Título | Resumo |
---|---|
ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral, están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse... o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas. Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar, pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.
|
OBRADOIRO DE MANTECADOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
No proxecto sobre a vila de Cedeira tamén se cociña. Saray e Jessy axudáronnos a facer uns mantecados típicos da nosa vila. Foi unha mañá na que mesturamos, pesamos, esprememos, remexemos, batuxamos, divertímonos e cociñamos algo moi doce, os mellores lazos de amizade. Tamén fixemos un marcapáxinas coa receita e o puxemos ben bonito para levar e merendar. Gracias ás familias por formar parte da vida na escola!
|
Día de Rosalía #DíaDeRosalía24 #Cedeira #poéticasdiversas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Conmemoramos o día de Rosalia de Castro de formas moi diferentes, aquí tedes todas as acividades que fixemos. |
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - 5 ANOS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS 1º #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
REUNIÓN CLÍA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha nova xuntanza moi produtiva. Conversaron das sensacións na visita ao Parlamento, escolleron entre varias propostas que poden incidir na calidade da vida na vila. A súa responsabilidade é moi alta, pois eles e elas teñen moito que dicir da vida cultural, medioambiental, de saúde... na nosa vila. Neste Clía tamén escolleron o nome que levará este organismo, pero que desvelaremos nunha próxima publicación. Un tempo e un espazo máis que aproveitado!
|
NOVIDADES FONDOS FEBREIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Novidades en fondos. Ven a coller o teu preferido!
|
8 M - RAQUEL FREIRE LÓPEZ #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Este curso as mulleres cedeiresas que destacan no deporte son as nosas protagonistas do 8 M. Raquel Freire López, destaca no remo e estivo conversando co alumnado de quinto A. Así souberon que comezou con trece anos, e aínda que tivo un parón de vinte, xa voltou adestrar. Amosoulles diversas medallas e descubriron diversos termos relacionados co remo que descoñecían: ciar, couple, en punta... Ademáis ensinoulles que para ser unha boa deportista, tes que ser boa compañeira pero tamén unha boa rival na competición. Os logros adquírense con moita constancia e perseverancia, temos que superarnos a nós mesmos. Valores, esforzo e constancia!
|
8 M - RADIO EXPERIMENTAL #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
OBRADOIRO ACUARELAS - DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - INFANTIL #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - PRIMARIA #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DigiCraf #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
RECEITA E PIZZAS! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Hoxe recibimos a visita de Olga, Antonio e Jana que axudaron a preparar unhas riquíimas pizzas. O alumnado de segundo ,en tres grupos, foi pasando polas diversas actividades: primeiro visionaron un vídeo de Telmo e Lula na que indican a elaboración, despois escribiron nunha receita os ingredientes e o proceso e xa para finalizar realizaron a pizza. O mellor facelas xuntos e comelas quentiñas na merenda!
|
FONDOS POESÍA ESCÉNICA #Cedeira #dinamizaciónlinguagalegaCandieira #poesía #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Este curso unha das actividades intercentros na que participaremos co alumnado do Ies Punta Candieira é a Poesía Escénica. Hai moito alumnado preparando xa a escenificación das poesías, uns inventando coa axuda do profesorado, outros buscando nos fondos da biblioteca escolar... Para facilitar un pouco a busca, deixamos no faro unha pequena mostra. Ante calquera dúbida preguntade ao profesorado de biblioteca ou ao voluntariado escolar. Nestes días ampliaremos fondos poéticos. Moito ánimo a tódolos participantes e grazas ao profesorado do Ies por contar sempre conosco!
|
8 M - MÓNICA E PAMELA LAFUENTE AGRASAR - MULLERES DEPORTISTAS #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Hoxe a Radio Experimental tivo a visita de dúas fenómenas do deporte. Valeria, Jimena, Carla e Zulema foron as reporteiras que documentaron todos os datos aportados por estas deportista. Elas traballan e estudan en Apader. Adican parte do seu tempo a entrenar duro, con esforzo e constancia, que é como se consiguen as cousas. Foi unha experiencia fermosa tanto para os Vagalumes como para Mónica e Pamela, que viviron en primeira persoa o simulacro de incendios que sucedeu mentres mantíñamos unha animada conversa na aula. Gracias por ensinarnos tanto Pamela e Mónica!
|
MÚSICA, DANZA MEDIEVAL E CASTELOS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro das actividades de investigación do proxecto sobre Cedeira a música e o baile lévannos ao mundo medieval, onde profundizamos nos castelos como o noso, o da Concepción. O realizamos coa axuda do alumnado de 1º de Bach. de Artes Escénicas e da súa profe Zeltia. Unha experiencia emocionante para o alumnado de 4 anos de Educación Infantil. Gracias rapazada! Engadimos pdf da presentación debaixo.
|
8 M - HILDA MARTÍNEZ LÓPEZ - MULLERES DEPORTISTAS #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
A muller que dará nome a un espazo é unha muller grande por fóra e por dentro. O alumnado de sexto A entrevista a Hilda Martínez López!
|
8 M - ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Dentro das actividades deseñadas para conmemorar o Día da Muller, o mirar de fronte e reflexionar é máis que necesario.
Propónse unha actividade onde se lle pide á rapazada que divida o folio en dous e copien e lean unhas palabras, que podedes ver nas fotografías. Posteriormente, se lles di que debuxen unha persoa en cada espazo. Temos aquí os resultados. Está claro que hai moito que traballar e conversar, escoitar e reflexionar foi a segunda parte da actividade. Actividade inspirada pola mestra @la.clase.de.lore
|
8 M - OBRADOIRO #8M #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
CONTACONTOS CON LUCÍA - MARIE CURIE #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
|
UN ACIVRAL PARA A INFANCIA - 9 M DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Vintecatro acivros chegaron ás mans da rapazada, un agasallo de Rafael López Loureiro (mestre en xúbilo) e o Concello de Cedeira, son vintecatro seres vivos que teremos que coidar con dozura e esmero, para transplantalos en xuño na 1ª Xornada das Árbores Nosas, coincidindo coa data do Día Mundial do Medio Ambiente. Unha encarga de responsabilidade coa nosa flora. Ampliamos información a través do blog "Ao Noroeste do Noroeste" de Rafa (Calel)
Nós, esperamos á rapazada este próximo luns, para continuar coñecendo e gozando da natureza neste obradoiro no recreo.
|
A BIBLIOTECA DENTRO DA BIBLIOTECA #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As veces, hai momentos coma este, para gardar nunha caixiña e recordar. A creatividade, imaxinación e inocencia da rapazada imitando o traballo dos adultos. Parabéns! Aquí a caixiña para gardar!
|
DÍA DO NATURALISMO GALEGO - ACUARELAS E FAUNA #RafaelLopezLoureiro #Rampla #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Entre outras actividades para conmemorar o 9 de Marzo, Día do Naturalismo Galego, o alumnado gozou dun obradoiro de acuarelas con láminas do caderno de campo da lagoa da Frouxeira. Unha publicación editada polo colectivo Rampla con debuxos e textos do ilustrador Adrián Taracido Fernández, que afonda no coñecemento da fauna da lagoa.
Recordade que este venres 15 podedes acudir á presentación do libro “Martín Sarmiento O primeiro naturalista” de Rafael López Loureiro.
|
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #BibliotecaCreativa #Radionabiblio #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »