Título | Resumo |
---|---|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - SANGRE CUAJADA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A mamá de Xulieta, Alicia Rico, ven á bibioteca ensinarnos a canción coa que xogaba a goma cando era pequecha. Esta é unha actividade enmarcada no proxecto documental "Música, maestro!".
|
CLUB LECTURAS - RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Un dos club de lectura da escola, o dos máis pequechos, iniciou a lectura do conto de David Mckee, "Negros e Brancos" un libro no que cada verba ten un peso e cada imaxen un tesouro. Moitas foron as lecturas e innumerables as conversas. É un libro co que poder transitar na resolución de conflitos, o uso e o valor da palabra, a reflexión... porque isto segue pasando, e non só na rapazada, tamén en adultos que ostentan grandes cargos e representan a moitas persoas (quizais moitas nin quixeran...). O caso é que sempre hai problemas e discusións, ensinar outros camiños para transitalos é necesario, e practicar co exemplo o é máis. Aproveitamos o conto para facer actividades relaxantes como é a pintura, con todos os seus matices, porque nós queremos ser eses elefantes que se internan na selva e buscan a paz, eles son de mil brancos, grises e negros.
Usamos a regla, medimos, trazamos, porque é importante que o seu uso sexa motivador, non é sinxelo, é un novo aparello que ven incorporase ao material escolar habitual.
O día 1 de febreiro realizaremos unha tertulia alumnado e familias, pero xa podedes vir ollar a súa exposición celebrando que hoxe 30 de xaneiro é o Día da Ilustración.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CHOCOLATE CHOCOTETE #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - SEGUNDO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - PRIMEIRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - PRIMEIRO B #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes están desexosos de usar os Patios Vivos con máis intensidade, pero as choivas deixaron moitos desperfectos e agora toca facer unha limpeza profunda para volver ao seu uso cotía. Estes días de sol permitiron secar pozas e endurecer o barrizal que se formara en varias zonas, así que puxeron luvas e mandilóns e aproveitaron o tempo. Sacaron as herbas máis tupidas, queda pendente o lavado de testos e cubos. Solicitaron ao Concello de Cedeira a retirada do resto das herbas que non puideron sacar (hai que facelo de raíz para que non rebroten, algunhas teñen pinchos). Comezaron a facer un sementeiro para adicar unha pequena parte do patio á horta. Falaron dos tipos de plantas (árbores, arbustos e herbas), da Camelia que temos nun dos patios... Dende agora os Patios Vivos, estarán moito máis activos coa chegada da Candeloria, pois metade do inverno vai fóra. Deste xeito tamén traballaron o paso do tempo e recordaron proxectos fermosos realizados con outro alumnado que pasou pola escola. Ciclos de vida que se repiten. Por unha rapazada concienciada!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - DON MACARRÓN #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ACOMPAÑANDO Á INFANCIA - PROXECTO COMPETENCIAL #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo crea frases positivas para adicarlle a outra compañeiro ou compañeira e axudal@ a sentirse acompañado. Unha actividade enmarcada no proxecto competencial.
|
RECREOS NA BIBLIO #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Gracias á colaboración do voluntariado escolar podemos levar a cabo unha manchea de actividades na biblioteca. Gracias rapazada!
|
OBRADOIRO MÁSCARAS PARA ROSALÍA DE CASTRO #DíaDeRosalía24 #Cedeira #poéticasdiversas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - XUXA CON MONIQUE E NOA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Monique, a mamá de Noa, veunos amosar unha canción de Xuxa. Actriz e cantante que marcou a súa infancia.
Aquí podemos escoitar a canción, que por certo, está en linguaxe de signos.
|
Palabras cedeiresas #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Axúdanos a recoller o maior número de palabras cedeiresas para crear un bonito proxecto sobre a vila.
|
REUNIÓN CLÍA CEDEIRA #CLIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha nova xuntanza moi produtiva. Conversaron das
sensacións na visita ao Parlamento, escolleron entre varias propostas que poden incidir na calidade da vida na vila. A súa responsabilidade é moi alta, pois eles e elas teñen moito que dicir da vida cultural, medioambiental, de saúde... na nosa vila. Neste Clía tamén escolleron o nome que levará este organismo, pero que desvelaremos nunha próxima publicación. Un tempo e un espazo máis que aproveitado!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - TERCEIRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - INFANTIL #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA - PRIMARIA #BibliotecaCreativa #UnhaBEenViñetas #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DigiCraf #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
MAGDALENAS DE PASCUA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 2º B realizaron unhas ricas magdalenas de Pascua coa axuda de Graciela e Beatriz, saíronnos riquísimas!! Agradecer ás familias a súa colaboración!
|
PEQUENA MOSTRA FONDOS EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Esta é unha pequena mostra de fondos sobre Educación Afectivo Sexual. Están a disposición de toda a comunidade educativa. Poden levalos á rapazada (os que están adaptados para a súa idade) ou os adultos (calquera día pola tarde, salvo os martes). Hai fondos para as crianzas e para os adultos.
|
ENSAIOS POESÍA ESCÉNICA #EnGalego#Cedeira #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Varios grupos de nenas e nenas preparan recitados poéticos para celebrar o Día da poesía. Será o I Certame de Poesía Escénica que realiza o EDLG do Ies Punta Candieira. É unha oportunidade a que fumos convidados, así que nesas están ensaio tras ensaio. Unha actividade que permite traballar en profundidade a lingua galega: tiveron que buscar na CDU autores e poesías, outros crearon as súas estrofas, entraron no dicionario da Rag para saber o significado de palabras que aparecían nas poesías, memorizaron, ollaron tempos para cumprir as bases, debuxaron, están creando coreografías... Xa nos tarda velos o 21 de marzo no Día da Poesía!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - VICTORINA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Victorina e María Victoria aledaron á rapazada de cinco anos con cancións como "El cocherito Leré" e "Al pasar la barca".
|
COLGANTES E BROCHES - ARGALLANDO COAS FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 2º B convida a Anabel, unha das familias da aula, para argallar con masilla branca e xunt@s crear colgantes e broches con deseños caninos.
|
COELLIÑOS CON OVEIRAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo recolle reciclados para crear un proxecto artístico con oveiras e cartón. Así dan vida a uns coellos cheos de tenrura e fantasia. O resultado foi máis que gratificante, o control do espazo de traballo cada vez é máis preciso, da gusto ver os avances!
Engadimos marcapáxinas por se é do gusto dalguén.
|
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #BibliotecaCreativa #Radionabiblio #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5º de primaria recibiú formación de radio para mellorar as súas competencias neste medio. Quique Vázquez foi o encargado da formación, que combinou radio e teatro.
Foi unha formación intensa e gozada da que deixamos aquí constancia.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- seguinte ›
- última »