Título | Resumo |
---|---|
FADA PIRATA E O VALO! |
A MAXIA DO TEATRO FIXO A SÚA APARICIÓN A TRAVÉS DO HOME QUE DA NOME Á NOSA BIBLIOTECA, CARLOS LABRAÑA, E A SÚA COMPAÑÍA, OS FURABOLOS! UN AGASALLO PARA OS SENTIDOS E PARA A ALMA. GRACIAS POR TANTO! |
EXPOSICIÓN E ACTO FINAL |
O 19 DE XUÑO O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E OS VAGALUMES DE 3º A DIFUNDIRON UN ANO DE TRABALLO. O FIXERON A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN (que aínda permanece aberta a todo o público), O VISIONADO DUN DOCUMENTAL E UNHA PEQUENA MOSTRA DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS. "PEGADAS NA IAUGA". PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE. A AUGA COMO FÍO CONDUCTOR.
|
ROBOTS MIND DESING |
ESTE É O RESULTADO FINAL DOS MURAIS E DAS POESÍAS QUE DERON DE SI OS MIND DESING CO ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PARABÉNS RAPAZADA!!
|
QUERÉMOSVOS...MÁIS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
SEGUIMOS CANTANDO! E DESTA VOLTA... COA COMPAÑÍA DE PROFES, CONSERXE, ADMINISTRATIVA, LIMPADORAS, PERSOAL DE COCIÑA, COIDADORAS
VEÑA! A ENTONAR ESTA CANCIÓN QUE MOITAS E MOITOS APRENDIMOS FAI XA UNS ANOS E QUE SOABA TODAS AS MAÑÁS COMO TIMBRE DO COLE. ACORDÁDESVOS?
|
karaoke Ua, Ua, Ua! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Hoxe toca cantar karaoke e que mellor que co noso karaoke de A viaxe de Percebiño! Veña queremos escoitarvos dende todas as ventás! |
EU APRENDO ARTE NA CASA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Que vos parece se nos unimos a esa tendencia que anda polas redes na que se representan obras famosas da historia da arte? Uns fan as fotos con portadas de libros, outros con cadros de autores coñecidos… Quen non quixera ser parte da obra de autores como Velázquez ou Sorolla, por exemplo? Dende a Biblioteca da Escola pensamos que esta podería ser unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas a obras de pintores da historia da arte. Así que hoxe propoñémosvos que escollades unha obra dun pintor, que vos poñades no lugar dos protagonistas do cadro e fagades a foto para enviar. Os adultos tamén estades convidados a participar nesta actividade cos vosos fillos e fillas, por suposto. Seguro que o pasamos moi ben! Os nenos e as nenas de cinco anos xa teñen a súa galería nas Aulas no Aire. Se queredes ideas, podedes pasar, a entrada é de balde.
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
O PERIPLO DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Pasaron xa moitos días desde que Percebiño comezou a súa viaxe polo mundo. Nos vosos barquiños de papel vai visitando lugares moi diversos. Se premedes no mapa podedes acompañalo no seu periplo e engadir algún outro destino (máis indicacións aquí).
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
HORA DE LER |
Unha das novidades para o presente curso escolar, é a incorporación no horario lectivo de 20 minutos adicados á lectura despois do recreo. Dende a biblioteca xestionamos as bibliotecas de aula dotando ás clases con libros de consulta, literatura infantil, cómics, revistas... Nos tempos que corren, buscamos alternativas para levar a cabo un periodo de lectura en condicións de seguridade adaptándonos ao protocolo xa sexa na aula mantendo as distancias de seguridade e con máscara, ou aproveitando outros espazos do recinto escolar ou do privilexiado entorno do noso centro.
PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS |
DÍA INTERNACIONAL DAS LINGUAS |
Dende o Ceip Nicolás del Río, queremos celebrar o día Europeo das Linguas, resaltando a riqueza lingüística e cultural presente na nosa comunidade educativa. Porque todas as linguas contan.
|
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS |
UN DOS MAIORES PATRIMONIOS É A FALA, A NOSA E A DA NOSA CONTORNA, A DOS QUE VEÑEN E A DOS QUE QUIZAIS VISITAREMOS. PALABRAS, A BASE DO ENTENDEMENTO! DENDE AQUÍ O NOSO SAÚDO!
|
Magdalenas de reno - Receitas de Nadal #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A cociña da BE "Carlos Labraña" non parou de traballar nestas datas. A verdade é que todas as salas tiñan reservas para elaborar pratos exquisitos e practicar para logo poñer en práctica na casa. Unha destas receitas son as Magdalenas de reno do alumnado de 3º de Primaria e que non se quedou nisto só, pois aproveitou os datos numéricos para realizar problemas de razonamento matemático e traballar os verbos. Aquí tedes un pequeno vídeo do seu traballo. Para chupar os dedos!
|
PARABÉNS ROSALÍA!! #DiadeRosalia #_rdc_2022 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe asistimos á lectura de poemas de Rosalía. Realizado pola Biblioteca López Cortón e o Concello de Cedeira. Un acto especial, tanto pola data dun referente como tamén por ser o primeiro no que facemos unha saída a un acto público.(*) Ogallá, as raiolas veñan para quedarse! (*) No acto gardáronse tódalas medidas de seguridade establecidas no protocolo.
|
OBRADOIRO CLUB I LOVE ANIMALS - DÍA DAS NAIS #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O clube I love animals organizou un obradoiro con motivo do Día da Nai. Realizaron esta fermosa creación. Dende a biblioteca "Carlos Labraña" queremos desexarlle hoxe e tódolos días, Feliz día!! a tódalas nais.
|
"UN MAR DE VIDA... E MORTE" POR RAÚL NEBRIL - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"Un mar de vida... e morte" de Raúl Nebril.
O seu mundo é o mar. Viviuno dende moitas ópticas. Viviu del e tamén para el.
E hoxe traballa por mirar dos que están no mar, de salvalos cando as
inclemencias e adversidades dun mundo tan difícil poden custarche non voltar a velo.
O 9 de xuño ás 12h na Biblio do IES.
Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
Provocación QUEN VIVE NO BOSQUE? #Infancia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Quen vive no bosque?
Baixo esta pregunta xorde un novo espazo de xogo no noso espazo argalleiro. Un espazo para crear, xogar, ler, inventar, provocar, explorar... da man e acompañamento do noso voluntariado todo o alumnado do centro poderá pasar no tempo de lecer. Tamén poden facelo durante titorías ou especialidades coas mestras e os mestres. Podes seguir as instrucións, xogar ou ler. Tedes fondos para acompañar a proposta.
Para quen desexe crear ten os materiais nun apartado da mesa.
Idea do obradoiro extraída de Divertoloxía.
|
PATIOS VIVOS #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha pequena mostra dos Patios Vivos, coincidindo coa visita dos nosos socios Erasmus Doris. O vídeo corresponde a unha semana de temporal na que se fixo case imposible realizalos fóra, pero a rapazada sempre axuda a resolver este tipo de impedimentos.
|
CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia e de compartir xuntos as emocións que neles provocan. Última tertulia de "O misterio do fillo de Lúa" de Fina Casalderrey. Marchan con "A verdadeira historia da mosca da tele" de María Solar. De seguro sacará máis dun sorriso!
|
CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - BAILE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O club de baile de 5º e 6º continúa cos seus ensaios na aula de teatro.
Da gusto velos, canto poderío!
|
NOVIDADES EN FONDO PARA O PDI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #voluntariadonaBE |
|
CONTACONTOS - ROSANA, NAI DE CHLOE #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Nesta ocasión Rosana Quiza Casado foi a encargada de dramatizar a
historia de "Chloe un unicornio necesita tu ayuda".
Un conto personalizado que contou xunto á súa filla Chloe.
Moitas gracias por participar!
|
MARES DE CEDEIRA - O LIBRO EN PAPEL #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña #quiquevazquez |
Vai un ano a rapazada de 2º de primaria estreaba unha obra escrita por Carlos Labraña, especialmente para o alumnado da biblioteca escolar. Versada no Currículo Cedeirés que promove a biblioteca escolar, conxuga o coidado do medio ambiente, con sucesos como a marea negra que azotou a vila, coas personaxes típicas da nosa biblioteca, animais do mar, o peixe, a gaivota Casilda, o polbo Ataúlfo, a gaivota Casilda e por suposto, Percebiño! Durante un ano esta obra estivo en proceso de construción, tanto na escrita como na dramatización. Foi un proceso complexo e moi enriquecedor, pois foi representada por tres clases á vez enriba do Auditorio de Cedeira.
Hoxe ve a luz nun libro, que podemos coller, ler, ollar e ulir. Escrito por Carlos Labraña, ilustrado por Diego Cheda e Quique Vázquez e publicado polo Concello de Cedeira. Actores e actrices foron agasallados cada un co seu. A biblioteca escolar recibiú un bo lote para empréstito e lectura en sala, podedes vir collelo! Agradecer a tódolos implicados.
O domingo realizouse o acto de presentación, aquí podedes ver algunhas fotos.
Estas son as noticias:
|
OS GAITEIROS DE HAMELÍN #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña |
A compañía de teatro "Os Vagalumes" de 1º C, presentan a súa peza teatral "Os gaiteiros de Hamelín", escrita por Carlos Labraña. Durante un curso escolar estiveron traballando xuntos, realizaron o atrezzo e os disfraces, nos grupos interactivos con familias, e o 16 de xuño queren compartir con todos vos o resultado. Quedades convidados/as!
|
CONTACONTOS O GRÚFALO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Karen e Amaya cóntanlle a 4 anos "O Grúfalo". Lecturas e familias. Biblioteca Humana/Polos Creativos.
|
RECREOS NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Así de ben o pasamos nos recreos na biblio!
|
PROVOCACIÓN AO XOGO "OUTONO" #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podedes acudir a unha nova provocación no espazo argalleiro, unha mesa de xogo, con materiais naturais e xoguetes de madeira para crear, inventar, imaxinar...
Algúns elementos como os froitos secos son utilizados baixo a supervisión do profesorado, pois non poden estar presentes con todo o alumnado para evitar alerxias.
Recordade seguir as normas de uso.
Se queredes investigar sobre este tipo de xogo con materiais naturais e pezas soltas, nesta ligazón tedes unha referente: https://www.mamaextraterrestre.com/blog/
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »