Título | Resumo |
---|---|
Día do Libro. Infantil. Cita a cegas!!! |
Outra das actividades para celebrar o Día do Libro neste caso en Educación Infantil, foi a lectura dun libro sorpresa que chegou a cada clase... |
VIAXAMOS POLO MUNDO |
O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA INICIA UNHA VIAXE PARA COÑECER A XEOGRAFÍA.
PARTEN DA NOSA VILA PARA VIAXAR POLO MUNDO.
|
CARTAZ BIBLIOTECAS ESCOLARES 2021/22 |
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e a oralidade.
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.
Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
Máis aínda, como instrumentos a favor da equidade, as bibliotecas dos centros educativos deben procurar o acceso igualitario ao coñecemento e uso do léxico que garante unha mellor comprensión lectora, toda vez que os expertos nos falan da diferencia abafante entre o número de palabras que contén o léxico do alumnado de infantil en función dos contextos familiares, diferencia que marca xa as posibilidades de éxito fronte á lectura.
Na súa constante e natural evolución, as bibliotecas escolares acolleron a nova oralidade secundaria, que promove a comunicación a través dos medios. Programas como Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Biblioteca Inclusiva, abriron as portas a unha oralidade máis formal en forma de podcasts, audiolibros, espazos de coloquio e expresión, facilitando recursos e oportunidades para a adquisición de habilidades e competencias comunicativas de amplo espectro, pois en tempos de comunicación dixital fanse imprescindibles estas competencias básicas: unha expresión oral rica e coidada e unha interpretación o máis axustada posible dos textos orais dispoñibles.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, facilitándolle así as claves para acceder ao rico patrimonio inmaterial galego que ten dereito a coñecer, gozar e darlle continuidade.
|
Percebiño responde... |
É algo coñecido por todos e todas que a Percebiño encántanlle as palabras, as boas historias... e por suposto, as cartas! Por iso, retomamos unha das dinámicas máis especiais: Cartas a Percebiño! É dicir, o lugar onde se xuntan inquedanzas, dúbidas, pequenas historias, anécdotas e moito mais... en formato escrito e cun destinatario moi especial: Percebiño. Como vedes nas imaxes xa funciona a pleno rendimento e sabemos de algúns e algunhas que incluso tiveron xa carta de resposta! Asique para que vos animedes os que aínda non escribichedes... aquí vos deixamos os pasos!
E, por suposto, na escola toda actividade ten a súa razón de ser polo que deixamos adxunto a fundamentación pedagóxica. Non esquezas facer un borrador e logo pasar a carta a limpo. Incluímos un modelo, pero tamén podes apuntarte ou pasar pola biblioteca para coller o formato de carta que máis che guste!
|
POSTAIS DE NADAL - AMIG@ INVISIBLE #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Proposta obradoiros de postais.
Hai que poñer moito amor e creatividade.
O destinatario será calquera amig@ do centro.
Estas son algunhas fotos das creacións.
Artistas!! Felices Festas! |
A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA! #Axenda2030 #FamiliasnaBE #bibliotecasescolares #bescolaresgal |
E non será a pandemia quen nola quite! Por este motivo e dadas as novas restriccións, o equipo de biblioteca decidíu establecer un espazo para a conversa, dentro da aula virtual do centro. Neste lugar son ben recibidos todas e todos, a comunidade educativa ao completo: familias, alumnado e mestras/es. Comezaremos con catro foros: dous para os clubes, outro para o voluntariado de biblioteca e outro aberto a toda a comunidade educativa. Agradecemos teñades en conta as normas de uso dos foros e vos identifiquedes con nome e apelido. É imprescindible a lectura e aceptación das normas de uso do foro para entrar en eles. Podedes acceder dende aquí.
|
Compartindo experiencias con Percebiño! |
As vacacións sempre son época de historias e anécdotas que estamos querendo contar á volta polo que organizouse un pequeno obradoiro de Cartas a Percebiño, a nosa mascota, que está encantado de ler sobre todas esas grandes aventuras que viviron! O alumnado traballou sobre diferentes modelos de carta aproximándose así a esta bonita forma de compartir a súa realidade cós demáis.
|
CLUBES DE 5º #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os dous clubes de 5º de primaria seguen sorprendendo coa súa autonomía e bo facer. Neste trimestre, utilizan os foros creados pola biblioteca para organizar as súas actividades e contactar co resto do alumnado que non pertence á súa aula. Agora, están cos ensaios dunha obra de teatro, creación de monicreques e marcapáxinas. Admirados ante o traballo de Club "I love animals" e "Silvanian Families"!
|
PROXECTO: ROTEIROS EN FAMILIA! #ABP #ALFIN #AMI #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º de primaria continúa poñendo en valor o noso patrimonio. O proxecto "Roteiros en Familia" iniciado o curso pasado, pretende coñecer en profundidade a nosa vila, da man das familias e do profesorado. É unha actividade compartida onde teñen que atopar á mascota da nosa biblioteca, o noso famoso percebe Percebiño! Comezaron enviando unha carta ás familias.
Posteriormente, realizaron na aula virtual un xogo de fuga, onde conseguiron pistas para a localización de Percebiño. No transcorrer do xogo tiñan que documentarse na biblioteca, preguntando a algún avó ou avoa... investigando. Aquí temos a algúns deles na localización. Chegamos a Castro Sarridal!! En breves as súas obras... Parabéns rapazada e familias!
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 2 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aquí temos o segundo podcast para homenaxear a Rosalía de Castro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable, que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo. Parabéns Rosalía!!
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 4 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Hoxe é festa! Celebramos o nacemento da nosa ilustre Rosalía de Castro! Con aromas mariños, aquí tedes o cuarto podcast de Música, poesía e estrelas! Un programa noso, feito por familias, alumnado e mestres. A comunidade educativa en pe, berrando poesía! O mellor agasallo para Rosalia, o maior legado para nós. Parabéns Rosalía!!
|
ORTOGRAFÍA CON GENIALLY #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa intención de complementar a aprendizaxe da ortografía, no noso alumnado, a BE "Carlos Labraña" deseña dous xogos en Genilly. Son un apoio á escrita, podedes realizalos en calquera momento e antes da sesión do obradoiro de "Cartas a Percebiño". O primeiro está indicado para o alumnado de 2º de Educación Primaria en adiante e o segundo para 5º e 6º de Primaria, preferentemente.
|
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER #8M #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta semana nos recreos de biblio podes investigar sobre mulleres que marcaron a historia. Unhas aparecen nos libros outras, a meirande parte, son descoñecidas para moitos. Empodérate e dalles voz!!
ONU DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
|
38 CONCURSO ONCE #igualdade #ODS #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O camiño que nos torna iguais é o lema baixo o cal o Grupo Social Once convidou a participar aos centros nunha actividade para traballar a inclusión e converter ao alumnado en axentes de cambio. O grupo de 4º C de Educación Primaria saíu gañador coa súa participación.
Dende a Biblioteca "Carlos Labraña" queremos darlles os parabéns! Dende este enlace podedes gozar todos do audio que enviaron.
|
Disfrutando nos recreos! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os recreos son unha parte da xornada escolar con moito potencial e na biblio teñen unha chea de opcións para pasar un rato divertido cos amigos e amigas afianzando aprendizaxes case sen darse conta... Por mor dos protocolos COVID temos que organizar por grupos para respectar os grupos burbulla pero todos e todas están esperando con ganas cando lles toca e non é para menos!
|
OBRADOIRO CLUB I LOVE ANIMALS - DÍA DAS NAIS #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O clube I love animals organizou un obradoiro con motivo do Día da Nai. Realizaron esta fermosa creación. Dende a biblioteca "Carlos Labraña" queremos desexarlle hoxe e tódolos días, Feliz día!! a tódalas nais.
|
ENTREVISTA A PABLO RAÑALES - SIERVOS DE TINTA #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Entrevista a Pablo Rañales, autor de Siervos de Tinta, escritor e xornalista.
Valentina, Rodrigo, Iago e Basma, alumnas e alumnos de 6º de primaria dirixen a entrevista para amosarnos a parte máis creativa de Pablo Rañales.
Pablo Rañales, deixou pegada no noso alumnado de sexto.
|
SLIME - OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aldara e Carmen sacaron adiante un novo obradoiro do alumnado. Fixeron o cartaz, a lista da compra, reuniron os produtos, fixeron unha proba e a semana pasada o alumnado apuntado dispúxose a facer un obradoiro de slime.
Saíu todo tan ben que encheron os botes de cristal para xogar co slime creado.
Estamos moi ledos/as de como salvaron os pequenos atrancos que puideron ter duranto o desenvolvemento do obradoiro, correción de activación, pequenos roces pois quería participar máis xente da apuntada,... Ao final, a palabra todo o salva e con acordos e conversa xurdiú o consenso.
Parabéns rapazada!
|
MBOT SEMÁFORO PARA A SEGURIDADE VIAL #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #bibliotecacreativa |
Rematamos a Semana da Seguridade Vial coa creación dun semáforo.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, realizou un obradoiro para mellorar as competencias TICs, observar a súa aplicación na vida cotiá e reducir conductas inapropiadas fronte a seguridade vial.
|
SERVIZO DE VOLUNTARIADO EUROPEO - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Servizo de Voluntariado Europeo promove dende hai anos que persoas de diferentes orixes e culturas se reúnan, coa finalidade de realizar un proxecto de interese comunitario, no ámbito social, medioambiental ou cultural, como fundamento para construír unha sociedade máis solidaria e inclusiva.
Rebeca daranos a súa visión sobre a súa experiencia en Italia.
O día 8 de xuño ás 10h na Biblio do IES.
|
PARÍS EN PARÍS - MÉRCORES 8 DE XUÑO - PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Un avó no mundo do mar ó que lle chamaban París. Unha experiencia vital traballando en París como profesora de galego na Universidade. Está claro que esta cidade representa moito na vida deste libro humano.
Cóntanos Ánxela…temos moitas gañas de saber.
O día 8 de xuño ás 11h na Biblio do IES.
|
BIBLIOTECA HUMANA - LUNS 20 DE XUÑO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ROBÓTICA - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
UN LUGAR PARA A EXPERIMENTACIÓN - PATIOS VIVOS - #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Redescobrer a terra, atopar un espazo para expresar, para atender á curiosidade, ver pequenas especies, construír comunidade dende o coidado mútuo e a solidaridade.
Todo iso é máis aportan os Patios Vivos.
|
A TENDA NA BIBLIO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Reciclado, coñecemento das moedas e billetes, sumas, restas, problemas, cálculo mental, aproximacións...
Xogar e ao mesmo tempo aprender. A biblioteca convertida en tenda!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »