Skip to main content

CEDEIRA

CRÓNICAS DUN MAR AZUL E NEGRO

Que vaia a nosa gratitude ás familias e veciños por acompañarnos esta mañá.

EMOCIONANTE.

 

 

 

 

CRÓNICAS...ATALAIA DO MUSEO MARES DE CEDEIRA

Documental que recolle investigacións feitas na escola. Un traballo de etnografía adicado a tres sucesos que no seu tempo tinguiron de negro a vila de Cedeira.

A nosa memoria.

 

MURALLAS DE CEDEIRA

HOXE O ALUMNADO DE 3º A ACHEGOUSE ATA A BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA PARA COMPARTIR A DOCUMENTACIÓN ACADADA E O PROCESO DE REALIZACIÓN DO PROXECTO "AS MURALLAS DE CEDEIRA".(mirar anexo)

FORON QUEN DE TRANSMITIR AS SÚAS VIVENCIAS E CONTESTAR A TODAS AS PREGUNTAS FORMULADAS.

AGORA ESTE ALUMNADO DO IES, (de niveis comprendidos entre 1º de E.S.O. e  2º de Bacherel) EMPRENDERÁN UNHA ANDAINA DE TRADUCIÓN A DIFERENTES IDIOMAS DO NOSO TRÍPTICO E IGUAL CA NÓS GRAVARAN OS VÍDEOS NA SITUACIÓN DAS PORTAS.

SERÁN OS ENCARGADOS DE ABRIR A HISTORIA DO NOSO POBO A OUTROS DE POBOS DIFERENTES.

MAIO

Cores, fitas e flores fixeron relucir a ledicia infantil nun festival organizado pola compañía de ópera do I.E.S. Punta Candieira. Os fondos recadados fan que estén un pouquiño máis preto de Berlín. Ledos.

Neste "Tempo de maias" o proxecto "De festas na vila" (que se enmarca no currículo cedeirés da biblioteca escolar) xermolou o pasado venres no auditorio nunha mostra na que se deu a coñecer o traballo que os integrantes do proxecto LÓVA levan realizado ao longo do curso.

Inmersos nun exemplo de colaboración entre bibliotecas escolares, os nenos e as nenas da escola sentíronse grandes por poñer en pé  unha representación da festa do maio da man das alumnas de Antropoloxía de primeiro de Bacherelato.

A música, o baile tradicional, o xogo e o entusiasmo acordaron  á primavera do seu sono do inverno.

Vaía se son grandes... Inmensos!!

 (Referencias como esforzo compartido, actitudes de respecto, desenvolvemento emocional e social... non son necesarias. Estaban diante dos ollos de calquera afortunado que formara parte do público ese día. Para reflexionar.)

CANDELORIA "De festas pola vila"

A CANDELORIA, UNHA NOVA DATA PARA CELEBRAR, COMO BEN NOS ILUSTRA RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO, TEMPO DE APEGOTAS (bromas permitidas que debemos aturar estoicamente) E DE LUZ, CON ENREDOS COMO AS LUMINARIAS.

NESTA OCASIÓN ADEMÁIS DO ALUMNADO DE 2º A, TEMOS A PARTICIPACIÓN DAS ALUMNAS DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO DO I.E.S. PUNTA CANDIEIRA.

AGRADECER A COLABORACIÓN DA SÚA PROFESORA ROSANA FREIRE CALVIÑO, DE RAFA POR DOCUMENTARNOS, DE MONTOUTO SOUNDMACHINE POLA MÚSICA E CREATIVIDADE, DE QUIQUE VÁZQUEZ E ANDY BRAÑAS, POLO REXISTRO E DAS BIBLIOTECAS POR ESTAR SEMPRE ALÍ!

 

CANTOS DE REIS "De festas pola vila!"

En Cedeira, "Unha vila na que a cultura ten a música como compoñente indispensable de toda celebración" (Rafael Usero), temos a fortuna de manter vivo este fermoso costume de cantar aos Reis.

Dentro do proxecto "De festas pola vila" e coa intención de estimular a nosa fala, manter vivas as nosas tradicións e xa que a mellor maneira de facer isto último é que vaían pasando dunha xeración a outra; o alumnado de 2º A sérvese unha vez máis da vontade e boa disposición das familias e aprenden o canto aquel que di:

 

PREMIO NO IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

ESTAMOS DE NORABOA!

O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO "MARES DE CEDEIRA"

ACABA DE SER GALARDOADO POLA CONSELLERÍA DE CULTURA,

EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA NO

IV CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS.

 

COORDINADO POLA BIBLIOTECA ESCOLAR,

CONTOU COA COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA

(ALUMNADO, FAMILIAS, PROFESORADO),

O MUSEO MARES DE CEDEIRA

E XENTES DA VILA QUE TAMÉN NOS QUIXERON ACOMPAÑAR.

 

PODEMOS DICIR, ENTÓN, QUE É UN PREMIO COMPARTIDO.

 

MOITAS GRAZAS POR FACELO POSIBLE

E

PARABÉNS!

 

UN PIRATA EN CEDEIRA

Posted in

O ALUMNADO DE 6ºC DESFRUTOU DA VISITA DE RAFA.

COÑECIMOS A HISTORIA DE ANTÓN DE GARAY, PIRATA QUE ACTUOU POLA ZONA ALÁ POLO 1509, E QUE CONTOU COA AXUDA DALGÚNS CEDEIRESES.

SAMAÍN 2017 - "DE FESTAS POLA VILA"

Posted in

A NOSA BIBLIOTECA APOIA A APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS, E MÁIS SE TEÑEN QUE VER COA VILA DE CEDEIRA.

A COLABORACIÓN ENTRE O ALUMNADO DE 2ºA DO NOSO COLE E AS ALUMNAS DA MATERIA DE ANTROPOLOXÍA DO IES PUNTA CANDIEIRA PERMITIU ACHEGARNOS UN POUCO MÁIS AO SAMAÍN.

ESTE TRABALLO É O FROITO DAS XUNTANZAS ENTRE OS EQUIPOS DAS NOSAS BIBLIOTECAS PLAMBE.

MENSAXE NUNHA BOTELLA

Posted in

ANTES DE REMATAR O CURSO, O ALUMNADO DA CLASE DE 5 ANOS B FINALIZOU O SEU PROXECTO "MARES DE CEDEIRA" ENVIANDO MENSAXES EN BOTELLAS.

 

POIS UNHA DAS BOTELLAS XA CHEGOU AO "SEU DESTINO": A PRAIA DE AUGAS SANTAS (COÑECIDA COMO PRAIA DAS CATEDRAIS), NA COSTA DE LUGO.

 

FOI ATOPADA POR LAURA, ENCARGADA DA XESTIÓN DE ACCESO AO AREAL, QUEN SE PUXO EN CONTACTO A TRAVÉS DUNHA MENSAXE DE FACEBOOK.

MOITAS GRAZAS!

AGARDAMOS QUE AS OUTRAS MENSAXES ARRIBEN A BO PORTO!

PROXECTO "MARES DE CEDEIRA""

DURANTE O CURSO ESCOLAR 2016-2017, NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO ESTIVEMOS INMERSOS NUN PROXECTO ARREDOR DAS XENTES DO MAR DE CEDEIRA E A LEMBRANZA QUE SE CONSERVA EN IMAXES.

CONVIDOUSE A TODO O ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS A PARTICIPAR APORTANDO FOTOGRAFÍAS PARA COMPOÑER A MOSTRA "SALSEIRO DE RECORDOS" NO MUSEO "MARES DE CEDEIRA".

NESTE TRABALLO DE INVESTIGACIÓN AS NENAS E NENOS ACHEGÁRONSE ÁS FONTES DE INFORMACIÓN (TANTO EN IMAXES COMA COA TRASMISIÓN ORAL DO SABER), SELECCIONARON O MÁIS IMPORTANTE E O COMPARTIRON COS DEMAIS.

NA MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN "APRENDER A INVESTIGAR", DE 4º E 6º NIVEIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA, MANEXARON A INFORMACIÓN MEDIANTE O USO DO PROCESADOR DE TEXTOS.

UNHA VEZ COMPOSTA A EXPOSICIÓN, TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA ACUDIU AO MUSEO, ONDE PUIDO AMPLIAR O SEU COÑECEMENTO SOBRE O MAR.

FOI UN TRABALLO QUE PRECISOU DA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, OBTENDO UN PRODUTO FINAL QUE PUIDO SER COMPARTIDO CO PÚBLICO QUE SE ACHEGOU A VISITAR A MOSTRA AO MUSEO.

PROPICIOU OUTRAS APRENDIZAXES POSTERIORES E/OU PARALELAS, DESENVOLVIDAS POLO ALUMNADO DE 5 ANOS B (AFONDANDO NA TEMÁTICA DO MAR DE CEDEIRA) E 2ºB (REALIZANDO ENTREVISTAS RELACIONADAS COAS PROFESIÓNS DO MAR).

"AS MURALLAS DE CEDEIRA"

DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA" APOIAMOS A ENSINANZA DUN "CURRICULUM CEDEIRÉS" POR MEDIO DUNHA METODOLOXÍA DE APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS E NA APRENDIZAXE COOPERATIVA.

UN EXEMPLO CLARO É O TRABALLO DESENVOLVIDO POR DULCE E O SEU ALUMNADO DURANTE OS DOUS ÚLTIMOS CURSOS ESCOLARES: INVESTIGARON, FORON ÁS FONTES DOCUMENTAIS, ORGANIZARON A INFORMACIÓN RECOLLIDA E OFRECERON O APRENDIDO PARA QUE TODOS POIDAMOS SABER MÁIS.

O PROXECTO "CEDEIRA É UNHA VILA" INCLÚE VARIAS TAREFAS. NESTA OCASIÓN CENTRÁRONSE NAS MURALLAS MEDIEVAIS DA VILA DE CEDEIRA E AS SÚAS PORTAS DE ACCESO.

A ANDAINA DESTE PROCESO INICIOUSE COA VISITA DE DON RAFAEL USERO, HISTORIADOR QUE AXUDOU AO ALUMNADO A ACUDIR ÁS FONTES PARA PODER DOCUMENTAR O SEU PROXECTO "CEDEIRA É UNHA VILA" E COA INFORMACIÓN RECOLLIDA ELABORARON UN LAPBOOK.

 

MAIS QUERÍAN COMPARTIR TODO ESE COÑECEMENTO, ASÍ QUE DESEÑARON UN TRÍPTICO EDITADO POLO CONCELLO COA AXUDA INDISPENSABLE DO NOSO BENQUERIDO QUIQUE. ADEMAIS DE ELABORAR OS TEXTOS, GRAVARON UNS VÍDEOS EXPLICATIVOS DE CADA UNHA DAS PORTAS AOS QUE SE PODE ACCEDER A TRAVÉS DUN CÓDIGO QR.

 

TODAS AS TAREFAS DE APRENDIZAXE REMATAN CUN PRODUTO SOCIALMENTE RELEVANTE. ADEMAIS DOS TRÍPTICOS, O CONCELLO COMPROMETEUSE A COLOCAR UNHAS PLACAS INFORMATIVAS EN CADA PORTA DA VILA CO TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO AO LONGO DESTES DOUS CURSOS. QUIQUE FIXO O DESEÑO (unha vez máis, grazas) E OS OPERARIOS DO CONCELLO COLOCARON AS PLACAS NOS LUGARES CORRESPONDENTES.

 

 

XA TODOS, OS DE AQUÍ E OS QUE NOS VEÑAN VISITAR, PODEMOS COÑECER UNHA PARTE IMPORTANTE DA HISTORIA DA NOSA VILA. GRAZAS.

BO TRABALLO!

http://cedeira.gal/os-alumnos-do-ceip-nicolas-del-rio-colocan-carteis-con-codigos-q-para-sinalar-as-portas-de-acceso-a-cedeira-medieval/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/cedeira/2017/06/17/cedeira-alumnos-ceip-nicolas-rio-indagan-historia-villa/0003_201706F17C6996.htm

 

PODEDES DESCARGAR O LECTOR DE CÓDIGOS QR NOS VOSOS DISPOSITIVOS MÓBILES E TABLETAS

http://www.codigos-qr.com/lectores-codigos-qr/

 

FINALIZARON ESTA AVENTURA CONVIDANDO ÁS FAMILIAS A UN PASEO

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS NO MUSEO DO MAR

VISITA DE RAFAEL USERO

Posted in

O cronista oficial do noso Concello, Rafael Usero, visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º, para ensinarnos entre outras cousas, a situar as catro portas das antigas murallas de Cedeira datadas no século XII. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Cedeira é unha vila".

 

Distribuir contido