Skip to main content

EXPRESIÓN ESCRITA

AS AVOAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dentro do proxecto "Música, maestro" temos diversas gravacións,

unha delas é ás avoas máis marchosas da vila! Aquí temos un pequeno

anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.

 

 

 

 

 

ANÁFORA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior.

Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo

de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata

conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta,

quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...

 

Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas,

nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.

 

 

 

 

 

RIMA QUE TE RIMA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 O alumnado de 2º nivel xúntase para afondar na poesía.

Luisa Villalta é a canle conductora, a súa inspiración leva ao

alumnado a traballar as rimas en grupos cooperativos, utilizando

a técnica do folio xiratorio. O profesorado crea material específico e

utiliza os espazos da biblioteca para documentarse e realizar a actividade.

 

 

 

 

 

 

UNHA PALABRA PARA LUISA VILLALTA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2024 #luisavillalta

Este ano a homenaxeada nas Letras Galegas é Luisa Villalta,

ela é tanto e marchou en tan pouco, que faise difícil concretar.

Por esta razón, agradecemos a participación das familias

e das xentes da nosa vila para definila cunha palabra.

Tedes tres caixas de correos, nas tres bibliotecas da vila:

Biblioteca Municipal López Cortón, Biblioteca do Ies Punta

Candieira e a da escola, a "Carlos Labraña". Alí veredes un

buzón e unha pequena nota coas indicacións, podedes definila

cunha palabra ou, por detrás da nota escribir algo máis longo,

tamén podedes mandar un audio ao número que tedes na

nota informativa. A vosa participación, será recollida, tratada

e traballada polo alumnado, para dar forma ao podcast de

Radio na biblio do Concurso da Asesoría de Biblioteca Escolares.

 

 

 

 

 

 

 

GUÍAS TURÍSTICOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de quinto de primaria converteuse en guía turístico

e viaxou a través das páxinas dos libros e da documentación na rede

para coñecer as provincias de España e as súa identidade, características...

Resumiron e escolleron os datos máis relevantes nun libro de lapelas

que expoñeran estes días aos seus compañeir@s.

 

 

 

 

 

ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral,

están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo

ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas

e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha

compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha

máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse...

o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas.

Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar,

pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.

 

 

 

 

 

INTERCAMBIO DE EPÍSTOLAS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A escritura e a lectura son dous dos pilares máis importantes

da biblioteca escolar. Conxugamos a aprendizaxe destas habilidades

coa motivación do alumnado e creamos actividades que impliquen

reforzar actitudes que desexamos que se reproduzan constantemente.

As epístolas contribuén a todo isto, por iso é unha tarefa que replicamos

unha e outra vez. A quen non lle gusta recibir unha carta?

Estas son as da nosa rapazada!

Engadir que o alumnado sempre ten acceso a apoios á escritura,

paos correctores, infografías ortográficas... para brindar seguridade,

crear un hábito de corrección e mellorar a escrita.

 

 

 

 

 

OS NOSOS DESEXOS NA RADIO EXPERIMENTAL #Radionabiblio #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os desexos desta rapazada viaxan xa nas sacas de paxes, carteiras e carteiros,

diríxense ás tres estrelas. Pero quixeron que as ondas da nosa Radio Experimental

tamén soaran coas súas verbas. Esta rapazada non pide moitos xoguetes,

piden necesidades, dereitos e piden moito para os demáis,

porque ninguén pode ser feliz se o que está ao seu carón non o é tamén!

Paz, amor e bos desexos para todas e todos!

 

 

 

 

 

 

CARTAS AOS REIS MAGOS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Raparigas e raparigos apuran as súas cartas aos Reis Magos.

Sabemos que senón son eles, enviarán a algún paxe recoller as epístolas.

Estas cartas teñen feitizos especiais, están cargadiñas da maxia

do corazón das nenas e nenos. Procuraron ser comedidos,

só pediron tres cousas: unha para a escola, outra para eles/elas

e outra para un ser querido (familias, amigos, veciña...).

Esperemos que os grandes Magos sexan quen de cumprir os seus desexos.

 

 

 

 

 

 

CURTAMETRAXE "A GATA BENITA" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de terceiro de primaria explícanos

como realizaron a súa curtometraxe "A gata Benita!.

Con ela participarán no concurso: Nos tamén creamos.

Compartimos con vos está ledicia!

 

 

 

 

INVESTIGANDO OS ANIMAIS EN INGLÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

En terceiro de primaria realizan un traballo de

investigación dos animais na materia de lingua inglesa.

 

 

 

 

 

ERASMUS SUECIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto que participou no programa Erasmus do proxecto Doris,

compartiu con nós as suas vivencias e impresións, neste caso concreto na viaxe a Suecia.

Alí visitaron varios centros educativos e varias cidades de Suecia.

Crean un primeiro borrador para a posterior escaleta. Despois de varias correcións,

aquí temos o resultado, na nosa Radio Experimental.

Un traballo cargado de ilusión, non só polo vivido e contado

senón tamén pola emoción da próxima visita.

 

 

 

 

38 CONCURSO ONCE #igualdade #ODS #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O camiño que nos torna iguais é o lema baixo o cal  o Grupo Social Once

convidou a participar aos centros nunha actividade para traballar a inclusión

e converter ao alumnado en axentes de cambio.

O grupo de 4º C de Educación Primaria saíu gañador coa súa participación.

Dende a Biblioteca "Carlos Labraña" queremos darlles os parabéns!

Dende este enlace podedes gozar todos do audio que enviaron.

PREME E ESCOITA O AUDIO

 

 

SAÍDA E RECEITAS!

SAÍDA E COCIÑA COMO MEDIO PARA DESENVOLVER A ESCRITURA E A ORALIDADE.

ISTO ACONTECEU NAS AULAS DE 3º C E 4º A.

O ALUMNADO APROVEITOU A SAÍDA DIDÁCTICA A ESENGRA PARA REFORZAR E AMPLIAR CONTIDOS SOBRE A ALIMENTACIÓN, PARTICIPANDO NUN OBRADOIRO DE COCIÑA NO QUE GOZARON E APRENDERON OS PASOS DA RECEITA DAS GALLETAS. LOGO AGASALLARON CON ELAS ÁS FAMILIAS. TAMÉN ARGALLARON CUN SIMULADOR DUNHA PONTE DE MANDO DUN BARCO, FACENDO O PERCORRIDO POLA RÍA DE FERROL (que o alumnado de 3º xa fixera na realidade o curso pasado na súa visita ao Castelo de San Felipe). NESTA OCASIÓN FORON CAMBIANDO O TEMPO ATMOSFÉRICO, REPASANDO DESTE XEITO CONTIDOS DE CIENCIAS SOCIAIS E DIFERENTES FENÓMENOS QUE LLES CHAMARON A SÚA ATENCIÓN. SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DA PERSOA QUE ESTABA AO MANDO MANEXARON O BARCO.

POSTERIORMENTE VISTARON UNHA EXPOSICIÓN DE NUDOS E UNHA COLECIÓN DE PEIXES DA ZONA.

 

PARA O ALUMNADO DE 4º A, OS VAGALUMES, ESTA SAÍDA FOI A ÚLTIMA FASE DAS RECEITAS DE OUTONO, UN DOS PROXECTOS LEVADOS A CABO ESTE TRIMESTRE, NO QUE A REPOSTERÍA E OS SEU INGREDIENTES FOI UN VEHÍCULO PARA MELLORAR NA EXPRESIÓN ESCRITA DE TEXTO INSTRUCTIVOS.

NO CASO DO ALUMNADO DE 3º C TRAS A SAÍDA REALIZARON DIVERSAS REDACIÓNS QUE REMATARON EN LECTURAS.

DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA?

DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR... LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS...

CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE.

GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS!

Distribuir contido