Skip to main content

CARLOS LABRAÑA

OS VAGALUMES EN: "ESTRELA... FUGAZ?" DE CARLOS LABRAÑA #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Trinta e dous meses pasaron da montaxe desta obra tan peculiar,

unha obra representada nun estado de alarma.

Este venres 13 celebramos que o texto brillara.

 

Carlos Labraña está de parabéns e nós tamén, a súa obra está publicada.

Non hai mellor momento para agradecer, agradecer ás familias e a esta promoción de Vagalumes

 

(agora xa en 1º da ESO) a súa infinita colaboración: aportando ideas, creando xuntos ás súas

fillas e fillos atrezzo, disfraces, debuxos, grabando audios e facendo que todo isto viaxara

polas canles necesarias para centralizar a información e poder facer unha edición da obra

na que non nos podíamos xuntar.

Agradecer a Diego Cheda, as súas ilustracións que dan vida ás personaxes.

E por suposto, agradecer ao artífice de todo, Carlos Labraña, xa que son os seus textos

os que proporcionan divertimento, aprendizaxe dramático e sobre todo temáticas

controvertidas cheas de sensibilidade.

Se quedastes sen ver a obra podes aproveitar agora.

Tamén podes coller as obras de Carlos Labraña na biblioteca e

se queres tela en posesión xa está editada e a venda nas librerías da vila!

 

 

 

 

CARLOS LABRAÑA PARABÉNS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Carlos Labraña, dramaturgo que da nome á nosa biblioteca acaba de recibir un premio nada sinxelo.

O primeiro premio estatal dunha obra en galego!

Mambrú volveu da guerra unha obra de teatro infantil. A peza reinvindica a importancia

da memoria histórica, a través de Xana, a protagonista.

Orgullo de escritor e de lingua! A túa biblioteca quere darte os parabéns!

Gracias por tanta sensibilidade!

 

 

 

Podedes coller algunhas das súas obras na biblioteca!

 

NOTICIA

 

 

 

 

MARES DE CEDEIRA - TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O venres 3 de xuño o alumnado de 2º de primaria representou

"Mares de Cedeira" unha obra inédita de Carlos Labraña.

Realizada con especial agarimo durante o curso escolar,

un texto que foi revisado e corrixido en diversas reunións e

tendo en conta a voz da rapazada. Ese pracer e bo facer, non é algo habitual.

 

 

Infinitamente agradecidos a Carlos Labraña por permitirnos mergullarnos no

seu mundo creativo. A toda a rapazada, profesorado, familias e xente da vila

que arroupou a obra e aos seus protagonistas. A Andy Brañas e Pili por encargarse

da fotografía. Á biblioteca por ser espazo de ensaio, aínda que non foi o único,

pois patios e aula de teatro tamén o foron.

E posteriormente chegaron os ensaios no Auditorio, gracias Quique Vázquez.

 


 

Non hai verbas para felicitar ás actrices e actores, son inmensas e inmensos.

Só recordar, que hai un gran traballo detrás. Moita organización, dramatización,

ensaios, conversas, resolucións de conflictos... días mellores e días peores, hai vida.

O proceso é espectacular, iniciaron de cero e remataron a mil!

Parabéns rapazada!!

 

 

 

Unhas fotografías, mostra dunha das invitacións (todas diferentes e con debuxos do

alumnado) e o tríptico realizado para a data. Pois hai que engadir, que todo está feito

polas nenas e nenos: atrezzo, invitacións, disfraces... Un gran proxecto!!

 

 

 

 

 

 

 

V XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 2º de Primaria ten o pracer de convidarvos

á representación da obra de teatro Mares de Cedeira.

Unha obra inédita de Carlos Labraña feita para a nosa biblioteca,

onde os protagonistas son Percebiño e os seus amigos/as.

Será o vindeiro 3 de xuño, con tres pases: 10:30 h, 12:30 h e ás 20:00 h.

 

 

 

Este será o resultado do traballo dun curso escolar con 47 persoas

miúdas en escea, pero grandes actrices e actores!

A rapazada será capaz de transmitirnos o mellor de si mesma,

trasladarnos a un gran problema medioambiental, coa axuda da linguaxe

corporal, as artes, a imaxinación e as palabras.

 

 

 

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao

mesmo tempo poderedes comprobar como este curso

medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 


 

 

 

Día do teatro #teatrogalego #Teatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O teatro sempre está presente na bilblioteca, ten o seu espazo creativo,

pero tamén hai aulas que utilizan esta arte para fomentar a lingua galega,

a expresividade, perder medos e vergoñas, aprender a traballar en gran grupo, sendo todos un.

Así crean compañías que sacan adiante pezas teatrais.

Este ano o alumnado de segundo de primaria, leva traballando arreo no texto e xa comezan co atrezzo.

Nesta ocasión representarán unha obra inédita, escrita por Carlos Labraña, dramaturgo da nosa vila

que da nome á nosa biblioteca. É unha honra representar unha

peza feita coas mascotas que acompañan as nosas vivencias na biblioteca.


 

Tamén alumnado de cuarto de primaria prepara unha adaptación das Bruxas de Roald Dahl.

Poderedes ver as estreas no mes de xuño! Esperámosvos!

 

 

TEATRO #aBEtenapalabra #teatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º de primaria leva xa un trimestre cos ensaios de teatro na biblioteca.

Están a preparar unha obra entre as tres aulas, será unha peza de Carlos Labraña,

que aínda está en proceso de creación.

Eles sacarán adiante a dramatización do borrador.

Esta peza ten un valor especial pois a persoa que da nome á nosa biblioteca a

fixo pensando en nós, nas personaxes que vemos a cotío cando entramos nas distintas salas.

Agradecer a Carlos Labraña e á rapazada que pon todo o seu empeño en mellorar día a día.

E sen deixar de rir e disfrutar!

CARLOS LABRAÑA VISITA A BIBLIOTECA! #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Carlos Labraña é unha figura de referencia en Cedeira, é dramaturgo

(aínda que non é ao único que se adica) e a nosa biblioteca leva o seu nome.

Moitos o coñecerán pola súa colaboración cos Amigos do Samaín.

Chegou o día e tivemos o pracer de escoitar e facerlle moitas preguntas.

Hoxe Carlos Labraña tivo a palabra!

Gracias por compartir o teu tempo con nós!

Indo para o Samaín

Chegamos ao día grande do Samaín no cole e dentro da programación de actividades de hoxe (que a verdade foi un día moi completiño! Guiño), non podía faltar algo relacionado directamente coa biblioteca, os contos e as boas historias! E... qué mellor que un contacontos de Carlos Labraña? Veu contarnos o seu conto Indo para o Samaín editado por Everest Galicia, que fala das celebracions típicas desta data tan especial e de Cedeira!

O alumnado de 2º disfrutou desta obra nas gradas da biblio e, os pequenos e as pequenas de 4 anos aproveitaron o bo tempo para ver a obra no patio!

 

 

  

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - ESTRELA... FUGAZ? #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 

 

"Creo que se nace escritor, pintor ou músico. Nácese coa vocación e en moitos casos coas condicións físicas para a danza e o teatro, e cun talento propicio para o xornalismo escrito, entendido como un xénero literario, e para o cinema, entendido como unha síntese da ficción e a plástica. Nese sentido son un platónico: aprender é lembrar. Isto quere dicir que cando un neno chega á escola primaria pode ir xa predisposto pola natureza para algún deses oficios, aínda que aínda non o saiba. E tal vez non o saiba nunca, pero o seu destino pode ser mellor se alguén o axuda a descubrilo.

Non para forzalo en ningún sentido, senón para crearlle condicións favorables e alentalo a gozar sen temores do seu xoguete preferido. Creo, cunha seriedade absoluta, que facer sempre o que a un lle gusta, e só iso, é a fórmula maxistral para unha vida longa e feliz.”

Gabriel García Márquez

 

 A Convención dos dereitos do neno, no seu artigo 29, recolle como obxectivo da educación o desenvolver as capacidades de cada un dos pequenos e pequenas, ata o máximo das súas posibilidades.

Gabriel García Márquez fala do seu xoguete, ese xoguete é a excelencia que cada unha das rapazas e rapaces posúen.

A escola é a encargada de descubrila e desenvolvela.

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - CARTAZ E INVITACIÓN #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

 

Os Vagalumes de 4º A teñen o pracer de convidarvos á representación da obra de teatro Estrela... fugaz?

de Carlos Labraña, o vindeiro martes, 8 de xuño, ás 20:00 h.

 

Será o resultado do traballo dun curso escolar, un ano diferente e inesperado,

 no que o alumnado, mestra e familias souberon adaptarse ás circunstancias e cooperar na distancia.

Nesta representación teatral os Vagalumes serán capaces de transmitirnos o mellor de si mesmos

e serán quen de trasladarnos a outro mundo a través das artes plásticas, a imaxinación e as palabras.

Veredes como solucionan problemas, traballan en equipo e ao mesmo tempo poderedes comprobar

como este curso medraron en autoestima e confianza en si mesmos.

 

 

Preparade un sitio no sofá e unhas pombiñas de millo!

Non volo podedes perder!

 

 

 

 

 

 

FELIZ DÍA DO TEATRO #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Festexamos o Día do teatro desde a casa da man do noso benquerido Carlos Labraña

e de algún alumnado que nos fixo rir e chorar de ledicia.

Tamén dos que hoxe, dende as súas casas seguen ensaiando día a día,

porque...

Co teatro podes ser quen queiras, onde e cando queiras.

Podes amosar toooodas as emocións.

Incluso podes quedar calado.

Podes crear, imaxinar, inventar, gozar...

Que comece a función!


II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

UNHA PEQUENA MONTAXE, PARA DEIXAR CONSTANCIA, DO QUE FORON AS II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO.

POR MOR DUN PROBLEMA TÉCNICO NA CÁMARA DE VÍDEO, GRAVOU SEN SON, PERO TODOS OS QUE ASISTIRON SON TESTEMUÑAS DO BO FACER DESTA RAPAZADA.

PARABÉNS ACTRICES E ACTORES!!

II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR

ESTADES TODOS CONVIDADOS!

  

MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE LIMITADA

HOXE OS VAGALUMES TIVERON UNHA ENORME SORPRESA. FORON ENSAÍAR AO AUDITORIO E ALÍ ESTABA CARLOS LABRAÑA.

GRACIAS CARLOS, POR VIR E POR ESCRIBIR OBRAS TAN FERMOSAS!

ISTO É UN PEQUENO ADIANTO DO QUE ACONTECERÁ O VENRES...


 

VISITA DE CARLOS LABRAÑA

ESTE XOVES RECIBIMOS A VISITA DE CARLOS LABRAÑA.

ACOMPAÑOUNOS AO LONGO DA XORNADA E AGASALLOUNOS CO SEU NOVO LIBRO

"O VALO".

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

HOXE FESTEXAMOS O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR!

E QUE MELLOR MANEIRA QUE FACELO DA MAN DO NOSO "PADRIÑO",

CARLOS LABRAÑA,

QUEN QUIXO COMPARTIR CON NÓS ESTA DATA TAN ESPECIAL

ACHEGÁNDONOS O SEU ÚLTIMO LIBRO

 

Distribuir contido