Título | Resumo |
---|---|
8 M - OBRADOIRO #8M #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - AS AVOAS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Cinco mulleres empoderadas:
|
CHARLAS ANCAS - SEGURIDADE VIARIA #ANCAS #CaminoEscolar #Peaton #Convivencia #EducacionVial Dirección General de Tráfico #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado da escola súmase aos obradoiros de mobilidade segura e sostible que imparte Stop Accidentes Galicia. Para máis información podedes ollar a súa web, xente solidaria, víctimas de tráfico que queren axudarnos a entender que iso é unha responsabilidade colectiva.
|
CONCERTIÑO INFANTIL - MÚSICA, MAESTRO! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #IesPuntaCandieira #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aída, Zeltia, Paulo e o alumnado de 2º de bacherelato de Artes Escénicas prepararon un fermoso concerto para o alumnado de 3, 4 e 5 anos. A escola encheuse da música, baile, xogo e bo facer desta rapazada. A sesión contaba con música en directo (a Carrasquiña, o Piripipí...) e xogos rítmicos. Esta era unha pequena actividade dunha familia que foi aumentando, medrando e medrando e que se converteu nun fermoso concerto p ensando nos máis pequeno da escola. Agradecer as horas de ensaios e coordinación que esixe unha actividade deste tipo. Parabéns ás tres familias e á rapazada do Ies! Gracias por educar a través da emoción!
|
COLGANTES E BROCHES - ARGALLANDO COAS FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 2º B convida a Anabel, unha das familias da aula, para argallar con masilla branca e xunt@s crear colgantes e broches con deseños caninos.
|
COELLIÑOS CON OVEIRAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo recolle reciclados para crear un proxecto artístico con oveiras e cartón. Así dan vida a uns coellos cheos de tenrura e fantasia. O resultado foi máis que gratificante, o control do espazo de traballo cada vez é máis preciso, da gusto ver os avances!
Engadimos marcapáxinas por se é do gusto dalguén.
|
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #BibliotecaCreativa #Radionabiblio #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5º de primaria recibiú formación de radio para mellorar as súas competencias neste medio. Quique Vázquez foi o encargado da formación, que combinou radio e teatro. Foi unha formación intensa e gozada da que deixamos aquí constancia.
|
OBRADOIRO DE GALLETAS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Kevin, Lourdes, Lisa e Sylvia acompañaron ao alumnado de 2º na creación dunhas fermosas galletas de coelliños e ovos.
|
OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Tres xeneración nun obradoiro de costura! Avoa, nai (Laura) e filla aliadas na empresa de realizar unha pequena formación coa máquina de coser. Gracias por adicar tempo á infancia!
|
ESPAZO #bibliotecaCreativa #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
O alumnado documéntase sobre o espazo, crea maquetas e prepara unha exposición oral cos datos recadados.
|
RECREOS NA BIBLIO #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
QUE BEN ULE! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
A cociña bota fume! Hoxe achegáronse ata a biblioteca Jésica, Moisés, Encarna, Lucía e Hugo para realizar unhas deliciosas palmeritas e unhas brochetas de froitas.
|
TEATRO ENSAIOS #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal |
O vindeiro venres 5 de abril, de 16:30h. a 18:30h na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña", no Ceip Nicolás del Río, teremos con nós a profesionais de "As Atalaias" que nos ofrecerán unha formación onde se pretende crear un espazo de encontro e diálogo para atoparnos cómodos, en familia e poder abordar temas incómodos como son a exposición que teñen as crianzas a vídeos porno e as súas consecuencias no desenvolvemento da súa sexualidade. Estas profesionais achegaránnos ferramentas, recursos e historias para acompañar ás crianzas no ámbito dixital e relacional, e poñerán no centro o respecto, o coidado e o bo amor. Convidamos a tódalas familias da comunidade educativa, pero tamén está aberto a calquera persoa que lle resulte de interese, pois todas e todos formamos parte da vida educativa da rapazada. Durante ese período de tempo, as familias terán servizo de gardería aportado pola Anpa Picapeixe, para que ninguén que o desexe quede sen a formación. Engadimos na parte inferior o programa da formación para que poidades ollalo polo miúdo. Esta formación está enmarcada no programa de Lectura e Familias da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Agradecemos a vosa asistencia.
|
FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Onte levouse a cabo a formación de "Lectura e Familias". Como xa víñamos informando tíñamos moita preocupación polo perigo nas redes, o acceso á pornografía na infancia e a carencia de Educación Afectivo Sexual. Necesitábamos axudar á cativada, para iso era indispensable que familias e escola tivésemos estratexias para abordar esta temática.
Asi, que a través do programa da Asesoría de Bibliotecas, "Lectura e familias" decidimos poñer nas mans de "As Atalaias" esta formación. Elas son unha cooperativa galega que traballa en prol das persoas e as súas necesidades. Tivemos connosco a Raquel Veiga Teijeiro, diplomada en Educación Social e formada en diversos aspectos como convivencia, sexualidade, resolución de conflitos...
A xornada tivo un aforo amplo e todas e todos saimos reafirmados, sabendo como comezar e con ganas de repetir. As familias que o desexaron cargaronse de libros para documentarse e ser unha canle para iniciar conversas coa rapazada. É de moita importancia que sexamos sinceros, contestemos as súas inquedanzas e proporcionemos información fiable. É básico ser referentes da nosa prole, e senon somos nós asegurar que quen o sexa teña a nosa plena confianza.
Agradecer á Anpa Picapeixe e a tódolos que puxeron semente para que esta actividade chegase a tan bo porto.
En breves compartiremos os vídeos e información que achegue Raquel. Se queredes ampliar información con videos e webs, podedes entrar na web da biblioteca ou no Facebook ou Twitter da Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" alí tedes moitas información baixo o título: ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA.
Gracias á comunidade educativa pola súa resposta.
|
TERTULIAS DIALÓXICAS - HORA DE LER #Clubsdelectura #Horadeler #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nas tertulias dialóxicas de 2ºC están lendo "O teu corpo é teu" de Lucía Serrano, para reflexionar sobre o bo trato, coñecer o nome das partes do noso corpo e aprender a coidarnos e coidarse.
|
CHAVEIROS AO FORNO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Alumnado de 2ºB lanzouse a unha actividade de xoiería pero na cociña da biblioteca! Realizaron uns chaveiros moi divertidos cun plástico máxico apto para o forno. O resultado foi inmellorable!!
|
BANDA DE GAITAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #IesPuntaCandieira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
![]() Dentro do proxecto "Música, Maestro" temos diversas gravacións,
unha delas é a da Banda de Gaitas Robaleira! Aquí temos un pequeno
anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.
![]() ![]() ![]() O alumnado tamén aproveitou a visita para coñecer as instalación dos
Ciclos de Formación Profesional e, por suposto, a cafetería!
![]() Agradecer tanto aos informantes da Banda de Gaitas como ao profesorado do Ies,
polo seu recibimento e compartir actividades de tanta importancia.
|
DÍA DO LIBRO #DíaDoLibro24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #Makedo |
|
XOGOS DE MESA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Nesta ocasión Shaila e Adrián ofreceron ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos! Aquí a primeira sesión.
|
APADER LIBRETAS OBRADOIRO #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Nesta ocasión foi o alumnado do 6ºC quen se desprazou ata o taller no que traballa Apader (Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual), onde realizaron guiados por profesorado e alumnado un obradoiro de creación e encuadernación de libretas. Unha actividade que tende pontes e crea alianzas entre dúas escolas con alumnado diverso, creativo, emotivo, involucrado... Esta é unha das actividades de intercambio que se xeneraron, dende os primeiros achegamentos. Cousas bonitas que medran. En breves, outra visita!
|
XOGOS DE MESA - 2ª sesión #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Shaila e Adrián voltan ofrecer ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos!
|
REDEIRAS POR UN DÍA #CeforeFerrol #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado da escola converteuse en redeiras e redeiros guiados por Paula do Mimo (Paula González López), co apoio do CFR de Ferrol.
|
CASTELO E CASTRO SARRIDAL #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #IesPuntaCandieira #bescolaresgal · #bescolaresgalabertas |
Seguindo co proxecto "Vivamos como cedeireses", e aproveitando que no 2° trimestre os nenos e nenas de 4 anos investigaron cousiñas sobre a nosa vila, estes e o alumnado de 5 anos, fixeron unha visita ó Castro Sarridal e ó Castelo da Concepción. No Castelo esperaba o alumnado do IES para bailar unha danza medieval.
A camiñata foi longa e o día moooi caluroso, pero... pasárono xenial!
|
MAIO #BibliotecaCreativa #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Olivia e Ramón veñen a montar o Maio co alumnado de tres anos. As familias na escola! As tradicións sempre presentes!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- seguinte ›
- última »