Título | Resumo |
---|---|
Proxecto SuperReto Digicraft #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA |
O alumnado de 5º de E.P. participante en Digicraft realizou un proxecto interdisciplinar que vos queren amosar. Viaxaron polo espazo na procura de recursos sostibles e atoparon un planeta novo moi especial.
|
CONTACONTOS INTERNIVEIS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión Julia, Analú e Xabier tiñan preparado un contacontos para o alumnado de tres anos, pero apareceu un grupo de primeiro para ensaiar teatro. Como vos anfitrións os convidaron, e o grupo duplicouse, pero esta rapazada xa ten táboas e soubo facerse con todos, enganchalos e levalos a "Contín, Contón", un libro de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas. Canto disfrutaron, rapazada e mestras!
|
AVALIACIÓN VOLUNTARIADO 2022 2023 #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CADERNO DE CAMPO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Un dos productos finais do proxecto "Aprendendo, naturalmente!" é a creación dun caderno de campo en tódalas aulas. O alumnado de primeiro continúa traballando e aprendendo no seu.
|
ARCE - PAXARIÑOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #arce |
Arce, a Asociación Amiga dos Ríos, de Cedeira achéganos un traballo fermoso realizado cos paxariños da nosa vila. Un caderno que será unha guía magnífica nas vindeiras saída e rutas que hai planexadas. Cantos anduriñas veremos? E o carrizo? Estade atentos con este libro seremos quen de identificar a moitas aves, ás nosas, ás que forman parte da nosa fauna. Gracias Arce por tan inmenso traballo!
|
OBRADOIROS EN FAMILIA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE |
Toda a comunidade escolar quedades convidados aos obradoiros, que dentro do programa "Lectura e familias", levará a cabo Antón Cortizas. Serán na biblioteca escolar o mércores 31 de maio, ás 17:30 h. Esta actividade pertence ao programa "Lectura e familias" da Asesoria de Bibliotecas Escolares de Galicia.
|
EU O TEÑO UN REPE! CAMBIANDO CROMOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado continúa gozando do álbum de cromos. Nesta ocasión, 2º de primaria, disfruta do cambio de cromos, pois podes ter un repetido e se queres avanzar hai que cambiar. Namentres, seguen empapándose da información que aportan as imaxes e a lectura.
Un documento informativo da diversidade da nosa contorna. Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro (aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
RAP A ROSALÍA, NA RADIO DO IES CON PAULO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos. Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía. Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas, pois tamén foi un novo achegamento a un espazo, no que en breves estará este alumnado. Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!
|
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado dos Club de Lecturas "Chocolate con libros" despide este curso cunha última sesión, moi doce e veraniega, praia, lectura e xeado de chocolate! Umm, que rico!
|
XORNADA DE CONVIVENCIA E DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despedimos o curso escolar cunha xornada de convivencia entre o voluntariado escolar, as súas familias e o profesorado do Ceip Nicolás del Río. Un intre para conversar, valorar e felicitar polo traballo ben feito. Parabéns rapazada!
|
XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR #arte # teatro bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña |
Este 16 de xuño ven ás xornadas de teatro escolar.
|
FORMULARIO AVALIACIÓN CLUB LECTURAS 3º E 4º #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
SAÍDA DIDÁCTICA AQUARIO E MUSEO DAS CIENCIAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 1º realiza unha saída na que recollen información para o PDI, sobre a fauna dos nosos mares.
|
O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5 anos A leva xa varias representacións de "O casamento do piollo e a pulga", unha fábula popular adaptada por Pepe Carreño. Esta é unha rapazada pequecha pero moi grande en expresión. Comezaron pouco a pouco coa decoración, ensaios... e máis ensaios, axudando a confeccionar o vestiario, facendo e repartindo as invitacións e finalmente a representar. Aínda teñen pendentes varias funcións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada! O alumnado de 5 anos A leva a escea "O casamento do piollo e a pulga", Un traballo de equipo! Parabéns rapazada!!
|
ESTREA TEATRO NO AUDITORIO #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estrea no Auditorio das Xornadas de Teatro Escolar.
|
BACKSTAGE E ESTREA DA CURTOMETRAXE #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 12 de xuño toda a escola navegou ata o Auditorio de Cedeira ver a estrea de Navegantes, a curtometraxe dirixida por Alicia Freire Vera para o alumnado voluntario. Algunha desta rapazada xa asistira coas súas familias á estrea, por este motivo Alicia decidiu facer un backstage, con algunhas das tomas que non se usaron durante tantas horas de grabacións. Hoxe o compartimos con todos vos, primeiro o backstage e despois a versión orixinal corrixida e o backstage xusto detrás. Collede asento!
|
NAVEGANTES FOTOGRAFÍA LUISA PACHECO #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O día da estrea de Navegantes contamos coa presencia de Luisa Pacheco Painceira, que inmortalizou os momentos máis emblemáticos da estrea. Colgamos aquí un pequeno collage, pásanos tamén Luisa e Alicia un ficheiro zip, para compartir coa comunidade educativa para que, quen o desexe, manteña ese recordo. Gracias Luisa Pacheco Painceira por atrapar a felicidade!
|
PISANDO O ESCENARIO CON TRES ANOS! TEATRO #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ser pequeno non é un inconvinte para pisar forte. O alumnado de tres anos deleitounos coas seguintes cancións dramatizadas:"A vaca Lola", "El cocodrilo se metió en la cueva", "Yo tengo una casita" y "El cocodrilo Dante". Todo isto na aula de teatro da escola! Arte, expresión corporal, ritmo, música e ilusión a raudales! Mil parabéns rapazada!! Sodes inmens@s!
|
VÍDEO DA OBRA - PETER. O MUSICAL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
BIBLIOTECA HUMANA - MEY LIN APAC RIVERA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O pasado 28 de maio celebramos unha xornada da Biblioteca Humana con Mey Lin Apac Rivera, co seu libro "Caminos para reconocer tu título universitario". Atracou na nosa biblioteca da man da súa autora.
Historia que perdurará en audio, no noso catálogo Meiga, para escoitar sempre que se desexe. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes. Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo. Hoxe podemos compartir o seu libro con todos vos! Agasallando verbas!
|
CADERNO DE CAMPO - 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos remata o seu caderno de campo, un dos produtos finais do noso proxecto documental integrado, sobre a flora e a fauna da nosa contorna. Parabéns a estes pequenos naturalistas!
|
BENVIDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
COMEZAMOS CON NOVIDADES EN FONDOS! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasa pola biblioteca a escoller a túa lectura! Hai un libro esperando por ti!
|
PROVOCACIÓN AO XOGO "OUTONO" #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podedes acudir a unha nova provocación no espazo argalleiro, unha mesa de xogo, con materiais naturais e xoguetes de madeira para crear, inventar, imaxinar...
Algúns elementos como os froitos secos son utilizados baixo a supervisión do profesorado, pois non poden estar presentes con todo o alumnado para evitar alerxias.
Recordade seguir as normas de uso.
Se queredes investigar sobre este tipo de xogo con materiais naturais e pezas soltas, nesta ligazón tedes unha referente: https://www.mamaextraterrestre.com/blog/
|
GRUPOS INTERACTIVOS DE XOGOS #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Comenzan os grupos interactivos, primeiro con dúas profes e temática lúdica. En breves, coas familias que desexen acompañarnos este curso.
Fixemos unha construción floral para despedir ao verán, atamos zapatos e outros broches, fixemos orbits e agochamos bichiños que tivemos que atopar e logo sen mirar escribir os nomes e cantidades, pintamos as unllas e deixamos que nolas pintaran, fixemos un mundo natural de outono para darlle a benvida.
Tedes máis información sobre os grupos interactivos nestas ligazóns: Os primeiros interactivos da escola: https://www.youtube.com/watch?v=MTGMTj9JocU Ramón Flecha. Grupos interactivos: https://www.youtube.com/watch?v=BlovbmPSn3c
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- seguinte ›
- última »