Skip to main content

PROXECTO INTERCENTROS

DOCUMENTAL "AS LAVANDEIRAS"

NA HONRA DE TODAS AS QUE DEIXARON UN BRANCO ESPECIAL.

AGRADECER ÁS FAMILIAS E AO POBO A TRANSMISIÓN ORAL E O ACOMPAÑAMENTO PARA CONSEGUIR QUE O PATRIMONIO PERMANEZA VIVO.

DRAMATIZACIÓN E DOCUMENTAL ELABORADO POLO ALUMNADO: VAGALUMES DE 3ºA E ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO XUNTO COAS AVOAS LAVANDEIRAS E AS ATURUXEIRAS DE CEDEIRA. COLABORAN NA MÚSICA: BEATRIZ LEONARDO, ELSA LÓPEZ, FERNANDO VILLAR, MARCOS CASAL, LARA LABRAÑA, ANXO MOREDA E ANDREA LOUREIRO (alumnado de ambos centros) e SILVIA PICOS.

 

EXPOSICIÓN E ACTO FINAL

O 19 DE XUÑO O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E OS VAGALUMES DE 3º A DIFUNDIRON UN ANO DE TRABALLO.

O FIXERON A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN (que aínda permanece aberta a todo o público), O VISIONADO DUN DOCUMENTAL

E UNHA PEQUENA MOSTRA DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS.

"PEGADAS NA IAUGA". PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE. A AUGA COMO FÍO CONDUCTOR.

FOTOS DA XORNADA


DÍPTICO "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE

A DIFUSIÓN DO PROXECTO INTERCENTROS CHEGOU A TRAVÉS DA CREACIÓN DUN DÍPTICO CON QRs

QUE LEVAN A ALGUNHAS DAS TAREFAS REALIZADAS POLO ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO

DO IES PUNTA CANDIEIRA E OS VAGALUMES DE 3º A DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO.


HAS DE LAVAR Á BEIRA DO RÍO

AGRADECER A COLABORACIÓN DE FERNANDO, MARCOS, LARA, ANXO, ANDREA E O PROFE ALEJANDRO

PARA LEVAR A CABO UNHA DAS CANCIÓN QUE APARECERÁ NO DOCUMENTAL DO LAVADOIRO DAS SAIÑAS,

ENMARCADO NO PROXECTO INTERCENTROS: "PEGADAS NA IAUGA" PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE.

TV GALIZA VAGALUMES

COINCIDINDO COAS XORNADAS QUE MARES DE CEDEIRA MUSEO ORGANIZOU PARA OS CENTROS ESCOLARES DA VILA, OS VAGALUMES DE 3º A DECIDEN DEIXAR CONSTANCIA DO SUCESO E PREPARAN UN TELEXORNAL.

A RAPETA É UN ARTE DE PESCA (PROHIBIDA AGORA NA VILA), PERO QUE PERMITÍU CREAR MEMORIA COLECTIVA NO POBO.  ESTE ALUMNADO, INMERSO NUN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, DECIDÍU SACARLLE O MÁXIMO PROVEITO.

CON ANTERIORIDADE Á RAPETA REALIZARON RUTINAS DE PENSAMENTO EN GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS.

XORNADA DE RAPETA

O PATRIMONIO INMATERIAL PERMANECE VIVO A TRAVÉS DA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO MUSEO MARES DE CEDEIRA.

A XORNADA DE RAPETA É UNHA DAS DRAMATIZACIÓNS MÁIS FERMOSAS VIVIDAS ESTE CURSO ESCOLAR.

ALUMNADO DO IES E DO CEIP, FAMILIAS E VECIÑOS TIRAN DAS CORDAS PARA ACHEGAR O PEIXE QUE TRAE

A RAPETA ATA AS AREAS DA MAGDALENA, LOGO ESE PEIXE É VOLTO AO MAR SEN MORTE.

AGRADECER Á ASOCIACIÓN MARES DE CEDEIRA.


 

 

XORNADA DE RAPETA

O ALUMNADO DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO RECIBE INFORMACIÓN SOBRE A PESCA, O MUNDO MARIÑEIRO E

EN CONCRETO SOBRE A ARTE DA RAPETA NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

AGRADECIDOS POR FORMAR PARTE DO PLAN "QUERO SER MARIÑEIRO. QUERO SER MARIÑEIRA" ORGANIZADO POLO MUSEO DO MAR DE CEDEIRA.



 

 

Distribuir contido