Título | Resumo |
---|---|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN #RecomendaciónsLectoras #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podedes encher a bolsa da praia de fermosas lecturas e viaxar a calquera tempo ou calquera lugar. Estas son as nosas recomendacións lectoras para este verán! |
PREMIO AO VOLUNTARIADO ESCOLAR #voluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ledos de compartir coa comunidade educativa a noticia de que o voluntariado escolar resultou premiado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Moitos parabéns rapazada! Sodes inmensos!
|
"LECTURA E FAMILIAS" CON ANTÓN CORTIZAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE |
O 31 de maio foi un día para xogar coas palabras, as de Antón Cortizas, mestre (xubilado) pero coa mesma alma, escritor dunha manchea de libros e gran defensor do xogo tradicional, ese que realizamos co corpo, coas verbas, con moita imaxinación e algún material de refugallo. Pola mañá, o alumnado de 4 anos realizou actividades ao redor do conto "Sopra por este furadiño" e o de 5 ao redor de "Os dez animais". Pola tarde, portas abertas a tódalas familias para ferrallar e recuperar o xogo tradicional, unha tarde de creación extraordinaria.
|
RAP A ROSALÍA, NA RADIO DO IES CON PAULO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos. Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía. Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas, pois tamén foi un novo achegamento a un espazo, no que en breves estará este alumnado. Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!
|
NAVEGANTES #voluntariadonaBE #AliciaFreire #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ledos de compartir coa comunidade educativa, que onte non colleu no Auditorio, o filme de Alicia Freire e a rapazada do voluntariado escolar, esas mociñas e mociños que agasallan co seu tempo libre a outro alumnado. Convidando a ler, organizando andeis, aconsellando xogos, lecturas, axudando a investigar... Gracias Alicia, por ser como es, unha artista de pes a cabeza pero cunha sensibilidade especial. Fuches quen de escoitar á rapazada e facer que a súa palabra tomase decisións! Parabéns por esta fermosa curtametraxe! Preparade panos!
|
XORNADA DE CONVIVENCIA E DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despedimos o curso escolar cunha xornada de convivencia entre o voluntariado escolar, as súas familias e o profesorado do Ceip Nicolás del Río. Un intre para conversar, valorar e felicitar polo traballo ben feito. Parabéns rapazada!
|
OBRADOIROS PREMIO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 7 de xuño o voluntariado escolar gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Hoxe foron os grupos de 3º, 4º e 5º. O día 12 o farán os de 6º. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados. Aquí unha mostra do seu traballo!
|
ESPECTANTES! OVOS DE BICHO PALO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado espera espectante o nacemento dos bichos palos. Por agora, adican o tempo a crear o ambiente para axeitado para os ovos. Moita humidade e moita calor, día a día ollan, esperando o su nacemento.
|
OS GAITEIROS DE HAMELÍN #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña |
A compañía de teatro "Os Vagalumes" de 1º C, presentan a súa peza teatral "Os gaiteiros de Hamelín", escrita por Carlos Labraña. Durante un curso escolar estiveron traballando xuntos, realizaron o atrezzo e os disfraces, nos grupos interactivos con familias, e o 16 de xuño queren compartir con todos vos o resultado. Quedades convidados/as!
|
CREAMOS UNHA BRÚXULA #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de sexto crea un compás caseiro, para ver a diferencia entre os polos xeograficos e os polos magnéticos da Terra. Coñecer como funciona o planeta debido ao núcleo como un gran imán. E ademáis, como se poñen todos os compases alineados cara á mesma dirección, a pesar de facelos rotar, xiralos etc. Fixeron hipóteses de que pasaría si estivesen nun dos polos xeograficos para onde marcaria ou daria voltas... Converteron unha agulla por magnetismo inducido en compás.
|
ÁLBUM E CROMOS 5 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O álbum e os cromos son un verdadeiro xoguete/producto final
para investigar. Hoxe o alumnado de 5 anos, recibe outro sobre e
intercambian cromos. Ollan as fotografías e coa axuda da súa profe,
len a información. Conversan sobre o que saben, o que non sabían,
xorden novas preguntas que hai que resolver nos libros,
na biblioteca, indagando para aprender.
Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro
(aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou),
o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
![]() ![]() |
O MAQUINISTA ANTÓN #teatro #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 4º de primaria dramatiza por grupos diferentes escenas do "Maquinista Antón", unha pequena obra que trae o libro de galego. Están todos e todas moi emocionados!
|
ESTREANDO O CADERNO DE CAMPO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Despois de rematar a creación do caderno de campo, na aplicación Canva, o alumnado de sexto fai unha saída á Praia da Magdalena e o estrea!
|
FOTOGRAFÍA CON ALICIA #voluntariadonaBE #AliciaFreire #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Outra das actividades que tivo que aprender o voluntariado, nos obradoiros de Alcia Freire, foi aprender a usar a cámara fotográfica e coñecer os diferentes encadres. Estas fotografías que imos amosar son feitas pola rapaza. Parece que non están nada mal. Xa temos uns pequenos e pequenas fotógrafos/as en potencia! Engádese ficheiro zip, por se alguén quere imprimir a súa. Parabéns rapazada! |
CONTACONTOS O GRÚFALO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Karen e Amaya cóntanlle a 4 anos "O Grúfalo". Lecturas e familias. Biblioteca Humana/Polos Creativos.
|
FORMULARIO AVALIACIÓN CLUB LECTURAS 5º E 6º #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PETER. O MUSICAL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5 anos A leva xa varias representacións de "O casamento do piollo e a pulga", unha fábula popular adaptada por Pepe Carreño. Esta é unha rapazada pequecha pero moi grande en expresión. Comezaron pouco a pouco coa decoración, ensaios... e máis ensaios, axudando a confeccionar o vestiario, facendo e repartindo as invitacións e finalmente a representar. Aínda teñen pendentes varias funcións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada! O alumnado de 5 anos A leva a escea "O casamento do piollo e a pulga", Un traballo de equipo! Parabéns rapazada!!
|
FESTA DA AUGA E DOS CONTOS #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
En agradecemento aos contacontos da rapazada de 5°, o alumnado de 3 anos os convida á súa festa da auga. Que ben o pasaron, e que ben o pasamos vendoos desfrutar xuntos!
|
NAVEGANTES FOTOGRAFÍA LUISA PACHECO #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O día da estrea de Navegantes contamos coa presencia de Luisa Pacheco Painceira, que inmortalizou os momentos máis emblemáticos da estrea. Colgamos aquí un pequeno collage, pásanos tamén Luisa e Alicia un ficheiro zip, para compartir coa comunidade educativa para que, quen o desexe, manteña ese recordo. Gracias Luisa Pacheco Painceira por atrapar a felicidade!
|
ATREZZO NOS GRUPOS INTERACTIVOS #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
XINCANA COAS FAMILIAS PRAIA DA MAGDALENA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
A piques de rematar o curso gozamos dunha xincana sobre o noso PDI, pola praia e coas familias. En grupos de 3 ou 4 nenas e nenos, cun adulto responsable, reunímonos na biblioteca para explicar as probas do padlet. Unha aplicación coa que queremos experimentar. Os adultos levaban un móbil e, compartida a ligazón, obtiñan as 13 probas propostas. Probas de busca, de creacion con cunchas, identificación, escoita de sons, escritura, xogo, mapas, baño, recollida de lixo e invasoras... Dende o móbil, gravaban sons ou fotografaban as actividadades. Para ser o noso primeiro intento, todos o fixeron moi ben. Quen non foi quen de mandalo ao padlet o fixo por medio dun Whatsapp. O mellor foi a convivencia, o respecto, o pasar unha mañá xuntos. Amosamos o resultado no PADLET.
Se non o ves ben, podes acceder clicando aquí!
E animarte a facela xincana.
|
VÍDEO DA OBRA - PETER. O MUSICAL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO CASTELOS - 4 ANOS #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este trimestre o alumnado de catro anos estivo inmerso nun proxecto sobre os castelos, este é o seu produto final, un fermoso libro de lapelas!
|
CADERNO DE CAMPO - 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos remata o seu caderno de campo, un dos produtos finais do noso proxecto documental integrado, sobre a flora e a fauna da nosa contorna. Parabéns a estes pequenos naturalistas!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- seguinte ›
- última »