Título | Resumo |
---|---|
IMPRESORA 3D #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ILUSTRANDO A LUISA #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #Radionabiblio #bescolaresgalabertas |
Os recursos da biblioteca proporcionan unha oportunidade motivadora para profundizar no coñecemento da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Luisa Villalta, as portadas das súas obras e o seu violino son percorridos por decenas de ollos ávidos de coñecemento, son radiografíados para logo as mans tenras e cheas de saber do noso alumnado, tracen liñas e curvas, repasen e den cor; ata conseguir trasladar cada recodo que permanece nas súas mentes. Logo fotografían os debuxos coas cámaras dos ipads e as pasan á aplicación "Animated Drawings" para darlles vida ás personaxes. Luisa baila, salta, corre e o mesmo fai o seu violino e as súas obras movéndose todas a un compás que só ela podía conseguir.
|
ANÁFORA #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xogar coas palabras é un pracer e se podemos construír xuntos é maior. Utilizando o recurso literario da anáfora o alumnado realiza un traballo de expresión escrita en lingua galega, onde brincan coas verbas ata conseguir unha estrofa. A premisa é inspirarse en Luisa Villalta, quen era, que fixo, cales eran as súas paixóns...
Realizan o exercicio en grupos cooperativos de catro persoas, nos espazos da biblioteca escolar incluído o xardín lector.
|
PROXECTO DE ENXEÑERÍA #BibliotecaCreativa #PolosCreativos #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os equipos de enxeñeir@ construen un barco e unha ponte levadiza cun sensor de movemento. Cando chega o barco sube, e logo volve á súa posición. Un proxecto que da moito que pensar! Parabéns á rapazada e ao seu guía!
|
VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro, neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario. Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo, o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores. Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo e cambiante, nesta obra de cinco actos. Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos, cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...
|
BANDA DE GAITAS - RADIOS ESCOLARES #Radionabiblio #bibliotecacreativa #IesPuntaCandieira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro do proxecto "Música, Maestro" temos diversas gravacións,
unha delas é a da Banda de Gaitas Robaleira! Aquí temos un pequeno
anaco do seu paso. Unha experiencia compartida coa radio do Ies Punta Candieira.
O alumnado tamén aproveitou a visita para coñecer as instalación dos
Ciclos de Formación Profesional e, por suposto, a cafetería!
Agradecer tanto aos informantes da Banda de Gaitas como ao profesorado do Ies,
polo seu recibimento e compartir actividades de tanta importancia.
|
FONDOS NOVIDADES - VEN POLA TÚA LECTURA! #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
XOGOS DE MESA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Nesta ocasión Shaila e Adrián ofreceron ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos! Aquí a primeira sesión.
|
PLANTAMOS NA HORTA #FamiliasnaBE #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A rapazada de 2B foi á Horta acompañados da familia de Dylan para plantar clabacins, tomates, amorodos e caraixons. Xa comezan a medrar os primeiros amorodos e esperamos recolectalos en poucos días.
|
CÓMICS DE TERROR #bescolaresgal #UnhaBEenViñetas #bescolaresgalabertas |
Xa podedes coller na biblioteca o "Cómic de terror" deseñado polo alumnado de tres anos a sexto de primaria. Son un conxunto de historias de medo creadas con moita imaxinación e acompañadas dunhas ilustracións fermosas. Neste ano no que o leva elixido é, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que pretende poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular, dicidimos amosar unha destas posibilidades.
|
XERMINACIÓN CON SEMENTES DA ESCOLA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Continuando co proxecto das plantas que o alumnado de quinto comezou no primeiro trimestre, no que traballaron diferentes modos de xerminación. No Samaín plantaron as sementes secas e posteriormente hidratada e aquí teñen as súas primeiras flores. Despois de seguir os procesos do método científico, agora comezan a analizar os datos e sacar conclusións.
|
MARI LUZ - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión tivemos a visita de Mari Luz Lorenzo, unha persoa que adora a música, o baile, a tradición. Unha muller inmensamente formada e documentada que veu amosarlle á rapazada cancións de xogo e bailes. Ollaron fotografías e se sorprenderon ao ver a familiares seus de nenos/as nelas, e tamén escoitaron música en radio cassette (moi común para moitos de nós, pero tan descoñecido para eles) esas voces que escoitaron teñen máis de cen anos e son parte da documentación que Mari luz tenta transmitirnos a través da música, do canto e do baile. Unha tradición oral que nestes días temos o pracer de gozar e recoller, para nunca esquecer. Gracias Mari Luz!
|
AÍ VÉN O MAIO #Radionabiblio #bibliotecacreativa #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecer ao alumnado de 3 anos e ás familias que crearon o Maio.
|
EXPERIMENTANDO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
LECTURAS INTERNIVEIS #LecturasCompartidas #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #igualdade #bescolaresgalabertas |
|
TRABALLANDO NA HORTA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto prepara o bancal e planta sementes de melóns e cabazas.
|
FESTA PIRATA NA FEIRA DOS LIBROS |
|
CONTOS DO CAMIÑO E OUTRAS HISTORIAS |
Se che gustaron os contos do camiño, preme aquí para ver moitos mais |
CUENTOS |
|
V FEIRA DOS LIBROS |
MARTES 19 INAUGURACIÓN DA V FEIRA DOS LIBROS Non vos perdades esta Feira dos libros. Estade atentos porque semana a semana iremos anunciando o programa de cada martes. Horario: os martes de 17 a 18:30 horas. |
GUÍA DE LECTURAS DOS XOGOS OLÍMPICOS |
|
SOLIDARIEDADE NA BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA |
A SOLIDARIEDADE INUNDOU O IES PUNTA CANDIEIRA CUN "MERCADILLO" SOLIDARIO A PROL DOS REFUXIADOS, ACTIVIDADE PROMOVIDA POLA BIBLIOTECA E QUE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA. RECIBIRON MOITÍSIMAS DOAZÓNS DE LIBROS E PELÍCULAS, XOGOS... E AQUELAS DESTINADAS A UN PÚBLICO MÁIS INFANTIL DECIDIRON ACHEGALAS Á NOSA BIBLIOTECA. MOITAS GRAZAS! E NORABOA!!! |
ÁLBUM DA INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA | |
EN MARZO CHEGA A PRIMAVERA, CANTÁMOSLLE? |
A PRIMAVERA ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR, ÍMOSLLE CANTAR!!!
MIRADE QUE BEN O FIXO GUADI GALEGO O CURSO PASADO NO NOSO COLE COAS SÚAS CANCIÓNS PARA AS FLORES |
COREOGRAFÍA "A BIBLIOTECA" |
OS EQUIPOS DAS BIBLIOTECAS DE CEDEIRA ESTAMOS PREPARANDO UN VÍDEO MUSICAL CON TODOS OS NOSOS QUERIDOS LECTORES E LECTORAS COMO PROTAGONISTAS. A BAILAR! PINCHADE NA IMAXE PARA APRENDER A COREOGRAFÍA PREPARADA POR IVANA. COREOGRAFÍA "A BIBLIOTECA" copia from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »