Título | Resumo |
---|---|
"LECTURA E FAMILIAS" CON ANTÓN CORTIZAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE |
O 31 de maio foi un día para xogar coas palabras, as de Antón Cortizas, mestre (xubilado) pero coa mesma alma, escritor dunha manchea de libros e gran defensor do xogo tradicional, ese que realizamos co corpo, coas verbas, con moita imaxinación e algún material de refugallo. Pola mañá, o alumnado de 4 anos realizou actividades ao redor do conto "Sopra por este furadiño" e o de 5 ao redor de "Os dez animais". Pola tarde, portas abertas a tódalas familias para ferrallar e recuperar o xogo tradicional, unha tarde de creación extraordinaria.
|
RAP A ROSALÍA, NA RADIO DO IES CON PAULO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos. Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía. Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas, pois tamén foi un novo achegamento a un espazo, no que en breves estará este alumnado. Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!
|
CHARLA, SEMENTEIROS E INXERTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Chema do Couzadoiro e Karen Leimdorfer, da Asociación Lugares Comúns, ensínannos a importancia de gardar as sementes das nosas hortas, a realizar uninxerto e convídannos ao próximo intercambio de sementes na nosa vila! Canto aprendemos!
|
A NOVA VIAXE DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
A introducción da actividade de hoxe semella un novo capítulo do conto recén publicado. Pois a decir verdade, viaxe o que se dí viaxe entendido como o movemento dun lugar a outro podería ser. E todo isto por arte de maxia da nosa biblioteca escolar e a vosa axuda, por suposto. Entre todos imos facer que Percebiño viaxe por todos os sitios que se vos ocurran. Preguntarédesvos como. Aquí vai a explicación da proposta de hoxe:
1. O primeiro que temos que facer é proporcionarlle ao noso percebe favorito un medio de transporte, que polo que podemos supoñer, no que máis lle presta viaxar pode ser un barco. Xa temos o primeiro paso: construír un barco de papel.
2. Cando teñamos o barco feito, metemos nel a Percebiño, e facémoslle unha foto.
3. O último paso pode ser o máis complicado: decidir onde imos mandar a Percebiño. Premede na imaxe para comezar a tarefa. Se precisades axuda, podedes acceder ao vídeo titorial que atoparedes un pouco máis abaixo. Ao entrar dádelle a EDITAR.
TITORIAL GOOGLE MY MAPS:
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
OS MAIOS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Entre marzo e abril sae o cuco do cubil
Certo é que o cuco, despois de pasar o inverno na África Tropical, ven á nosa terra entre marzo e abril e de aí aquela cantiga popular que di:
Levántate maio que tanto durmiches Pasou o cuco e non o sentiches
Mandar que o maio se levante, que desperte, é como pedirlle á natureza que se vista de flores, que xa vai sendo hora despois dos meses do inverno. Xa imos entrando no mes de maio, e aínda non adicamos ningún día para celebralo e por iso hoxe queremos encher as casas de flores. Pero non hai mellor maneira de empezar que aprender algo sobre esta festividade.
O mes de maio, o tempo das flores, anúnciase dende hai moitos anos na tradición popular. Son diversas as manifestacións que atopamos na cultura galega referidas a esta celebración e unha mostra diso podería ser o costume de poñer unha poliña de oliveira do día de ramos nas embarcacións, ou o de colocar arcos de flores nos campos das festas. Algúns deles consérvanse na nosa vila, como pode ser o caso do arco floral que se pon na entrada do adro no campo de San Antonio o día da festa, que aínda que non cadre en maio, podería ser considerado parte das celebracións do “Ciclo de Maio”. Hai anos que vemos que nas escolas se celebra a festa dos maios, normalmente cunha actividade na que se colocan flores sobre unha estructura cónica ou piramidal, un maio figurado ou especie de árbore adobiada con flores e froitos. Podería ser unha das maneiras se estivéramos na escola, pero tamén dende as casas imos celebralo con cantigas e flores. O propio sería percorrer as rúas pedindo un aguinaldo a cambio dunha canción, que nalgún tempo se daba en especies,
“Tire castañas señora Manuela, tire castañas que as ten na mantela”
Esas castañas curadas recibían o nome de Maias, como tamén o recibían as nenas que saían ás rúas coa ocasión de pedir algo a cambio do seu cantar.
Aí van as propostas:
Podemos cantar este poema de Curros Enríquez
decorar o maio de Leandro Lamas ou debuxar un propio
e mesmo facer unha composición floral (quen teña a posibilidade, claro).
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
PROXECTO INTERXENERACIONAL "Naturalmente aprendendo!" #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A nosa escola atópase mergullada nunha contorna natural chea de cousiñas por descubrir. Son moitas as especies de animais e plantas que podemos ver nun simple paseo e que ás veces non somos quen de ollar ou de percibir sexa por descoñecemento, por non darlle importancia ao ser cousa habitual ou polo simple ir e vir da vida de hoxe que cada día se fai máis rápida e non nos deixa pararnos a pensar, observar ou apampar. Temos multitude de fauna miúda, paxariños que cantan ao noso paso, flores únicas, unha reserva mariña ou simples felgos, que por non ser tan simples sobreviven dende a Era Terciaria. Co obxectivo de reconectar e de tecer redes interxeracionais queremos fomentar o encontro e o intercambio de coñecementos e valores cun proxecto de traballo que vén da man da nosa biblioteca. Trataremos de tomar tempo e observar a natureza: ulila, escoitala, explorala, prestarlle atención e descubrir un mundo cheo de vida.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
|
XOGOS EDUCATIVOS |
|
ENTREVISTA A ANTÍA YÁÑEZ #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe martes, só dous días despois do Día das Letras, temos a fortuna de poder abrir as portas das Aulas no Aire de 5 anos a unha escritora galega. O seu nome é Antía e hoxe participa nas nosas aulas dende a súa casa de Cecebre onde pasa a corentena. Seguro que imos aprender moito con ela. Antía Yáñez, malia non levar moito tempo como escritora, xa ten cinco libros publicados:
O misterio de Portomarín (2016). Galaxia. Senlleiras (2018). Galaxia. O misterio do torque de Burela (2019). Galaxia. Be Water (2019). Cuarto de inverno. A Reconquista (2018). Baía Edicións.
Ao longo da súa traxectoria leva acadado distintos premios e recoñecementos, os primeiros que recibiu foron por traballos de relatos e microrrelatos, pero ten moitos outros: - Premio Illa Nova de Narrativa, 2018 pola súa obra Senlleiras. - I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil e igualdade (2018) pola súa obra A Reconquista. - Finalista do premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil con Be water, finalista este ano tamén como mellor libro xuvenil do ano 2019 na Gala do libro galego. - III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, 2019 por Plan de rescate, que aínda está en camiño de ser publicado. Amigos e amigas que nos ledes habitualmente, xa vedes…un verdadeiro orgullo poder contar hoxe con ela. E xa que temos con nós a Antía, ocorréusenos que o mellor que podiamos facer era aproveitar e facerlle unhas cantas preguntas. Pensándoo ben… Por que será que unha escritora chega a selo? Por que sempre lle apasionou ler, ou escribir? Se cadra, por casualidades da vida, alguén lle recomendou que se puxese a escribir... E…como se lle ocorren as historias? E…que fai estes días de corentena? Se cadra gustaríanos saber que é o que come para que a súa imaxinación sexa capaz de inventar as historias… Así pois, a quenda vai para os nenos e nenas de cinco anos...aquí os tedes:
Gracias Antía por visitar a nosa biblioteca virtual.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
CONTACONTOS - LECTURA E FAMILIAS #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
CANTOS DE REIS "De festas pola vila!" |
En Cedeira, "Unha vila na que a cultura ten a música como compoñente indispensable de toda celebración" (Rafael Usero), temos a fortuna de manter vivo este fermoso costume de cantar aos Reis. Dentro do proxecto "De festas pola vila" e coa intención de estimular a nosa fala, manter vivas as nosas tradicións e xa que a mellor maneira de facer isto último é que vaían pasando dunha xeración a outra; o alumnado de 2º A sérvese unha vez máis da vontade e boa disposición das familias e aprenden o canto aquel que di:
|
XEOLOXÍA E LENDAS! |
CONTINUANDO CO PROXECTO INTERCENTROS O ALUMNADO DO IES PUNTA CANDIEIRA, OS VAGALUMES E TODO O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA,REALIZARON UNHA SAÍDA DIDÁCTICA PARA PROFUNDIZAR NO COÑECEMENTO XEOLÓXICO DA CAPELADA. ALÍ PUIDERON APRECIAR AS FORMACIÓNS XEOLÓXICAS DO PALEOZOICO, DA MAN DO XEÓLOGO FRANCISCO CANOSA. ASÍ MESMO REALIZARON UN OBRADOIRO DE FIGURIÑAS DE PAN (SANANDRESIÑOS) E LENDAS CON JORGE BELLÓN EN SAN ANDRÉS DE TEIXIDO.
|
ENQUISA SOBRE A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR |
|
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS |
O PASADO 24 DE OUTUBRO FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS. O ALUMNADO ELABOROU NUBES DE PALABRAS
OS GRUPOS DE 5º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA ACUDIRON Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN". E OS GRUPOS DE 6º VISITARON A BIBLIOTECA ESCOLAR DO IES PUNTA CANDIEIRA, ONDE XOGARON, APRENDERON E RECIBIRON AGASALLOS. |
"LER PERSOAS, EN VEZ DE LIBROS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O pasado 23 de maio celebramos a primeira xornada da Biblioteca Humana. Tivemos o pracer de escoitar catro títulos marabillosos da voz dos seus autores e autoras. Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo, para cando quen queira decida collelas e escoitalas. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes. Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.
Agradecer a Carlos Labraña, Fabiana Feijóo, Bibiana Córdoba e Jose de Vigo todas e cada unha desas verbas.
|
8 MARZO DÍA DA MULLER E DA NENA - EXPOSICIÓN #8M #8marzo #8marzodamuller #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podedes pasar pola biblioteca e coller fondos para a documentación da muller ou nena escollida (para o libro proposto polo equipo de dinamización lingûística e extraescolares) sobre as mulleres. Tedes libros na exposición e na CDU. Podes atopar máis información en Nacións Unidas e Unesco. Na escola e no Concello levaránse a cabo diversos eventos, actividades... para incidir na igualdade, algo que hai que ter presente tódolos días.
|
EU O TEÑO UN REPE! CAMBIANDO CROMOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado continúa gozando do álbum de cromos. Nesta ocasión, 2º de primaria, disfruta do cambio de cromos, pois podes ter un repetido e se queres avanzar hai que cambiar. Namentres, seguen empapándose da información que aportan as imaxes e a lectura. Un documento informativo da diversidade da nosa contorna. Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro (aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
FEIRA DOS LIBROS |
A visita de Gerónimo Stilton á feira dos libros foi todo un acontecemento. Moitas familias achegáronse para ver a este personaxe tan famoso e de paso para que lles firmara os seus libros favoritos. O gran traballo realizado polos mestres do equipo da biblioteca do noso centro veuse recompensado pola felicidade e ilusión dos nenos e nenas cando se atoparon con este rato tan singular.... Preme na imaxe para ver un video. |
BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" |
Hoxe tivo lugar a inauguración da biblioteca escolar; xa é a Biblioteca "Carlos Labraña"!!! Nesta xornada tan especial estivemos moi ben acompañados: pola mañá acudiron diversas personalidades locais e do ámbito educativo (o inspector de educación, o alcalde, concelleiros, bibliotecarias municipais, asesora do CFR, responsable da biblioteca do IES Punta Candieira, representante da ANPA Picapeixe, Quique, Fusa, familia Labraña...) e pola tarde o cole encheuse de familias. E durante todo o día estivo con nós o noso protagonista CARLOS LABRAÑA a quen só lle podemos dar as GRAZAS.
Fotos: Andrés Brañas |
KARAOKE NA BIBLIO |
CEDEIRA ESTÁ CHEA DE ARTISTAS!!! XA TEMOS A GUADI GALEGO E A IRENE CARUNCHO. AGORA QUERES SER TI? PROBA A CANTAR NO KARAOKE DA BIBLIOTECA OS VENRES NO RECREO. OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO A SEXTO PODEN DIVERTIRSE CANTANDO. PARA PARTICIPAR TES QUE COLLER UNHA FICHA DE INSCRICIÓN NA QUE PORÁS O TEU NOME, CURSO E A CANCIÓN QUE QUERES CANTAR. APÚNTATE, XA VERÁS QUE DIVERTIDO!!!!!!!!! REPORTEIRAS: INÉS (6ºA) e SARA (6ºC) |
FELIZ DÍA DO LIBRO! |
HOXE FESTEXAMOS O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR! E QUE MELLOR MANEIRA QUE FACELO DA MAN DO NOSO "PADRIÑO", QUEN QUIXO COMPARTIR CON NÓS ESTA DATA TAN ESPECIAL ACHEGÁNDONOS O SEU ÚLTIMO LIBRO
|
PLAN LÍA |
O PLAN LÍA PERMITIUNOS DOTAR Á BIBLIOTECA DO EQUIPAMENTO NECESARIO PARA ACHEGAR AO ALUMNADO UN LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE ABERTO A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR.
|
A MASCOTA DA BIBLIOTECA!!!! |
XA TEMOS MASCOTA NA BIBLIOTECA Os nenos que quixeron participaron no concurso para elixir mascota do cole. Participaron nenos de diferentes idades debuxando cada un un percebe. Votouse a partir de duas eleccións, a primeira votárona os profesores do equipo da biblioteca, e a segunda os nenos do voluntariado da biblioteca deste trimestre. Os finalistas foron oito e o gañador deses oito foi o debuxo feito por Maria Candelaria Santana Santamaría, de 6ºB Nome dos debuxantes finalistas:
|
CONTOS DO CAMIÑO E OUTRAS HISTORIAS |
Se che gustaron os contos do camiño, preme aquí para ver moitos mais |
ESTE É O MEU LIBRO FAVORITO!!! |
O noso cole encheuse de libros para festexar unha data tan importante. Cadaquén trouxo o libro que máis lle gusta para facerse a foto e poder compartir un bo momento de lectura cos compañeiros e compañeiras. Aí vai un adianto
E tamén trouxeron o seu libro favorito...
GRAZAS POR PARTICIPAR E FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
|
VISITA DE JUAN RODRÍGUEZ |
HOXE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA INESPERADA DE JUAN RODRÍGUEZ. O FUTBOLISTA CEDEIRÉS DO SPORTING DE XIXÓN ESTIVO ASINANDO UN MOOOOONTÓN DE AUTÓGRAFOS. MOITAS GRAZAS JUAN POLA TÚA AMABILIDADE. PERCEBÍN QUEDOU ENCANTADO! |