Skip to main content

ALFIN

SAÍDA E RECEITAS!

SAÍDA E COCIÑA COMO MEDIO PARA DESENVOLVER A ESCRITURA E A ORALIDADE.

ISTO ACONTECEU NAS AULAS DE 3º C E 4º A.

O ALUMNADO APROVEITOU A SAÍDA DIDÁCTICA A ESENGRA PARA REFORZAR E AMPLIAR CONTIDOS SOBRE A ALIMENTACIÓN, PARTICIPANDO NUN OBRADOIRO DE COCIÑA NO QUE GOZARON E APRENDERON OS PASOS DA RECEITA DAS GALLETAS. LOGO AGASALLARON CON ELAS ÁS FAMILIAS. TAMÉN ARGALLARON CUN SIMULADOR DUNHA PONTE DE MANDO DUN BARCO, FACENDO O PERCORRIDO POLA RÍA DE FERROL (que o alumnado de 3º xa fixera na realidade o curso pasado na súa visita ao Castelo de San Felipe). NESTA OCASIÓN FORON CAMBIANDO O TEMPO ATMOSFÉRICO, REPASANDO DESTE XEITO CONTIDOS DE CIENCIAS SOCIAIS E DIFERENTES FENÓMENOS QUE LLES CHAMARON A SÚA ATENCIÓN. SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DA PERSOA QUE ESTABA AO MANDO MANEXARON O BARCO.

POSTERIORMENTE VISTARON UNHA EXPOSICIÓN DE NUDOS E UNHA COLECIÓN DE PEIXES DA ZONA.

 

PARA O ALUMNADO DE 4º A, OS VAGALUMES, ESTA SAÍDA FOI A ÚLTIMA FASE DAS RECEITAS DE OUTONO, UN DOS PROXECTOS LEVADOS A CABO ESTE TRIMESTRE, NO QUE A REPOSTERÍA E OS SEU INGREDIENTES FOI UN VEHÍCULO PARA MELLORAR NA EXPRESIÓN ESCRITA DE TEXTO INSTRUCTIVOS.

NO CASO DO ALUMNADO DE 3º C TRAS A SAÍDA REALIZARON DIVERSAS REDACIÓNS QUE REMATARON EN LECTURAS.

TERTULIAS DO NICOLÁS. O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

HOXE INICIAMOS AS "TERTULIAS DO NICOLÁS".

 

REPRESENTANTES DE DIFERENTES GRUPOS ACUDIRON Á RADIO ESCOLAR.

 

 

FALARON DO QUE ACONTECEU ESTES DÍAS NA NOSA BIBLIOTECA.

 

CONTARON O QUE FIXERON ANTE TREMENDA SITUACIÓN.

 

E EXPLICARON AS CONSECUENCIAS QUE TEÑEN AS NOSAS ACCIÓNS NO MEDIO AMBIENTE,

NO FUTURO DO PLANETA.

XA VOS IREMOS CONTANDO. 

 

VIDEO USO DOS MARCADORES

XORNAL ESCOLAR 2.015-2.016

PARTES DUNHA NOTICIA

Posted in

APRENDEMOS A ESCRIBIR UNHA CARTA

Posted in

Ola chicas e chicos! Son Percebín. Estou moi ledo porque recibín unha morea de cartas, pero temos un problema... Vexo que moitos non saben como escribilas. Así que decidín pedirlle axuda a Mateo de 6ºA e a Martiño de 4ºB, para que nos expliquen como facelo. Grazas chicos por este excelente traballo. Ollade e escoitade!

Distribuir contido