Título | Resumo |
---|---|
OBRADOIROS DO ALUMNADO - MANUALIDADES #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Casan os paxariños e as manualidades xiran ao redor das mellores verbas e sentimentos.
Antía, Martina, Claudia e Iriana sacaron adiante un obradoiro de debuxo
amosando unha coordinación e preparación do taller excelente.
Bravas! Moitos parabéns!
|
A MIGRACIÓN DAS AVES - OBRADOIRO TEATRO #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A colaboración do banco de familias oferta diversas actividades. Nesta ocasión Simone Jenkinson ofrecerá un obradoiro de teatro sobre "A migración das aves" para o alumnado de 5 anos. Serán dúas sesión, a primeira ás 9:30h e a segunda ás 11:30h. Esta actividade está enmarcada no programa "Lectura e familias", a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.
|
CONTACONTOS "LECTURA E FAMILIAS" - O DRAGÓN ZOG #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Nesta ocasión Karen Leimdorfer será a transmisora da fermosa historia de "El dragón Zog" o versionará en galego e inglés, o seu idioma natal.
Será un agasallo para o alumnado de 2º de primaria.
|
FLORA E FAUNA ÁLBUMS EN 3º #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 3º recibe o álbum de cromos,
despois de realizar unha actividade do proxecto.
Así de ilusionados os vemos!
Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro,
o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
CONTACONTOS O GRÚFALO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Karen e Amaya cóntanlle a 4 anos "O Grúfalo". Lecturas e familias. Biblioteca Humana/Polos Creativos.
|
PETER. O MUSICAL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ROTEIROS SAUDABLES PRAIA DA MAGDALENA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de primeiro realiza o roteiro saudable proposto polo equipo de Educación Física, un roteiro que complementa as actividades do proxecto "Aprendendo, naturalmente!". Realizan a segunda parte do percorrido, pois a primeira foi realizada en días anteriores.
|
OBRADOIRO AUDIOVISUAL 6º #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 12 de xuño o voluntariado escolar de 6º gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.
Ademáis o alumnado sacou tódalas fotografías, seguido as indicacións de Alicia, en canto a planos, luz... Podedes descargar o ficheiro zip con todas. Aquí unha pequena mostra do que fixeron.
|
CADERNO DE CAMPO - 5º PRIMARIA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumando de 5º de primaria preséntanos o seu caderno de campo de Castro Sarridal, un traballo que comezaron
documentándose na biblioteca escolar, con saída incluída. Primeiro recolleron
datos en sucio e posteriormente, corrixiron e pasaron a limpo.
Un produto final fermoso para compartir con toda a familia.
Parabéns chicas e chicos!
|
XII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS @ADEGAgz #LimpezaPraias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Para conmemorar a XII limpieza simultánea de praias, os nenos e nenas de 2° e 3° de Educación Primaria, foron a praia da Magdalena e os seus arredores onde recolleron preto de cinco quilos de lixo.
|
REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURAS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O trasno da capital de Santiago, de Luisa Villar Liébana, un dos exemplares que están a ler no club de lectura "Chocolate con libros".
|
VISITA FAMILIAS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecemos a participación da comunidade educativa. Podedes vir vistitar á biblioteca e realizar unha visita co alumnado voluntario de 6º de E.P., o próximo 29 de xaneiro ás 10:00h.
|
RECREOS CO VOLUNTARIADO ESCOLAR #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os recreos son diversos e a isto contribúe o noso voluntariado escolar. Gracias pola vosa colaboración!
|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 5 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal |
Coa intención de crear espazos seguros para a infancia, traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso nos menores; compartimos coas familias (nesta ocasión) unha serie de vídeos. Trátase dun material pedagóxico realizado por Pantallas Amigas, consta de seis vídeos de animacións para informar ás familias. Aquí temos o inicio da súa información:
¿Tu hijo ve porno? o mejor, de formaclara y directa ¡Tu hijo ve porno!El acceso circunstancial a la pornografía se puede producir desde los 8 años. Su consumo por parte de chicos adolescentes comienza a normalizarse a partir de los 13 años. Tu hijo probablemente está en este grupo, con la mayoría, y lo consume desde el ordenador de su habitación o desde cualquier lugar usando su móvil. La facilidad de acceso, el “anonimato” y la gratuidad están de su lado. El contenido pornográfico está dirigido a personas adultas y su consumo no es recomendable para menores de edad porque se considera que no tienen la madurez suficiente para afrontarlo de forma positiva. Por otro lado, el consumo habitual del porno más popular puede tener consecuencias negativas para cualquier persona, pero especialmente para los chicos adolescentes como él. Puede tener efectos negativos para la salud y bienestar de tu hijo, pero también para el de las chicas adolescentes con las que se relaciona y el de las mujeres en general. Aquí temos a primeira animación, entrando podes visualizar o resto.
|
DÍPTICO RECOMENDACIÓNS LECTORAS - ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 6 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal |
Coa intención de ofrecer ferramentas á comunidade escolar, dende a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" en colaboración con tódolos equipos, documentámonos para crear este díptico con recomendacións lectoras, xogos, vídeos e podcast. Cada recomendación coa súa idade recomendada. Os fondos da biblioteca dispoñen destes materiais e moita outra bibliografía para abordar a educación afectivo sexual, se é do voso interese.
|
AS AVOAS NA ESCOLA - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
NOVIDADES FONDOS FEBREIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Novidades en fondos. Ven a coller o teu preferido!
|
CONTACONTOS CON LUCÍA - MARIE CURIE #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
|
A BIBLIOTECA DENTRO DA BIBLIOTECA #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As veces, hai momentos coma este, para gardar nunha caixiña e recordar. A creatividade, imaxinación e inocencia da rapazada imitando o traballo dos adultos. Parabéns! Aquí a caixiña para gardar!
|
Vivamos como cedeireses! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os nenos e nenas de 1º ciclo saíron á Serra da Capela e a San Andrés de Teixido para visitar o seu patrimonio e pasar un bo rato todos xuntos!
|
VISITA DO ESCRITOR MARCOS CALVEIRO |
O mércores 9 de abril, visitounos o escritor MARCOS CALVEIRO, que estivo falando cós alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria do seu libro "PALABRAS DE AUGA", co que conseguiu o premio Merlín da literatura infantil no ano 2012.
|
O ALUMNADO DE 4 ANOS VISITOU A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL |
O VENRES VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL, ONDE POIDEMOS DESFRUTAR DUNHA CONTACONTOS! E, COMO NON, ESCOITAMOS A HISTORIA O BIGOTE DE MIMÍ, ESCRITA POR MANUEL MARÍA.
|
VISITAS DOS GRUPOS |
OS DISTINTOS GRUPOS VISITARON A BIBLIOTECA DURANTE O MES DE SETEMBRO PARA FORMARSE COMO USUARIOS. APRENDERON E RECORDARON AS NORMAS, OS ESPAZOS, O USO DE MARCADORES CANDO VEÑEN LER Á BIBLIOTECA, COMO LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS EN PRÉSTITO PARA A CASA...
TAMÉN VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE CEDEIRA "LÓPEZ CORTÓN" |
25 DE NOVEMBRO |
HOXE, COMA TÓDOLOS DÍAS, TÓMASE CONCIENCIA DE QUE O RESPECTO E A IGUALDADE DEBEN ESTAR SEMPRE PRESENTES NAS RELACIÓNS DE AMIZADE, AMOR E CONVIVENCIA. A NOSA GAIVOTA CASILDA TROUXO UNS LIBROS MOI ESPECIAIS QUE NOS FAN REFLEXIONAR NESTE 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
|
BOLSIÑAS DE CONTOS EN 4 ANOS |
VAIA SORTE TEÑEN OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS E AS SÚAS FAMILIAS! AS PROFES PREPARARON UNHAS BOLSIÑAS PARA LEVAR ÁS CASAS; ESTÁN CHEAS DE CONTOS MARABILLOSOS E ALGUNHA SORPRESA!
PARECE QUE A ANDRÉS LLE GUSTOU! GRAZAS POR COMPARTILO!
MOITAS GRAZAS, LUCAS E DIANA, POR COMPARTIR CONNOSCO ESTE MOMENTO TAN DIVERTIDO.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »