Título | Resumo |
---|---|
Coidemos o planeta! |
Estes días as aulas de sexto tiveron unha visita moi especial: viñeron ao cole unha bióloga e unha mariscadora para falarnos da limpeza de praias que están levando a cabo na nosa zona. Contáronnos que están atopando moito plástico e lixo por iso é moi importante que todos e todas colaboremos para coidar o planeta e conseguir así un mundo mellor. Con xestos simples comas as 3R (reducir, reutilizar e reciclar) podemos poñer o noso pequeno gran de area!
|
DÍA DA ILUSTRACIÓN |
A ilustración é un medio de comunicación, dende a Prehistoria ven agasallando con datos sobre a forma de vida, gustos, talentos... e hoxe, na era Covid é un medio para coñecer e expresar o noso estado de ánimo e deixar saír todo o que temos dentro.
A ilustración na vida non se pode conmemorar nun día, está presente permanentemente, pero os Vagalumes de 1º C quixeron afondar máis no seu coñecemento.
Escolleron un libro: "Alén. A arte de explorar" de Lièbana Goñi, que ademáis de contar unha fermosa historia, ten unhas ilustracións magníficas e nas súas follas podes atopar retallos de moitas obras de arte. A busca de estas obras e o debate sobre o conto, fixo que foran conscientes de que elas e eles tamén son ilustradores cotiás e por que non replicar esas obras? E nesas están!
Ademáis, están creando quebracabezas das obras traballadas no espazo argalleiro da biblioteca creativa. Esta é a primeira remesa. Pódese cambiar o número de pezas, o fondo... A xogar!!
CLICA EN CADA OBRA: AUTORRETRATO CON MONOS - FRIDA KAHLO A PERSISTENCIA DA MEMORIA - SALVADOR DALÍ LABIRINTO - LEONORA CARRINGTON MATERIAL CREADO PARA USO DO PROFESORADO:
|
O voluntariado non descansa! |
A biblioteca non descansa e, a rapazada que forma parte do voluntariado tampouco!
Estes días os nosos voluntarios e voluntarias están inmersos/as en colocar os novos fondos (hai cousas ben chulas!) que se están a incorporar e que xa empezan a encher os andeis das salas!
E ademáis, están organizando o espazo de robótica! Teñen aínda cousas que colocar (algunhas levan tempo coma as pezas do Lego WeDo...) pero en breves todas as aulas poderán empezar a pasar por este espazo! |
A biblioteca entra nas aulas! |
Neste caso, a rapazada de 3 anos A está empezando a traballar sobre os dinosaurios e, no seu recuncho do proxecto, teñen unha pequena selección de libros informativos, contos e materiais da biblioteca cós que desfrutan un montón e se inician na búsqueda de información e no marabilloso mundo das letras! |
O Coronadiario |
A semana do 8 ao 12 de marzo conmemórase a Semana da Prensa e, o voluntariado da biblioteca participou creando esta exposición que vos ensinamos hoxe. Concretamente, traballaron con prensa escrita escollendo en diferentes xornais novas destacadas relacionadas có coronavirus, a vacinación, o traballo dos sanitarios... |
Día Mundial do Teatro |
O día 27 de marzo celébrase o "Día Mundial do Teatro". Con moita ilusión creamos unha nova aula de teatro na que levamos traballando un tempo, na que tamén elaboramos un teatro de sombras. Seguindo os consellos e orientacións de Quique Vázquez, que nos axudou con toda a parte técnica, acabamos de estrear a aula coa obra: "A toupiña que non sabía quen lle puxera aquilo na cabeza", interpretada por mestres do noso centro!!! Nos vindeiros días haberá máis actuacións, tanto de teatro como de teatro de sombras. |
BOOKFACE NO DÍA DO LIBRO 2021 |
Unha das actividades propostas para o Día do Libro foi a realización de BOOKFACES, que podían facer nas casas, clases, biblioteca, etc... Preme aquí nesta ligazón para acceder a todas as fotos enviadas por familias e mestres. No caso de faltar algunha prégase enviar un mail a biblio.nicolas.del.rio@gmail.com. Ademáis elaboramos un vídeo cunha selección de bookfaces para facer un resumo da actividade!!!
|
Teatro de sombras. "Saudades do teu abrazo". |
Obra realizada polo alumnado de 6ºB e a súa titora Iria, aproveitando un dos novos recursos na aula de teatro. "Saudades do teu abrazo" (Eoin McLaughlin). |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021 |
|
IOGURT CON ARÁNDANOS - PRODUTOS DA HORTA |
O alumnado de primeiro colleita arándanos da horta para preparar unha sá e sinxela receita.
|
PROTOCOLO BE "CARLOS LABRAÑA" - CURSO 2021-2022 |
DENDE A BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" DÁMOSLLE A BENVIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. PODEDES LER O PROTOCOLO DESEÑADO PARA ESTE CURSO ESCOLAR NAS FOTOGRAFÍAS OU EN PDF. QUEDAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN.
|
CLUB DE LECTURA |
A BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA" XA TEN UNHA PEQUENA TRAXECTORIA NO CLUB DE LECTURA. PERO ESTE ANO A XUNTA AMPLIOU A CONVOCATORIA A PRIMARIA E POR SUPOSTO IMOS PARTICIPAR! PABLO, CATA, XABIER E BASMA SON OS ENCARGADOS DE PUBLICITALO NA RADIO.
ESCOITA O SEU ANUNCIO!!
SE SODES DE 4º, 5º OU 6º PODEDES APUNTARVOS NAS TÁBOAS QUE ESTÁN XUNTO AO CARTAZ, NO CORCHO DA BIBLIOTECA OU NO DO AREAL. BENVIDOS AO VOSO CLUB DE LECTURA! |
DÍA DA DEMOCRACIA |
Para conmemorar o Día da Democracia as diferentes equipas de dinamización fan a seguinte proposta. Estas son algunhas das actividades levadas a cabo.
|
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS |
UN DOS MAIORES PATRIMONIOS É A FALA, A NOSA E A DA NOSA CONTORNA, A DOS QUE VEÑEN E A DOS QUE QUIZAIS VISITAREMOS. PALABRAS, A BASE DO ENTENDEMENTO! DENDE AQUÍ O NOSO SAÚDO!
|
DÍA DAS ESCRITORAS - INTERVIMOS O COLEXIO! |
O 18 de outubro celébrase o Día das Escritoras. Dende a nosa biblioteca queremos visibilizar a súa labor, para iso intervimos o centro cuns marcapáxinas realizados por todo o alumnado e expostos á vista de toda a comunidade educativa. Este é o resultado!
|
RIMAS CON LETRAS NA HORA DE LER! |
Na hora de ler pódense facer actividades moi diversas, pero en ocasións as sorpresas son tan gratas coma esta. Sara, Celia e Martina abaneando a poesía coas súas máns. Poñendo música ás verbas! Gracias rapazas pola vosa creatividade! Gloria Sánchez e as súas Rimas con letras estarán felices de escoitarvos.
|
PATIOS VIVOS - DÍA DA INFANCIA |
O 20 de novembro é o Día da Infancia.
Elas e eles serán os que cambien o mundo, necesitan espazos para medrar, explorar, crecer...
Nos Patios Vivos da nosa escola o alumnado goza de xogo libre e en ocasións, de actividades dirixidas.
Asi descobren como funcionan as máquinas, pequenos insectos, vermes..., as mesturas, as disolucions,
asi achan a ciencia dun xeito placentero e respectuoso co medio e con eles/elas mesmos.
|
Expoñendo a ciencia |
Xa estamos en novembro, mes no que dende Bibliotecas escolares de Galicia se impulsa a celebración do Mes da ciencia en galego polo que Ataúlfo, o noso polbo favorito, xa ten nas súas patas un montón de recomendacións moi chulas en relación a esta temática polo que... si estades pensando en experimentar, argallar ou descubrir os segredos da ciencia, non dubidedes en botar unha ollada!!
|
Retos argalleiros! |
A ciencia abarca moitos campos e por iso, dentro deste Mes da ciencia en galego, dende a biblioteca Carlos Labraña non quixemos deixar pasar a oportunidade de plantexar un obradoiro de robótica con un material moi chulo da biblioteca creativa: Lego WeDo.
Así, a través de diferentes e variados retos, a rapazada de 3º de Primaria tivo que poñerse mans á obra desenvolvendo habilidades STEAM e a súa capacidade de traballo en pequeno grupo, para poder levar a cabo todas as propostas e podemos dicir que o pasaron en grande! E, para mostra, aquí tendes un pequeno vídeo onde os veredes en acción!
|
Volcáns ao noso xeito! |
Hoxe, derradeiro día de este mes da ciencia en galego, vos queremos deixar unha pequena mostra do ben que traballa o alumnado desta escola. Como é obvio, o volcán da Palma entrou nas conversas do día a día das aulas dende o inicio de curso e moitos grupos non quixeron deixar pasar a oportunidade de aproveitar para achegarse a este fenómeno natural e, por suposto, a experimentación tiña que estar presente xa que é un método maravilloso para descubrir o mundo que nos rodea mentres que desenvolvemos o pensamento científico, traballamos en equipo...
Aquí vos deixamos un Genially coa mostra do traballo de diferentes aulas para que as imaxes falen por si mesmas pero xa vos avanzamos que foi unha gran experiencia!
|
CLUB DE LECTURA - "Chocolate con Libros" #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os diferentes Clubs de Lecturas formados por alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, rematan este trimestre con lecturas moi diversas: La isla del tesoro Un amor de libro Tow Sawyer El mar de la imaginación ¿Quieres ser el novio de mi hermana? Entre outras. |
MONTAXE NOVAS ADQUISICIÓNS - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa#STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ARGALLANDO - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DOCES DE AMÉNDOA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ROTEIROS EN FAMILIA! #ABP #ALFIN #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º de primaria, Duendes, Esquíos e Vagalumes continúan coñecendo a vila e poñendo en valor o patrimonio. Deste xeito, continúan propoñendo actividades para realizar en familia e solventar o non podelas ter máis presentes aínda na aula (polas restriccións sanitarias). Nestes roteiros, as familias teñen que atopar a Percebiño, a nosa mascota da biblioteca, nun lugar da vila, en calquera das súas parroquias. Desta volta, comezan superando un xogo virtual de fuga, sobre a nosa vila. Superado o reto, conseguen pistas para a localización de Percebiño. Comezan presentándonos o reto.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »