Título | Resumo |
---|---|
FORMACIÓN PROFESORADO - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os mestres tamén recibimos formación contínua. |
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 1 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Rosalía de Castro, semente, planta, árbore. Muller que fixo patria. Levou a nosa bandeira por onde foi e non calou ante nada. Berrou Galiza, espallou cultura, beleza, verdade, bondade, humildade... Puxo nas verbas a fermosura dun pobo, das xentes, da natureza...
Fixo crítica social, non calou e dixo o que pensaba, pero tamén porque o pensaba. Puxo puntos en moitas "ies". Defendeu á muller, a súa capacidade, liberdade, dereito a facer o mesmo que calquera home. Escolleu un compañeiro de vida e tivo fillos, formou unha familia e deixou un legado, as súas incomensurábeis obras e un puñado de herdeiros que tamén crearon e espallaron cultura, porque a semente sempre agroma.
E na vila, no pobo tamén agromaron as súas verbas e puxéronsenos nos beizos e adicamos poesía, doce poesía de Rosalia. O facemos a través dun programa: Música, poesía e estrelas que toma a idea do antigo "Música y estrellas" escoitado na radio fai bastantes anos pola zona de Cedeira, Cariño e Ferrol.
Serán unha serie de podcast (programas duns cinco minutos) nos que toda a comunidade educativa adicará poesía a un familiar, amigo/a... O programa estará guiado por locutoras e locutores, función que desempeñará o alumnado de 4º e 6 de Educación Primaria.
Aquí vai o primeiro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable, que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo. Parabéns Rosalía!!
Música: Aerosol of my love deKevin MacLeod (incompetech.com) Licenciado baixo Creative Commons: por licencia Attribution 3.0 http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 2 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aquí temos o segundo podcast para homenaxear a Rosalía de Castro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable, que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo. Parabéns Rosalía!!
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 4 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe é festa! Celebramos o nacemento da nosa ilustre Rosalía de Castro! Con aromas mariños, aquí tedes o cuarto podcast de Música, poesía e estrelas! Un programa noso, feito por familias, alumnado e mestres. A comunidade educativa en pe, berrando poesía! O mellor agasallo para Rosalia, o maior legado para nós. Parabéns Rosalía!!
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 5 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aquí temos o quinto podcast para homenaxear a Rosalía de Castro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable, que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo. Parabéns Rosalía!!
|
FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA COMUNIDADE EDUCATIVA - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #DiadoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hai lugares tranquilos no medio do ruído. Son
illas, son oasis, son espazos entornados,
silenciosos, en que podemos camiñar entre o
pasado e o futuro. Espazos que acubillan os
artefactos perfectos que nos conectan coa
eternidade.
Desde os andeis das bibliotecas os lombos
chaman a nosa atención.
Chegaron os libros, de preto ou de moi lonxe,
nunha viaxe que comezou cunha palabra ou unha
imaxe. Despois xurdiron moitas máis, fervenza
creativa.
Con esa materia prima necesaria, o editor deulle
forma: alquimia.
Convocou forzas humanas e tecnolóxicas e
actuou: corrección, maquetaxe, deseño; elección
do papel, do tipo, do formato. E a maquinaria
gráfica dispuxo os ferros, as probas de cor, os
roletes de caucho e as catro tintas, para fusionar
imaxes e palabras sobre a pasta vexetal.
Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo.
Este texto é de Xosé Ballesteros para celebrar o Día do Libro.
Nós na nosa biblioteca, somos inmensamente afortunados pois temos un autor: Quique Vázquez
e un ilustrador: Diego Cheda, os pais de A viaxe de Percebiño. Un conto sobre a Educación Vial
que naceu con nós confinados, pero que tivo un gran traballo detrás.
Hoxe tíñamos que ter moitas cousas, pero as veces, esa maquinaria da que fala Xosé Ballesteros
complícase e manda auga cando se quere gravar un video clip ou deixa libros sen tapas. O caso é que,
aínda que teñamos que esperar para iso uns días, hoxe é o Día do Libro e os dereitos de Autor, e iso
o temos na vila e moi orgullosos que estamos. Así que tivemos a sorte de escoitar o libro da boca
do seu autor, destapar un agasallo de Diego, e colorear as súas fantásticas ilustracións con acuarelas.
Por suposto, mentres demos cor puidemos preguntarlle todas as nósas dúbidas sobre A viaxe de Percebiño!
Gracias Quique e Diego por unha tarde xuntos en comunidade!
|
LECTURA E FAMILIA - PABLO OTERO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este ano a Asesoría de Bibliotecas convocou a primeira edición do programa "Lectura e familias", que ten por obxectivo estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar. Na biblioteca sempre pensamos en comunidade, cada vez que deseñamos un proxecto ou actividade. Este ano, estamos no proceso de crear unha Biblioteca Humana coa participación das nosas xentes, un proxecto entre as bibliotecas escolares e o Concello de Cedeira. Comezaremos cunha proposta de formación. Se aínda non estás apuntado podes facelo!
Este venres, imos ofertar un recurso de formación e disfrute en familia, a actividade ten por nome "Libros de familia" e estará a cargo de Pablo Otero.
Pablo Otero, naceu en Ourense en 1970, é un escritor, ilustrador e pintor galego. Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. De seguro será unha gran oportunidade para asistir coa familia á biblioteca!
|
OBRADOIROS DOS CLUBS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #bibliotecacreativa |
Os dous clubs I love Animals e Sylvanian Families continúan amosando autonomía e bo facer. Organizan, preparan, difunden e levan a cabo toda clase de obradoiros. Esta é unha pequena mostra dos seus traballos.
|
ENTREVISTA A PABLO RAÑALES - SIERVOS DE TINTA #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Entrevista a Pablo Rañales, autor de Siervos de Tinta, escritor e xornalista.
Valentina, Rodrigo, Iago e Basma, alumnas e alumnos de 6º de primaria dirixen a entrevista para amosarnos a parte máis creativa de Pablo Rañales.
Pablo Rañales, deixou pegada no noso alumnado de sexto.
|
RECREOS SEN PROTOCOLO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe gozamos do primeiro recreo sen protocolo. Xa pode acudir todo o alumnado mesturado por aulas.
|
MBOT SEMÁFORO PARA A SEGURIDADE VIAL #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #bibliotecacreativa |
Rematamos a Semana da Seguridade Vial coa creación dun semáforo.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, realizou un obradoiro para mellorar as competencias TICs, observar a súa aplicación na vida cotiá e reducir conductas inapropiadas fronte a seguridade vial.
|
BIBLIOTECA HUMANA - XOVES 9 DE XUÑO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano, posteriormente terás 5 minutos para preguntar. Ler persoas en vez de libros. Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
"UN MAR DE VIDA... E MORTE" POR RAÚL NEBRIL - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"Un mar de vida... e morte" de Raúl Nebril.
O seu mundo é o mar. Viviuno dende moitas ópticas. Viviu del e tamén para el.
E hoxe traballa por mirar dos que están no mar, de salvalos cando as
inclemencias e adversidades dun mundo tan difícil poden custarche non voltar a velo.
O 9 de xuño ás 12h na Biblio do IES.
Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
MARES DE CEDEIRA - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE NA HORTA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
PROTOCOLO MEDIO AMBIENTE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dende fai uns anos seguimos un Protocolo do Medio Ambiente creado polo alumnado: apagar luces e traballar a ser posible con luz natural, reducir, reutilizar e reciclar todo cando podemos, utlilizar o composteiro, o plástico está fóra das compras, fotocopiar por ambas caras...
|
ESPAZO ARGALLEIRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O xogo é unha das actividades máis importantes na infancia, por iso na BE "Carlos Labraña" o promocionamos, propoñemos espazos e recursos e afirmamos que unha fonte de aprendizaxe e fomenta as habilidades sociais.
|
"UNHA HISTORIA DE VOLUNTARIADO EN HONDURAS" POR MIÑO GUERREIRO - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 20 de xuño ás 16:00 h. Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
ARGALLANDO NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Na biblioteca "Carlos Labraña" temos moitos libros para ler, consultar, xogar, rir e tamén chorar. Pero nos recreos ademáis de ler, encántanos argallar! Cada día chegan mentes inmensamente ricas de ideas, creatividade, historias e con ganas de facer. Elas e eles están orgullos@s e nós del@s.
|
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A actividade central ao comezo do curso é a formación de usuarias e usuarios da nosa biblioteca. Este curso xa coa ledicia de abrir as portas ás familias. Comezamos refrescando e conversando sobre as normas e actividades que poden gozar na biblioteca e continuamos con tres grupos interactivos (comunidades de aprendizaxe) da man de familias voluntarias que nos agasallaron co seu tempo e bo facer.
O alumnado traballou a identificación dun libro, a CDU e os tejuelos. Sendo Biblioteca Creativa como somos, non podían faltar actividades como maxia, para representar logo na casa e canción tradicional. O alumnado aprendeu e interpretou unha pequena estrofa típica da nosa vila. Para valorar dende pequenos a tradición oral. O empréstito (de libros, xogos, película e música) e a lectura na sala foi outra das actividades.
Creamos unha pequena presentación para a actividade inicial que aquí compartimos.
Recordamos que a biblioteca está aberta ás familias en horario de tarde.
|
CARLOS LABRAÑA PARABÉNS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Carlos Labraña, dramaturgo que da nome á nosa biblioteca acaba de recibir un premio nada sinxelo. O primeiro premio estatal dunha obra en galego! Mambrú volveu da guerra unha obra de teatro infantil. A peza reinvindica a importancia da memoria histórica, a través de Xana, a protagonista. Orgullo de escritor e de lingua! A túa biblioteca quere darte os parabéns! Gracias por tanta sensibilidade!
Podedes coller algunhas das súas obras na biblioteca!
|
OBRADOIRO CALIGRAMAS #EscribiraBE #bescolaresgal #bibliotecacreativa #bescolaresgalabertas |
Ven a escribir na biblioteca! Tódolos mércores do mes de novembro podes adentrarte no mundo dos caligramas, escribir, debuxar e deixar voar a túa imaxinación. Percebiño será o noso guía! Apúntate na cortiza da entrada de biblioteca!
|
COIDAMOS OS DENTES! #MesdaCienciaenGalego #Ciencia #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de cinco anos está inmerso nun proxecto sobre "Os dentes e o seu coidado. Este ano iníciase o proceso de caída dos dentes de leite e a aparición dos novos. Así que estes días o Ratiño Pérez visitou moitas casas. Para documentarse debidamente buscaron a unha dentista profesional: Mey Lin Apac, que ofreceu moita información e resolveu unha manchea de dúbidas que transitaban polas súas cabeciñas. Estes peques xa están montando unha pequena clínica dental na aula e traballando con numerosos recursos para coñecer o fascinante mundo dos dentes. Sendo o proxecto o eixo motivador para numerosos conceptos básicos da etapa infantil na que se atopan.
|
XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES #XBEGA22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xornada de formación
|
HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A hora de ler oferta múltiples posibilidades. Espazo de aprendizaxe, de coidado e atención persoal, de calma, de gozo, de exploración e investigación.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »