Skip to main content

ÁLBUM CROMOS FLORA E FAUNA DA CONTORNA - PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Un soño cumprido! O proxecto documental sobre a flora e fauna

da nosa contorna merecía un produto final divertido, pero á

mesma vez rigoroso. Contamos coa colaboración de Rafael López Loureiro,

naturalista e mestre xubilado da nosa escola, que aportou as fotografías e

documentación sempre que o necesitamos. O Concello de Cedeira subvencionou

as impresións do álbum. A equipa da biblioteca "Carlos Labraña" xunto con

Carmen Lorenzo, parouse na escolla das especies, nos textos... E Akelarre

deulle forma e deseño baixo as pautas acordadas. Un traballo intenso e inmenso,

froito da colaboración de varios axentes sociais, para obter ilusión por aprender.

Esta é unha das reaccións dunha aula ao atoparse con inmellorable sorpresa.

Durante estes días iredes vendo moitas máis.

Agradecer a colaboración de todos e cada un dos participantes.

Esta rapazada leva un curso somerxido no estudo da fauna e da flora.

Coñece, sabe describir e identificar a meirande parte das especies que saen no álbum.

Rematado o proxecto levará este álbum para compartir coa súa familia

e transmitir, compartir o aprendido. Poderá espallar cultura naturalista!!