Skip to main content

Xaneiro 2020

VIOLENCIA DE XÉNERO - "OS NENOS MOVEMOS O MUNDO

O NOSO ALUMNADO DE "OS NENOS MOVEMOS O MUNDO" VOLVE SORPRENDERNOS CUN PODCAST SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO.

EDUCAR POLA IGUALDADE É UNHA LABOR QUE INCUMBE A TODA A COMUNIDADE.

PARABÉNS RAPAZADA!

 

 

STEAM OBRADOIRO "Argalla a túa letra"

Neste primeiro trimestre, no Espazo Argalleiro, mantivemos un obradoiro semanal para traballar a nosa competencia STEAM. O alumnado de primaria argallou con cravos e madeira o deseño da letra inicial do seu nome, tendo presente o libro escrito por Pablo Otero, "ABC diario".

Este obradoiro xurdiu tras a asistencia ás Xornadas de Biblioteca Creativa que leva a cabo a Asesoria de Biblioteca Escolares de Galicia e nas que gozamos dun obradoiro de creación co mencionado ilustrador.

Agradecer a José Antonio García a madeira de soporte para este taller.

PROXECTO INTERCENTROS VAGALUMES - IES

O PROXECTO COMPARTIDO POLOS VAGALUMES DE 4ºA E O ALUMNADO DO IES (ANTROPOLOXÍA E CULTURA CIENTÍFICA DE 1º DE BACH.) DEIXA PEGADA NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE. FIXERON INNUMERABLES TAREFAS DE INVESTIGACIÓN XEOLÓXICA CENTRADA NA CAPELADA. NESTES VÍDEOS AMOSAN O PESO DUN PROCESO NECESARIO PARA DESCOBRER, RESOLVER E APRENDER UNHA MOREA DE INCÓGNITAS QUE SE PLANTEXARON AO COMEZO DA INVESTIGACIÓN.

DOCUMENTACIÓN: o alumnado acude á Biblioteca Carlos Labraña para solucionar dúbidas, algúns acuden tamén á Biblioteca Municipal López Cortón. En ocasións cubren datos nunha ficha co obxectivo de crear unha mecánica na busca (salas, coñecer CDU, tejuelo,...) e localización.

LIÑA DO TEMPO: Coñecida e traballada a información na aula, estruturan a máis importante nunha liña do tempo que decoran polos corredores dos pasillos fronte á aula.

NOVAS TECNOLOXÍAS: A escola ten que ir coa sociedade, sería inviable investigar como fai 20 anos, a sociedade actual está inmersa nas tecnoloxía e posiblemente sexan unha das actividades máis motivadoras para as pequenas e os pequenos. A escola ten a obriga de ensinar a utilidade educativa que escornabots, ipads... poden ofertar ao alumnado.

DRAMATIZACIÓN E MINI AVALIACIÓN: Xogar a ser para aprender. O alumnado convértese en paleontólogos e paleontólogas e busca diferentes fósiles. Achados, teñen que limpalos e avisar ao capataz ou capataza para que xuntos cubran a ficha paleontolóxica, onde serán avaliados dos coñecementos aprendidos. Poñerán o lugar do achado, a peza, a era á que corresponde, se era de mar, terra ou aire... Agradecer a colaboración de Belén e Andy, pois sen a súa colaboración sería complicado realizar todas as tarefas nese tempo.

Neste inicio do proxecto realizaron outras moitas actividades, por exemplo interactivos coas familias sobre o proxecto, saídas con todo o alumnado á Capelada para recibir máis documentación da man de Francisco Canosa e Jorge Bellón...

ESTE PROXECTO AÍNDA ESTÁ EN PROCESO E POUCO A POUCO PUBLICARASE MÁIS INFORMACIÓN.

XUNTOS SOMOS MELLORES!