Skip to main content

Animación á lectura

APADRIÑAMENTOS LECTORES

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA COLABORAMOS NA ORGANIZACIÓN DUNHA ACTIVIDADE DE FOMENTO DA LECTURA E MOITO MÁIS.

AS RAPAZAS E OS RAPACES DE BACHERELATO DE IES PUNTA CANDIEIRA EXERCERON DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO.

UN TRABALLO CONXUNTO PARA PROVOCAR EMOCIÓNS, RIR, COMPARTIR, CONTAR E POR SUPOSTO LER.

EN BREVES...  SEMENTEIRA DE LIBROS.

 

 

CLUB DE LECTURA

ESTE CURSO CUMPRIMOS UNHA ILUSIÓN TANTO DO ALUMNADO COMO DA EUIPA DE BIBLIOTECA. CREAMOS UN CLUBE DE LECTURA COAS NENAS E NENOS DE SEXTO QUE ASÍ O DESEXARON.

AMPARADOS NO CURRÍCULO, ONDE O CONTIDO B2.11 DI: "participación en actividades literarias e na elaboración de propostas." EXPLORARON DIVERSAS LECTURAS:

- O TRASNO DA CATEDRAL DE SANTIAGO

- NO CORAZÓN DO BOSQUE

- MATILDA ...

COMPARTIRON AS EMOCIÓNS QUE NELES SUSCITARON, DEBATERON SOBRE DIVERSOS ASPECTOS E ASÍ A IMPRESIÓN INDIVIDUAL QUE CADA UN ACADOU COA LECTURA DO LIBRO VEUSE ENRIQUECIDA POLAS OPINIÓNS DOS DEMAIS.

ESTES DIFERENTES PUNTOS DE VISTA, OS TIVERON QUE ARGUMENTAR E INCLUSO, AS VECES, CAMBIARON AS SÚAS PRIMEIRAS IMPRESIÓNS.

FOI UNHA ACTIVIDADE DO MÁIS ENRIQUECEDORA.

POSTERIORMENTE CADA UNHA DAS LECTURAS FOI AVALIADA.

(podedes velo clicando no libro)

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!!

 

CLUB DE LECTURA - VALORACIÓN DO LIBRO "NO CORAZÓN DO BOSQUE"

MARÍA VICTORIA MORENO - LETRAS GALEGAS

CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS, NA BIBLIOTECA ACOLLEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS REALIZADA POR IAGO LÓPEZ E A VARIOS BOOKTUBERS DE MARÍA VICTORIA MORENO, RECOMENDÁNDONOS ALGUNHAS LECTURAS.

GRACIAS A TERESA, MORENA, DANIEL E JORGE!!

 

CLUB DE LECTURA - VALORACIÓN DO LIBRO "MATILDA"

CONTACONTOS "O COCIÑEIRO MARTIÑO"

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DESFRUTOU DUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS A CARGO DE IAGO LÓPEZ,

AUTOR DA OBRA "O COCIÑEIRO MARTIÑO" (Editorial )Xerais.

 

LETRAS GALEGAS 2017

 FESTEXAMOS AS LETRAS GALEGAS FACENDO UN PERCORRIDO POLA NOSA VILA AO MESMO TEMPO QUE DESCUBRIMOS A BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES.

Actividade organizada polos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega.

 


 
MARCOS, ALUMNO DE 4ºB, NOS EXPLICA COMO FOI A ACTIVIDADE
 

APADRIÑAMENTOS LECTORES E SEMENTEIRA DE LIBROS

UNHA VEZ MÁIS, AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA COLABORAMOS

NA ORGANIZACIÓN DUNHA ACTIVIDADE DE FOMENTO DA LECTURA (e algo máis)

PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

AS RAPAZAS E RAPACES DE 2º DE BACHARELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA

EXERCERON DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO.

O PRIMEIRO CONTACTO VIVÍRONO A SEMANA PASADA

A TRAVÉS DUN VÍDEO DE PRESENTACIÓN.

E HOXE PRODUCIUSE O ENCONTRO ENTRE MADRIÑAS/PADRIÑOS E AFILLADAS/OS,

CON INTERCAMBIO DE AGASALLOS, UNHA SEMENTEIRA DE LIBROS POLA VILA,

XOGOS, RISAS E, POR SUPOSTO,

LECTURA

  

"A BIBLIOTECA"

DESPOIS DE TANTO TEMPO AGARDANDO, AÍ COMPARTIMOS O VÍDEO DO DÍA DO LIBRO. 

DENDE AS BIBLIOTECAS DE CEDEIRA QUIXERAMOS AGRADECER, UNHA VEZ MÁIS, A COLABORACIÓN DE TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE ESE DÍA AMOSANDO UNHA VEZ MÁIS QUE XUNTOS É POSIBLE.

QUIXEMOS PLASMAR UN PERCORRIDO IMAXINARIO POLAS BIBLIOTECAS E POLA LECTURA PARA PÓR DE MANIFESTO QUE A EDUCACIÓN E A LECTURA FAN PERSOAS MÁIS COMPLETAS. QUE O FUTURO DOS PEQUENOS QUE INTERVEÑEN NESTE VÍDEO ESTÁ POR ESCRIBIR. FAGÁMOLO POSIBLE!

 

 

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

HOXE FESTEXAMOS O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR!

E QUE MELLOR MANEIRA QUE FACELO DA MAN DO NOSO "PADRIÑO",

CARLOS LABRAÑA,

QUEN QUIXO COMPARTIR CON NÓS ESTA DATA TAN ESPECIAL

ACHEGÁNDONOS O SEU ÚLTIMO LIBRO

 

COREOGRAFÍA "A BIBLIOTECA"

OS EQUIPOS DAS BIBLIOTECAS DE CEDEIRA ESTAMOS PREPARANDO UN VÍDEO MUSICAL CON TODOS OS NOSOS QUERIDOS LECTORES E LECTORAS COMO PROTAGONISTAS.

A BAILAR!

PINCHADE NA IMAXE PARA APRENDER A COREOGRAFÍA PREPARADA POR IVANA.

COREOGRAFÍA "A BIBLIOTECA" copia from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo.

BOLSIÑAS DE CONTOS EN 4 ANOS

VAIA SORTE TEÑEN OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS E AS SÚAS FAMILIAS!

AS PROFES PREPARARON UNHAS BOLSIÑAS PARA LEVAR ÁS CASAS;

ESTÁN CHEAS DE CONTOS MARABILLOSOS E ALGUNHA SORPRESA!

PARECE QUE A ANDRÉS LLE GUSTOU! GRAZAS POR COMPARTILO!

 

MOITAS GRAZAS, LUCAS E DIANA, POR COMPARTIR CONNOSCO ESTE MOMENTO TAN DIVERTIDO.

 

 

 

 

KARAOKE NA BIBLIO

CEDEIRA ESTÁ CHEA DE ARTISTAS!!!

XA TEMOS A GUADI GALEGO E A IRENE CARUNCHO.

AGORA QUERES SER TI?

PROBA A CANTAR NO KARAOKE DA BIBLIOTECA

OS VENRES NO RECREO.

OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO A SEXTO PODEN DIVERTIRSE CANTANDO.

PARA PARTICIPAR TES QUE COLLER UNHA FICHA DE INSCRICIÓN

NA QUE PORÁS O TEU NOME, CURSO E A CANCIÓN QUE QUERES CANTAR.

APÚNTATE, XA VERÁS QUE DIVERTIDO!!!!!!!!!

REPORTEIRAS: INÉS (6ºA) e SARA (6ºC)

25 DE NOVEMBRO

HOXE, COMA TÓDOLOS DÍAS, TÓMASE CONCIENCIA DE QUE O RESPECTO E A IGUALDADE DEBEN ESTAR SEMPRE PRESENTES NAS RELACIÓNS DE AMIZADE, AMOR E CONVIVENCIA.

A NOSA GAIVOTA CASILDA TROUXO UNS LIBROS MOI ESPECIAIS QUE NOS FAN REFLEXIONAR

NESTE 25 DE NOVEMBRO,

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN

OS RELATOS DE SAMAÍN ENCHERON ESTES DÍAS AS AULAS.

 

LETRAS GALEGAS 2.016 - MANUEL MARÍA

"SÚPER - REFRANERO" DO ALUMNADO DE 5º (LINGUA CASTELÁ)

 

O ALUMNADO DE 4 ANOS VISITOU A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

O VENRES VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL, ONDE POIDEMOS DESFRUTAR DUNHA CONTACONTOS!

E, COMO NON, ESCOITAMOS A HISTORIA O BIGOTE DE MIMÍ, ESCRITA POR MANUEL MARÍA.

Distribuir contido