Título | Resumo |
---|---|
Vivamos como cedeireses! #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os nenos e nenas de 1º ciclo saíron á Serra da Capela e a San Andrés de Teixido para visitar o seu patrimonio e pasar un bo rato todos xuntos!
|
A MASCOTA DA BIBLIOTECA!!!! |
XA TEMOS MASCOTA NA BIBLIOTECA Os nenos que quixeron participaron no concurso para elixir mascota do cole. Participaron nenos de diferentes idades debuxando cada un un percebe. Votouse a partir de duas eleccións, a primeira votárona os profesores do equipo da biblioteca, e a segunda os nenos do voluntariado da biblioteca deste trimestre. Os finalistas foron oito e o gañador deses oito foi o debuxo feito por Maria Candelaria Santana Santamaría, de 6ºB Nome dos debuxantes finalistas:
|
APRENDENDO CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA |
NA NOSA BIBLIOTECA APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS. NESTA OCASIÓN VISITOUNOS ANDRÉS (o papá de Irene) PARA AMOSARNOS COMO FUNCIONAN OS IMÁNS E DEIXARNOS TOCAR, PROBAR, EXPERIMENTAR... |
VISITAS DOS GRUPOS |
OS DISTINTOS GRUPOS VISITARON A BIBLIOTECA DURANTE O MES DE SETEMBRO PARA FORMARSE COMO USUARIOS. APRENDERON E RECORDARON AS NORMAS, OS ESPAZOS, O USO DE MARCADORES CANDO VEÑEN LER Á BIBLIOTECA, COMO LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS EN PRÉSTITO PARA A CASA...
TAMÉN VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE CEDEIRA "LÓPEZ CORTÓN" |
VISITA DE JUAN RODRÍGUEZ |
HOXE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA INESPERADA DE JUAN RODRÍGUEZ. O FUTBOLISTA CEDEIRÉS DO SPORTING DE XIXÓN ESTIVO ASINANDO UN MOOOOONTÓN DE AUTÓGRAFOS. MOITAS GRAZAS JUAN POLA TÚA AMABILIDADE. PERCEBÍN QUEDOU ENCANTADO! |
BOLSIÑAS DE CONTOS EN 4 ANOS |
VAIA SORTE TEÑEN OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS E AS SÚAS FAMILIAS! AS PROFES PREPARARON UNHAS BOLSIÑAS PARA LEVAR ÁS CASAS; ESTÁN CHEAS DE CONTOS MARABILLOSOS E ALGUNHA SORPRESA!
PARECE QUE A ANDRÉS LLE GUSTOU! GRAZAS POR COMPARTILO!
MOITAS GRAZAS, LUCAS E DIANA, POR COMPARTIR CONNOSCO ESTE MOMENTO TAN DIVERTIDO.
|
APADRIÑAMENTOS LECTORES E SEMENTEIRA DE LIBROS |
UNHA VEZ MÁIS, AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA COLABORAMOS NA ORGANIZACIÓN DUNHA ACTIVIDADE DE FOMENTO DA LECTURA (e algo máis) PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. AS RAPAZAS E RAPACES DE 2º DE BACHARELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA EXERCERON DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO. O PRIMEIRO CONTACTO VIVÍRONO A SEMANA PASADA A TRAVÉS DUN VÍDEO DE PRESENTACIÓN. E HOXE PRODUCIUSE O ENCONTRO ENTRE MADRIÑAS/PADRIÑOS E AFILLADAS/OS, CON INTERCAMBIO DE AGASALLOS, UNHA SEMENTEIRA DE LIBROS POLA VILA, XOGOS, RISAS E, POR SUPOSTO, LECTURA
|
O NOSO ROBOT, ESCORNABOT! |
O NOSO ROBOT, ESCORNABOT!!
A DÍA DE HOXE O ESCORNABOT XA É UN RECURSO NA BIBLIOTECA E DENTRO DAS AULAS. ESTA É UNHA MOSTRA DALGUNHA DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO:
- INTERACTIVOS DE XOGOS (Actividades coas familias)
- CURRÍCULO CEDEIRES – XEOGRAFÍA
- OBRADOIRO COOPERATIVO EN MATEMÁTICAS 1º DE PRIMARIA
- MAPAS PARA O PROXECTO “CULTURAS DO MUNDO”
- USO LIBRE DURANTE OS RECREOS COA SUPERVISIÓN DO VOLUNTARIADO.
- PLANTILLAS EN BRANCO PARA NOVAS ELABORACIÓNS.
|
CANTOS DE REIS "De festas pola vila!" |
En Cedeira, "Unha vila na que a cultura ten a música como compoñente indispensable de toda celebración" (Rafael Usero), temos a fortuna de manter vivo este fermoso costume de cantar aos Reis. Dentro do proxecto "De festas pola vila" e coa intención de estimular a nosa fala, manter vivas as nosas tradicións e xa que a mellor maneira de facer isto último é que vaían pasando dunha xeración a outra; o alumnado de 2º A sérvese unha vez máis da vontade e boa disposición das familias e aprenden o canto aquel que di:
|
OBRADOIRO DE CARTAS |
NA BIBLIOTECA PERCEBÍN ESTÁ SEMPRE DISPOSTO A RECIBIR E CONTESTAR CARTAS AO NOSO ALUMNADO. TENDO EN CONTA A SÚA OPINIÓN, DECIDIMOS PLANIFICAR UN OBRADOIRO DE ESCRITURA PARA MELLORAR A COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. ASÍ QUE MIRAMOS O CURRÍCULO E ESTABLECEMOS OS ESTÁNDARES DE LINGUA GALEGA PARA CADA NIVEL (mirar anexo). A ACTIVIDADE FOI UN ÉXITO E TIVO UNHA GRANDE AFLUENCIA.
|
PROXECTO CORRESPONDENCIA |
O alumnado de 3º A, os Vagalumes, inician un proxecto de correspondencia con nenas e nenos dun centro de Viveiro. Durante todo o curso escolar comunicaránse de diversas maneiras. Neste primeiro trimestre utilizaron a carta. Máis detalles no blog dos Vagalumes
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL |
AQUI VAI UNHA AMPLA OFERTA DE LECTURAS E XOGOS PARA ESTE INVERNO! https://drive.google.com/file/d/1oB6skEzOGri0IMYXxcnpH5vSaVrXCs36/view?u...
|
II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR |
ESTADES TODOS CONVIDADOS!
|
ROBÓTICA CON DOC |
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS TRABALLA NUMERACIÓN E LECTOESCRITURA CON DOC. PARABÉNS!
|
ROBOTS MIND DESING |
ESTE É O RESULTADO FINAL DOS MURAIS E DAS POESÍAS QUE DERON DE SI OS MIND DESING CO ALUMNADO DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PARABÉNS RAPAZADA!!
|
PROXECTO CORRESPONDENCIA - INTERCAMBIO CEP LOIS TOBIO |
OS VAGALUMES DE 4º A VIAXAN ATA VIVEIRO PARA COMPARTIR UNHA XORNADA COS SEUS AMIGOS DE CORRESPONDENCIA DO CEP LOIS TOBIO. CONTINÚAN ASÍ, UN PORXECTO INICIADO O CURSO PASADO, ONDE SE COÑECERON A TRAVÉS DAS CARTAS E QUE ESTE VINDEIRO ANO TRAERÁ DIVERSAS NOVIDADES. |
TERTULIAS DIALÓXICAS |
OS VAGALUMES CONTINÚAN COAS SÚAS TERTULIAS. UNHA ACTIVIDADE INCLUSIVA NA QUE TODOS SOMOS IGUAIS E ESTAMOS NO MESMO NIVEL. DIVERSIDADE DE ALUMNADO E DIVERSIDADE DE ADULTOS. PRIMEIRO DEBATERON DIFERENTES PROPOSTAS E OLLARON UNHA VARIEDADE DE LIBROS PROPOSTOS POLO ALUMNADO, FAMILIAS E MESTRA.
O MÁIS VOTADO FOI "A INCREÍBLE HISTORIA DA AVOA GÁNSTER" DE DAVID WALLIES. ESTE CURSO SERÁN MODERADORES DIEGO (ADULTO) E MIGUEL (ALUMNO).
A LER, REFLEXIONAR, CONVERSAR, RIR, DEBATIR, GOZAR, VIAXAR, DISFRUTAR, INVENTAR...
|
Charla: O lixo que nos ameaza! |
Esperámosvos!
|
RECICREA! |
Exposición dos traballos do noso alumnado para o Recicrea. Agora viaxarán para a exposición no Ies Punta Candieira e a posterior decisión do xurado. Moita sorte a todas e todos!
|
Chega o composteiro! |
Unha das medidas dentro do proxecto de medio ambiente "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" foi a solicitude dun composteiro ao Concello de Cedeira. Aqui realizando a sua montaxe. Na vindeira semana todo o centro poderá darlle uso. Podedes documentarvos no seguinte pdf.
|
Estas serán unhas "vacacións" moi especiais. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
A equipa de Biblioteca Carlos Labraña queremos desexarvos que gocedes da familia, estes días vannos ensinar a valorar cada unha das cousas que posuímos e que sempre demos por feitas. Ides aprender moito da vida en moi pouco tempo. Temos constancia de que cada un de vos está poñendo todo o seu esforzo en ser responsables. Desexamos que continuedes así: lavade as mans, non as levedes á cara, mantédevos na casa (salvo circunstancia maior)... Seguimos convosco, tédesnos no Facebook, no Twitter e no correo. Podedes preguntarnos o que desexedes, conversar con calquera de nosoutras, amosar os traballos que fixestes (sabedes que hai moitas propostas nas que podedes participar). Desta sairemos e sendo mellores! Contacto: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
EXPERIMENTOS NA CASA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
As nenas e nenos de 4 anos experimentan nas súas casas. Pasade.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
ARTE EN ESTADO PURO - 2º PARTE - ILUSTRACIÓN |
Crear, imaxinar, dar forma e imprimir a nosa impronta persoal é de máxima importancia. Aquí temos o proceso artístico, levado a cabo polo alumnado de 1º, os Vagalumes, baseado en varias obras que parten da inspiración dun libro: Alén. A arte de explorar. Dentro dunha biblioteca chea de recursos, a nosa, á Biblioteca Carlos Labraña. Últimas creacións de quebracabezas de obras e autoras/es. O FILLO DO HOME DE RENÉ MAGRITTE FEMME MAISON DE LOUISE BOURGEOIS
|
GRUPOS INTERACTIVOS NA ERA COVID |
Os Vagalumes, como en anos anteriores continúan cos seus grupos interactivos na Biblioteca Carlos Labraña, pero este ano adaptándose ás restriccións que marcou a pandemia. Non puideron asistir as familias e isto é algo que se botou moito de menos, pois son pezas importantes para a motivación. Aínda así, realizaron semanalmente os seus interactivos con actividades nas que se aproveitaron todos os recursos e espazos disponibles na biblio: ipads, ordenadores táctiles, disfraces, libros, pantallas táctiles, música, balanzas e diverso material manipulativo... Cousa que acorreu gran traballo e concienciación no alumnado para respectar as medidas Covid. Pero o máis importante é que fomentaron o traballo cooperativo, saltando barreiras, concienciando dos perigos, pero atentos e conscientes de que a vida é en grupo, a comunidade axúdase. Todos podemos aprender e chegar máis lonxe pensando xuntos. |
DÍA DAS BIBLIOTECAS |
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, coa intención de crear un recurso útil para o alumnado compartimos as recén estreadas ilustracións das mascotas da biblioteca, dado que ata o de agora só estaban como debuxo na parede. Agasallo que ven da man do ilustrador Diego Cheda, sempre disposto a colaborar.
Partindo destes debuxos créanse dous xogos para coñecer a estas personaxes mellor e achegar ao alumnado á lectoescritura dun xeito motivador e divertido. Podedes descargar os debuxos nos ficheiros adxuntos. Deixade voar a imaxinación e construíde historias e monicreques. Sede artistas como Diego!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »