Skip to main content

RADIO ESCOLAR

OS VAGALUMES EN: "ESTRELA... FUGAZ?" DE CARLOS LABRAÑA #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Trinta e dous meses pasaron da montaxe desta obra tan peculiar,

unha obra representada nun estado de alarma.

Este venres 13 celebramos que o texto brillara.

 

Carlos Labraña está de parabéns e nós tamén, a súa obra está publicada.

Non hai mellor momento para agradecer, agradecer ás familias e a esta promoción de Vagalumes

 

(agora xa en 1º da ESO) a súa infinita colaboración: aportando ideas, creando xuntos ás súas

fillas e fillos atrezzo, disfraces, debuxos, grabando audios e facendo que todo isto viaxara

polas canles necesarias para centralizar a información e poder facer unha edición da obra

na que non nos podíamos xuntar.

Agradecer a Diego Cheda, as súas ilustracións que dan vida ás personaxes.

E por suposto, agradecer ao artífice de todo, Carlos Labraña, xa que son os seus textos

os que proporcionan divertimento, aprendizaxe dramático e sobre todo temáticas

controvertidas cheas de sensibilidade.

Se quedastes sen ver a obra podes aproveitar agora.

Tamén podes coller as obras de Carlos Labraña na biblioteca e

se queres tela en posesión xa está editada e a venda nas librerías da vila!

 

 

 

 

ESTRELA... FUGAZ? VAGALUMES & CARLOS LABRAÑA #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dous anos atrás envoltos nunha pandemia, un grupo de Vagalumes,

as súas familias e a mestra sacaban adiante unha obra de teatro.

Unha obra que se converteu nun radio teatro, pois non podían interactuar

máis que de xeito virtual. Roupas, voces, fotos, atrezzo... voaban a través das liñas telefónicas, internet...

A obra era "Estrela... fugaz?", naquel momento, obra inédita do dramaturgo

que da nome á nosa biblio "Carlos Labraña". Autor que escribe para divertir, pero sempre utilizando

o teatro coma unha ferramenta para achegar temáticas controvertidas.

Este ano, Carlos Labraña volveu sorprendernos e esa obra saíu á luz coma unha estrela.

Do mesmo modo, un bosque cheo de especies diversas volverá a escintilar e reunirnos,

desta volta si, para ver aos Vagalumes no seu radio teatro, con "Estrela... fugaz?".

Quedades todas e todos convidados! Ata encher aforo.

 

 

 

 

 

ERASMUS SUECIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto que participou no programa Erasmus do proxecto Doris,

compartiu con nós as suas vivencias e impresións, neste caso concreto na viaxe a Suecia.

Alí visitaron varios centros educativos e varias cidades de Suecia.

Crean un primeiro borrador para a posterior escaleta. Despois de varias correcións,

aquí temos o resultado, na nosa Radio Experimental.

Un traballo cargado de ilusión, non só polo vivido e contado

senón tamén pola emoción da próxima visita.

 

 

 

 

IV CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega

 

A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns!

O programa, Poemas Crioulos, presentado ao concurso de Radio na Biblio,

polas Letras Galegas, resultou gañador na convocatoria.

O podcast será difundido pola Radio Galega a  través da  páxina do Diario Cultural;

así mesmo, será difundido a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Chegado o momento será compartido no blog da BE "Carlos Labraña".

Moitos parabéns!!

 

 

 

 

 

 

ENTREVISTA A PABLO RAÑALES - SIERVOS DE TINTA #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Entrevista a Pablo Rañales, autor de Siervos de Tinta, escritor e xornalista.

 

 

Valentina, Rodrigo, Iago e Basma, alumnas e alumnos de 6º de primaria

dirixen a entrevista para amosarnos a parte máis creativa de Pablo Rañales.

 

 

 

 Pablo Rañales, deixou pegada no noso alumnado de sexto. 

 

 

 

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado de biblioteca de 4º de primaria recibiú formación

de radio para mellorar as súas competencias neste medio.

 

 

Laboratorio de radio foi o encargado da formación.

O alumnado aprendeu a importancia da respiración, os distintos tons,

creou, engadiú sons de creación propia, gravou e locutou...

 

 

Foi unha formación intensa e gozada da que deixamos aquí constancia.

 

 

 

 

 

 

 

MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 1 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Rosalía de Castro, semente, planta, árbore. Muller que fixo patria.

Levou a nosa bandeira por onde foi e non calou ante nada.

Berrou Galiza, espallou cultura, beleza, verdade, bondade, humildade...

Puxo nas verbas a fermosura dun pobo, das xentes, da natureza...

 

Fixo crítica social, non calou e dixo o que pensaba, pero tamén porque o pensaba. Puxo puntos en moitas "ies".

Defendeu á muller, a súa capacidade, liberdade, dereito a facer o mesmo que calquera home.

Escolleu un compañeiro de vida e tivo fillos, formou unha familia e deixou un legado,

as súas incomensurábeis obras e un puñado de herdeiros que tamén crearon e espallaron cultura,

porque a semente sempre agroma.

 

E na vila, no pobo tamén agromaron as súas verbas e puxéronsenos nos beizos e adicamos poesía,

doce poesía de Rosalia.

O facemos a través dun programa: Música, poesía e estrelas que toma a idea do antigo "Música y estrellas"

escoitado na radio fai bastantes anos pola zona de Cedeira, Cariño e Ferrol.

 

Serán unha serie de podcast (programas duns cinco minutos) nos que toda a comunidade

educativa adicará poesía a un familiar, amigo/a...

O programa estará guiado por locutoras e locutores, función que desempeñará

o alumnado de 4º e 6 de Educación Primaria.

 

Aquí vai o primeiro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable,

que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo.

Parabéns Rosalía!!

 

 

 Música: Aerosol of my love deKevin MacLeod (incompetech.com) Licenciado baixo Creative Commons: por licencia Attribution 3.0

http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/

 

PODCAST XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS - FAMILIAS NA ESCOLA

Posted in

Este podcast xorde da investigación da biografía de Xela Arias, pescuda no seu compromiso coa lingua galega e na loita dos seus dereitos.


O alumnado afonda nun período histórico recente e o relaciona coa historia da nosa vila, nese momento.

Todo isto da man das familias, coa guía da mestra e da documentación escrita que alberga a biblioteca.


Unha rapazada moi pequena, os Vagalumes, coñecen a Xela, unha muller que desmontou barreiras con verbas.

 

Distribuir contido