Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Mér, 10/04/2024 - 18:15
Posted in
Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior.
Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo
de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata
conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta,
quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...
Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas,
nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.