Skip to main content

LECTURAS

FONDOS NOVIDADES - VEN POLA TÚA LECTURA! #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

 

 

 

 

NOVIDADES FONDOS FEBREIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Novidades en fondos. Ven a coller o teu preferido!

 

 

 

 

 

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS EDUCACIÓN FÍSICA #Lecturascompartidas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de tódolos cursos continúa viaxando semanalmente

coas mochilas de xogos tradicionais, retos e lecturas.

Unha creación do equipo de educación física coa colaboración

da biblioteca escolar para favorecer a vida sá.

 

 

 

 

LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal

 

Familias e alumnado compartindo contos e obradoiros.

Eva Blanco Damota, agasalla ao alumnado con "Punano" 

de Yolanda Castaño e "A vaca que puxo un ovo".

de Andy Cutbill. Posteriormente realizaron un

obradoiro nas salas da biblioteca escolar.

 

 

 

 

NOVOS FONDOS #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Ven coller unha novidade: libro informativo, banda deseñada,

libro de aventuras, poesía, teatro... Unha gran variedade para tódolos

gustos e se queres algo especial, non esquezas deixar a túa

suxerencia na caixa de suxestións.

 

 

 

 

 

 

 

 

FONDOS DÍA DA PAZ #DíadaPaz #VokuntariadonaBE #BibliotecasSolidarias #bescolaresgal #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Exposición de fondos preparada polo voluntariado de biblioteca.

Temos moitos máis! Consúltanos!

 

 

 

 

 

 

BANDA DESEÑADA CON RECOMENDACIÓNS LECTORAS OBRADOIRO #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #UnhaBEenViñetas #mercaencedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Diego Cheda é o autor dunha divertida tira cómica de Nadal,

creada especialmente para nós coas personaxes da nosa biblioteca.

Esta banda deseñada foi entregada a todo o alumnado da escola

para ler, xogar e decorar. Tras dela marchan para a casa as

recomendacións lectoras para as familias. Engadimos un pdf coa

banda en cor e en branco e negro para imprimir e tamén,

as recomendacións. Se clicades na ligazón accederedes tamén

ás recomendacións en Genil.ly que aportan máis información s

obre os libros recomendados. Gracias Diego por estar sempre!

Sumámonos tamén ás compras responsables. Mercade na vila!

 

 

 

 

 

 

 

REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURAS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O trasno da capital de Santiago, de Luisa Villar Liébana,

un dos exemplares que están a ler no club de lectura "Chocolate con libros".

 

 

 

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas

 

As veces só necesitamos tempo, darlles tempo.

Catro grupos cooperativos de segundo prepararon o conto

"Corre, corre cabaciña". A idea era lelo en grupo, organizarse e

preparalo nas horas de ler que necesitaran. A mestra daría

indicacións se o pedían e escoitaría a dramatización sempre

que eles o solicitasen. Cada un foi organizando, tiveron conflictos,

por suposto, uns botaron máis días resolvéndoos que outros, natural,

cada quen xestiona as emocións como sabe, pode ou o contorno llelo permite.

A mestra intercedía para solventalas cando o pedían ou notaba que era

necesario encauzalos. Pero a meirande parte do tempo, a pasaban lendo

e cada vez, aparecía máis dramatización: voces, acenos... e mil ideas para

engalanar a lectura. Estaban lendo para ser escoitados e iso non ten prezo,

é o culmen, o desexado. Aprender a ler con sentido, porque importa o que contamos.

Podedes ver as caras de felicidade, tanto dos que len, como dos que escoitan.




 Tamén un anaco dunha das lecturas que resume nuns

segundos ata onde poden chegar dándolles tempo e certa liberdade.

Parabéns rapazada!

Ao rematar, ensínanlles o obxecto que acompaña ao conto, unha casa de

cabaza con boneco e camiña incluída, todo en tecidos naturais da artesá Carmen Lorenzo.

Por suposto, para xogar!

 

 

 

 

 

NOVIDADES EN FONDOS 25N #nonhaiexcusa #25N #bescolaresgal #igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" tedes a vosa disposición os

libros de Menstruita, o proxecto de educación sexual de Cristina Torrón.

 

 

 

LER E DRAMATIZAR #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

En ocasións, tan só chega con ser un bo observador ou observadora.

Un día de choiva, tempo de lecer, unha rapaza colle un libro para ler

en voz alta, outros/as xogan a representar o que se escoita. Elas xogan,

pero a realidade é que reforzan lectura, melloran entonación,

avanzan na comprensión lectora... e un sinfín de habilidades,

sen tan sequera ser conscientes.

Aprender xogando, un pracer, un dereito, o mellor nunha maña escura.

 

 

 

 

 

 

 

NOVIDADES EN FONDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Novembro chegou cheo de novidades!

Pasa pola biblioteca, na hora do recreo,

co teu titor ou titora en calquera sesión,

polas tardes de 4 a 5 acompañado dun adulto

(salvo os martes)... e colle o teu libro favorito.

Estamos seguras que hai un libro esperando por ti!

Recordade que hai empréstito de xogos de mesa

e cd de música e dvd de películas.





 

 

 

PREPARANDO LECTURAS COMPARTIDAS #EnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ler con sentido, para agradar, para facer rir ou chorar, para que che escoiten...

Preparando historias para contar.

 

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A hora de ler é unha actividade imprescindible, dinámica e diversa,

pode desenvolverse en múltiples espazos, con diversidade

de textos, a calquera idade, pode ser individual, compartida...

O importante é brindarlles unha boa selección e que sexa

comprendida polo lector ou que teña outra

persoa que lle tenda unha ponte para interpretala.

 

 

 

 

 

RECREOS NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Así de ben o pasamos nos recreos na biblio!

 

 

 

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado dos Club de Lecturas "Chocolate con libros"

despide este curso cunha última sesión, moi doce e veraniega,

praia, lectura e xeado de chocolate! Umm, que rico!

 

 

 

 

"LECTURA E FAMILIAS" CON ANTÓN CORTIZAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE

O 31 de maio foi un día para xogar coas palabras,

as de Antón Cortizas, mestre (xubilado) pero coa mesma alma,

escritor dunha manchea de libros e gran defensor do xogo tradicional,

ese que realizamos co corpo, coas verbas,

con moita imaxinación e algún material de refugallo.

Pola mañá, o alumnado de 4 anos realizou actividades ao redor do conto

"Sopra por este furadiño" e o de 5 ao redor de "Os dez animais".

Pola tarde, portas abertas a tódalas familias para ferrallar

e recuperar o xogo tradicional, unha tarde de creación extraordinaria.

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN #RecomendaciónsLectoras #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xa podedes encher a bolsa da praia de fermosas

lecturas e viaxar a calquera tempo ou calquera lugar.

Estas son as nosas recomendacións lectoras para este verán!

CONTACONTOS INTERNIVEIS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nesta ocasión Julia, Analú e Xabier tiñan preparado un contacontos

para o alumnado de tres anos, pero apareceu un grupo de primeiro

para ensaiar teatro. Como vos anfitrións os convidaron, e o grupo duplicouse,

pero esta rapazada xa ten táboas e soubo facerse con todos,

enganchalos e levalos a "Contín, Contón", un libro de Antón Cortizas,

ilustrado por Leandro Lamas.

Canto disfrutaron, rapazada e mestras!

 

 

 

 

 

Distribuir contido