Título | Resumo |
---|---|
CADERNO DE LAPELAS PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Os Vagalumes de 1ºC concentran o traballo realizado para o proxecto "Aprendendo, naturalmente!" nun caderno de lapelas a modo de maletín. Nel recollen varios ciclos, a costura dunha folla, un caderno de campo, a paisaxe da costeira da nosa contorna, a flora e fauna que a rodea, o álbum cos cromos realizado pola biblioteca (fotografía de Rafael López Loureiro e subvencionado polo Concello de Cedeira) e as fichas do trimestre, moitas delas versan sobre a flora e a fauna. Libro convertido en xogo que de seguro será mirado e remirado durante o verán. Un recordo bonito e moi educativo dun curso escolar.
Agradecer a colaboración de Carmen Lorenzo e @mestraCris en algunha das pezas.
|
HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A hora de ler é unha actividade imprescindible, dinámica e diversa, pode desenvolverse en múltiples espazos, con diversidade de textos, a calquera idade, pode ser individual, compartida... O importante é brindarlles unha boa selección e que sexa comprendida polo lector ou que teña outra persoa que lle tenda unha ponte para interpretala.
|
REUNIÓN VOLUNTARIADO ESCOLAR #voluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Como vén sendo habitual ano a ano, a biblioteca da escola embárcase nun proxecto de traballo no que a colaboración de toda a comunidade educativa é condición indispensable para arribar en bo porto. Basearemos coma sempre as nosas investigacións no currículo cedeirés e así propoñemos este curso un tema que forma parte esencial da existencia da nosa vila A MÚSICA.
Cedeira...unha vila que non se entende sen o compoñente musical. Foron, son e serán moitos os músicos e agrupacións que manteñen viva a nosa tradición musical. A música é parte da vida cotiá: cantamos cando xogamos, cando contamos contos , despois dun xantar compartido e mesmo cando traballamos, forma parte das nosas vidas e da nosa historia como pobo.
Non entenderemos pois o currículo cedeirés sen o compoñente musical. Queremos achegar aos nosos nenos e nenas a nosa tradición máis sonora, queremos facelo dende a escola, dende a biblioteca e coa axuda inestimable de todos vosoutros.
os cantares de aguinaldo iniciamos este proxecto. Se conservades na vosa memoria ou na dos vosos avós algún cantar tradicional, cubride o seguinte cuestionario que vos enviamos ou solicitade un na biblioteca ou en secretaría.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
|
ENERXÍA E XOGUETES - JAVIER CALVO NA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia |
Javier Calvo agasállanos cos seus coñecementos sobre electricidade e ofrece unha charla taller ao alumnado de 3º. Enerxía e xoguetes próximos a unhas datas con tempo para investigar. Unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
BIBLIOTECA HUMANA - MANUALIDADES STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Sabela Lourido e Javier Calvo agasállanos cun obradoiro de Nadal para o alumnado de 3 anos. Foi unha experiencia fermosa, dado a idade das raparigas e raparigos, que aínda están por facer o seu 1º trimestre na escola. Gracias por compartir felicidade, risas e momentos para o recordo.
Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
TERTULIAS DIALÓXICAS EN FAMILIA - CLUB DE LECTURAS #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
RADIO EXPERIMENTAL - NOVO ESPAZO #Radionabiblio #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Presentamos a extensión da Radio Experimental, un segundo espazo máis amplo, para realizar moitos podcast. Deste xeito a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" invirte o premio gañado no Concurso de podcasts de Radio na bliblio. Animádevos a mantelo dinamizado!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CHOCOLATE CHOCOTETE #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
OBRADOIRO DE GALLETAS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Kevin, Lourdes, Lisa e Sylvia acompañaron ao alumnado de 2º na creación dunhas fermosas galletas de coelliños e ovos.
|
AULA SENSORIAL - BACH #LuísaVillalta #LetrasGalegas24 #Radionabiblio #AMI #AulaSensorial #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Documentándonos sobre Luisa Villalta descobremos que unha das pezas preferidas da autora é de Bach, ningunha crianza o coñece, así que decidimos xuzgar por nós mesmos se a súa música é tan boa como ela afirma. Decidimos que non hai mellor espazo que a aula sensorial, un sitio tranquilo, cheo de luces ténues que axudan a descansar e desconectar. Tentamos chegar a ese punto de relaxación que nos permita esquecer todo e abrazar as notas musicais.
Bach gústanos, é música clásica, pero pequenas e pequenos din que parece rock polo rápido que van algunha das pezas. Aínda que aprendemos que a preferida de Luisa é a Partitura nº2 para violín só de J.S. Bach nós non concordamos é gústannos máis outras do autor.
Descobrer outras formas de encher a nosa vida e identificar o que nos gusta e o que non; ser quen de transmitilo é unha aprendizaxe emocional que toda crianza ten que desenvolver.
|
APADER LIBRETAS OBRADOIRO #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Nesta ocasión foi o alumnado do 6ºC quen se desprazou ata o taller no que traballa Apader (Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual), onde realizaron guiados por profesorado e alumnado un obradoiro de creación e encuadernación de libretas. Unha actividade que tende pontes e crea alianzas entre dúas escolas con alumnado diverso, creativo, emotivo, involucrado... Esta é unha das actividades de intercambio que se xeneraron, dende os primeiros achegamentos. Cousas bonitas que medran. En breves, outra visita!
|
MOCHILAS VIAXEIRAS 5 ANOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os viaxes das mochilas viaxeiras de cinco anos están chegando ao seu fin. Seica gozaron do lindo na casa da rapazada!
|
A BIBLIO É MOITO MÁIS QUE LER! #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ESTREA "LULA PERDEU A LUZ" #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"Lula perdeu a luz" un excelente traballo dos Vagalumes de 2º C, na materia de lingua galega e plástica con duración dun curso escolar. Agradecer a tódalas persoas que dalgún xeito fixeron posible que os Vagalumes brilaran en todo o seu explendor. Inmensos parabéns aos Vagalumes!! Sodes especiais! Uns artistas!
|
BIBLIOTECA HUMANA - CANDO EU TIÑA A TÚA IDADE - HOLOCAUSTO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
OBRADOIRO HAMA BEADS #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º B tivo o pracer de contar con Almudena e Celia para facer un obradoiro de Hama beads. Pasáronno en grande. Agradecer ás familias a súa colaboración.
|
ÁLBUMS PERSONALIZADOS #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto fixo un álbum personalizado coa app Canva con fotografías de Manzaneda que foi seleccionando e clasificando. Nelas contan o que fixeron, acnédotas... engaden música adaptandoa a cada actividade que hai na presentación (actividades na natureza, discoteca,...). Crear documentos para manter os mellores recordos é necesario e moi saudable!
|
VISITA ANDREA MACEIRAS |
|
SOLIDARIEDADE NA BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA |
A SOLIDARIEDADE INUNDOU O IES PUNTA CANDIEIRA CUN "MERCADILLO" SOLIDARIO A PROL DOS REFUXIADOS, ACTIVIDADE PROMOVIDA POLA BIBLIOTECA E QUE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA. RECIBIRON MOITÍSIMAS DOAZÓNS DE LIBROS E PELÍCULAS, XOGOS... E AQUELAS DESTINADAS A UN PÚBLICO MÁIS INFANTIL DECIDIRON ACHEGALAS Á NOSA BIBLIOTECA. MOITAS GRAZAS! E NORABOA!!! |
LETRAS GALEGAS 2.016 - MANUEL MARÍA |
MANUEL MARÍA from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo. |
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO |
EN 1ºB ESTANSE CONVERTINDO EN BOOKTUBERS!!!
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - MARTÍN - 1ºB from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo.
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - MARCOS - 1ºB from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo.
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - ALEJANDRO - 1ºB from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo.
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - FERNANDO - 1ºB from REBECA LEÓN on Vimeo.
BOOKTUBERS NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO - LUCÍA R. - 1ºB from REBECA LEÓN on Vimeo. |
VISITA DE JUAN RODRÍGUEZ |
HOXE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA INESPERADA DE JUAN RODRÍGUEZ. O FUTBOLISTA CEDEIRÉS DO SPORTING DE XIXÓN ESTIVO ASINANDO UN MOOOOONTÓN DE AUTÓGRAFOS. MOITAS GRAZAS JUAN POLA TÚA AMABILIDADE. PERCEBÍN QUEDOU ENCANTADO! |
Carlos Labraña. E ti, de quen vés sendo? |
|
O ALUMNADO VOLUNTARIO, FUNDAMENTO-FUNDADOR DA BIBLIOTECA ESCOLAR |
A REVISTA GALEGA DO ENSINO (EDUGA) VÉN DE PUBLICAR UN ARTIGO SOBRE A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR E O ALUMNADO VOLUNTARIO, COLABORADORES DE 5º E 6º NIVEIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA QUE FAN DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR UN LUGAR DE APRENDIZAXE E DE ENCONTRO. GRAZAS!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »