos Libros do Ceip Nicolás del Río puidemos desfrutar dunha "carnavelesca" xornada. A maioría dos nenos e nenas asistiron disfrazados de personaxes de contos ou comics. (Preme na imaxe para ver as fotos).

III FEIRA DOS LIBROS

Posted in

O martes 22 de abril abriu as portas a III Feira dos libros do Ceip Nicolás del Río. Dende o equipo directivo, queremos destacar o gran traballo feito polos mestres organizadores da Feira, que un ano máis demostran a súa implicación, creatividade e esforzo por desenrolar o fomento da lectura no noso centro educativo. Noraboa!!! (Preme na imaxe para ver as fotos do 1º día)

III FEIRA DOS LIBROS

Posted in

A III FEIRA DOS LIBROS do Ceip Nicolás del río celebrarase dende o 22 de abril ata o 20 de maio, co fin de espertar na nosa comunidade educativa o pracer pola lectura. Os nenos, nenas ou adultos que queiran participar, deberán entregar ó titor/a os libros que vaian a aportar á Feira. Por cada dous libros, terán un vale, que poderán trocar por outro libro os días da Feira. Animadevos a participar, haberá sorpresas....

 

FEIRA DOS LIBROS

A visita de Gerónimo Stilton á feira dos libros foi todo un acontecemento. Moitas familias achegáronse para ver a este personaxe tan famoso e de paso para que lles firmara os seus libros favoritos. O gran traballo realizado polos mestres do equipo da biblioteca do noso centro veuse recompensado pola felicidade e ilusión dos nenos e nenas cando se atoparon con este rato tan singular.... Preme na imaxe para ver un video.

Visita de Antón Cortizas a II Feira dos Libros

Posted in

O escritor Antón Cortizas estivo con nós o pasado martes na Feira dos Libros presentándonos a súa reciente ENCICLOPEDIA DO BRINQUEDO TRADICIONAL e así mesmo firmando exemplares das súas obras. A participación dos nenos, nenas e familias neste acto encheu de público o hall do colexio O AREAL onde temos instalada a FEIRA.

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS Á FEIRA DOS LIBROS

Posted in

O escritor e investigador Antón Cortizas, un dos máis prolíficos e premiados autores da literatura infantil e xuvenil en Lingua Galega, autor das dúas máis importantes recoleccións de xogo, e xoguetes populares do folclore galego, estará con nós o vindeiro 30 de abril, martes, entre as 18 e 19:00 horas, pra compartir con nenas, nenos, nais, pais e público en xeral, uns agradables intres de enredo e lecer. Aproveitaremos esta visita para que nos asine os libros da súa autoría que lle levedes e, de paso, poderemos coñecer de primeira man a súa recén publicada: "ENCICLOPEDIA DO BRINQUEDO TRADICIONAL", que có cedeirés nome de TASTARABÁS, representa o máis importante compendio do mundo lúdico-tradicional, e está chamado a ser un fito sobranceiro nos estudos etnográficos de Galicia e o Estado Español.

Obrigados, Antón, ficamos en débeda.

NON PERDADES ESTA OCASIÓN DE COÑECER PERSOALMENTE A UN DOUS PERSOEIROS CREADORES DE CULTURA!!!!!

VEN A FEIRA DOS LIBROS!!!!

APERTURA "I FEIRA DO LIBRO"

Posted in

O martes 24 de abril inaugurouse a  "I Feira do Libro" do noso cole que foi todo un éxito. Queremos dar as gracias a todos os alumnos e alumnas que se acercaron ao mercadillo para canxear os seus vales polos libros que máis lle gustaban. Aproveitamos para animar as familias a que participen na sección de adultos.CONTAMOS COA VOSA ASISTENCIA!!!! Preme nas imaxes para ver todas as fotos.

I FEIRA DO LIBRO

Posted in

I FEIRA DO LIBRO

Con motivo da celebración do día do Día do libro o próximo 23 de Abril, imos poñer en marcha unha Feira de intercambio de libros. Como se trata de fomentar o gusto pola lectura, todas as familias que desexen participar, traerán un libro que será canxeado por un vale para poder levar outro. O libro que queirades aportar ó mercadillo poderedes entregalo ó voso titor/a. Esta I "Feira do Libro" comezará o día 24 de abril, e rematará o 29 de maio. O horario de apertura do mercadillo será todos os martes de 17 - 18:30 horas.

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

Distribuir contido