Título | Resumo |
---|---|
HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A hora de ler oferta múltiples posibilidades. Espazo de aprendizaxe, de coidado e atención persoal, de calma, de gozo, de exploración e investigación.
|
LEGO BRICQ #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aprendizaxe compartida, cousas lindas que ocorren na biblioteca cando un sabe de algo e quere compartir. Mecanismos!
|
IMOS Á RADIO DO IES PUNTA CANDIEIRA E GRAVAMOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos.
Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía. Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas, pois tamén foi un novo achegamento a un espazo, no que en breves estará este alumnado. Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!
|
A PRINCESA DO COUREL #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5 anos B leva xa varias representacións de "A princesa do Courel", escrita por Javier Solchaga e Marisa Nuñez, incluída en "Os contos do camiño". Unha rapazada pequecha pero moi grande en expresión, aínda teñen pendentes varias representacións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada!
|
EXPOSICIÓN 25N #25N #bescolaresgal #igualdade #Axenda2030 #ODS5 #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA #Cedeira #LecturasRecomendadas #Clubsdelectura #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Realizamos unha visita polos espazos nos que se ambienta a obra de teatro "Mambrú volveu da guerra", escrita polo dramaturgo que da nome á nosa biblioteca, Carlos Labraña. Ademáis de pasar un pedazo ben divertido, recoñecemos o paso do tempo, o cambio na paisaxe, pasamos un anaco de tempo en calma visibilizando a estatua ás victimas e somos un pouco máis conscientes da historia da nosa contorna.
|
8 M - OBRADOIRO #8M #igualdade #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
|
MAGO CACHO - LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O mago Cacho, papá de René, veu á biblioteca facer un espectáculo para toda a rapazada de tres anos. Maxia, ilusión e inocencia brilaron durante toda a xornada. Gracias a Javier Vázquez por aledar ás nenas e nenos!
|
DESPEDIDA DOS PRIMEIROS COLABORADORES |
Os colaboradores da BIBLIOTECA do 1º trimestre remataron o seu traballo cun video de despedida onde lles fixemos unha pequena entrevista. Podes ver o video abaixo premendo en PLAY. Para descargar aquí.
|
XOGOS EDUCATIVOS |
|
Érica Esmorís no cole |
Érica Esmorís visitounos o día 20 de abril e fíxonos unha presentación aos alumnos de 5º e 6º. Foi moi divertido, díxonos as súas aficcións e explicounos como é escribir un libro, tamén nos firmou os libros de "Nena e o mar".
REPORTEIRAS: Giulia (5ºA) e Candela R (5ºC) |
"SÚPER - REFRANERO" DO ALUMNADO DE 5º (LINGUA CASTELÁ) |
|
XORNAL ESCOLAR 2.015-2.016 | |
UNHA ENQUISA MOI ESPECIAL... EN RADIO EXPERIMENTAL! |
TODO O ALUMNADO DO CENTRO TIVO A OPORTUNIDADE DE GOZAR DUN RATIÑO DE CONVERSA CO DRAMATURGO QUE DÁ NOME Á NOSA BIBLIOTECA, CARLOS LABRAÑA. PERSOA ENTRAÑABLE QUE NACEU E MEDROU NA NOSA VILA. PERO PARA SABER MOITO MÁIS PODEDES ESCOITAR O PROGRAMA DE RADIO EXPERIMENTAL, REALIZADO ENTRE O ALUMNADO DE 6º A E OS VAGALUMES DE 3º A. E COMO AS IMAXES VALEN MÁIS CA MIL PALABRAS... TEDES UN VÍDEO PARA VER OS MELLORES MOMENTOS DO DÍA. CARLOS TROUXO UNHA MOREA DE AGASALLOS FERMOSOS: UNHA DAS SÚAS OBRAS DEDICADA ESPECIALMENTE PARA NÓS E UNHA DATA CONFIRMADA PARA REPRESENTAR DÚAS DAS SÚAS OBRAS. GRACIAS CARLOS LABRAÑA ESTAMOS DESEXANDO VOLVER A VERTE!
|
FELIZ DÍA DO TEATRO #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Festexamos o Día do teatro desde a casa da man do noso benquerido Carlos Labraña e de algún alumnado que nos fixo rir e chorar de ledicia. Tamén dos que hoxe, dende as súas casas seguen ensaiando día a día, porque... Co teatro podes ser quen queiras, onde e cando queiras. Podes amosar toooodas as emocións. Incluso podes quedar calado. Podes crear, imaxinar, inventar, gozar... Que comece a función! |
Mergullándonos no museo |
Esta actividade complementa a outras que forman parte da nosa biblioteca creativa (coma cociña, costura...) e que axudan a desenvolver aprendizaxes útiles e funcionais mediante a manipulación e experimentación! E ademáis, logo puideron observar e investigar libremente polo museo descubrindo verdadeiros tesouros! Hoxe foi o turno das aulas de 4 anos que o pasaron en grande demostrando que se manexaban moi ben entre cabos e algúns hasta tiveron tempo de sacar fotos moi mariñeiras!!
|
PFPP - FORMACIÓN COCIÑA |
Formación do profesorado, dentro do PFPP, nesta ocasión Cociña: economía circular e alimentación sustentable.
|
OBRADOIRO PASTA DE SAL #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º e 4º de Primaria segue as instruccións e realiza a receita da pasta de sal. Posteriormente realizan figuras para adornar o Nadal.
|
TEATRO CLUB SYLVANIAN FAMILIES #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
A finais do primeiro trimestre o alumnado do Club Sylvanian Families sorprendeunos cunha actividade. Tiñan unha obra e querían facer teatro de sombras e a iso se puxeron! Este o seu primeiro ensaio na aula de teatro! Parabéns mozas e mozos!
|
PARABÉNS ROSALÍA!! #DiadeRosalia #_rdc_2022 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe asistimos á lectura de poemas de Rosalía. Realizado pola Biblioteca López Cortón e o Concello de Cedeira. Un acto especial, tanto pola data dun referente como tamén por ser o primeiro no que facemos unha saída a un acto público.(*) Ogallá, as raiolas veñan para quedarse! (*) No acto gardáronse tódalas medidas de seguridade establecidas no protocolo.
|
Aprendendo a facer mándalas! #Axenda2030 #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O noso alumnado ten unha chea de talentos que non dubidan en compartir e, nesta ocasión puidemos disfrutar con Carla dun obradoiro de mándalas moi entretenido no que traballamos esta fantástica técnica artística que axuda a relaxarse, fomenta a creatividade e moito máis. Se vos animades, vos deixamos tamén este descubrimento: Mandala Creator, unha web onde podedes deseñar as vosas propias creacións.
|
SAÍDA DO GREEN CLUB - PRAIA DA MAGDALENA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O Green Club (un club para a defensa e proteción da natureza) sae buscar un novo fogar para os caracois. Gústalles moito a nosa horta, pero alí comen todos os nosos cultivos. Nos tarais da praia teñen moitas plantiñas que de seguro lles gustarán. Aproveitan para observar cunchas e recoller lixo.
|
OBRADOIRO AUDIOVISUAL 6º #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 12 de xuño o voluntariado escolar de 6º gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.
Ademáis o alumnado sacou tódalas fotografías, seguido as indicacións de Alicia, en canto a planos, luz... Podedes descargar o ficheiro zip con todas. Aquí unha pequena mostra do que fixeron.
|
CARTAS A PERCEBIÑO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
É un obradoiro de escritura, que se inicia na biblioteca,
sendo o protagonista a nosa mascota, un percebe chamado
Percebiño, ao que noso alumnado lle escribe cartas e recibe contestacións.
Esta actividade mellora a escritura e apórtanos unha información emocional
que nos permite estar atentos e coidar a saúde mental do noso alumnado.
|
PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Como vén sendo habitual ano a ano, a biblioteca da escola embárcase nun proxecto de traballo no que a colaboración de toda a comunidade educativa é condición indispensable para arribar en bo porto. Basearemos coma sempre as nosas investigacións no currículo cedeirés e así propoñemos este curso un tema que forma parte esencial da existencia da nosa vila A MÚSICA.
Cedeira...unha vila que non se entende sen o compoñente musical. Foron, son e serán moitos os músicos e agrupacións que manteñen viva a nosa tradición musical. A música é parte da vida cotiá: cantamos cando xogamos, cando contamos contos , despois dun xantar compartido e mesmo cando traballamos, forma parte das nosas vidas e da nosa historia como pobo.
Non entenderemos pois o currículo cedeirés sen o compoñente musical. Queremos achegar aos nosos nenos e nenas a nosa tradición máis sonora, queremos facelo dende a escola, dende a biblioteca e coa axuda inestimable de todos vosoutros.
os cantares de aguinaldo iniciamos este proxecto. Se conservades na vosa memoria ou na dos vosos avós algún cantar tradicional, cubride o seguinte cuestionario que vos enviamos ou solicitade un na biblioteca ou en secretaría.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »