Título | Resumo |
---|---|
LECTURA E FAMILIA - PABLO OTERO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este ano a Asesoría de Bibliotecas convocou a primeira edición do programa "Lectura e familias", que ten por obxectivo estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar. Na biblioteca sempre pensamos en comunidade, cada vez que deseñamos un proxecto ou actividade. Este ano, estamos no proceso de crear unha Biblioteca Humana coa participación das nosas xentes, un proxecto entre as bibliotecas escolares e o Concello de Cedeira. Comezaremos cunha proposta de formación. Se aínda non estás apuntado podes facelo!
Este venres, imos ofertar un recurso de formación e disfrute en familia, a actividade ten por nome "Libros de familia" e estará a cargo de Pablo Otero.
Pablo Otero, naceu en Ourense en 1970, é un escritor, ilustrador e pintor galego. Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. De seguro será unha gran oportunidade para asistir coa familia á biblioteca!
|
BIBLIOTECA CREATIVA CON PABLO OTERO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 3º de primaria xogou coas palabras. Baixo o lema das bibliotecas escolares "A biblioteca escolar ten a palabra", realizou dúas experiencias creativas co escritor e ilustrador Pablo Otero.
Está actividade está enmarcada na biblioteca creativa, é unha formación para o alumnado que temos que agradecer á asesoría de bibliotecas. Unha experiencia onde se evidencia que a biblioteca escolar acolle todo tipo de linguaxes (oral, artística, escrita...). Este ano afondamos nas verbas e as súas posibilidade estéticas e creativas.
Pablo Otero, estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. É disléxico, pero isto en ningún momento foi un impedimento, senón ao contrario, un reto para profundizar no poder creativo das letras, da súa contorna, da súa estética. Podedes consultar na biblioteca diversos libros ilustrados ou escritos polo autor. Unhas fotografías e un vídeo para ilustrar a xornada.
|
FORMACIÓN EN CREATIVA CON PABLO OTERO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 6º de primaria xogou coas palabras. Baixo o lema das bibliotecas escolares "A biblioteca escolar ten a palabra", realizou dúas experiencias creativas co escritor e ilustrador Pablo Otero.
Está actividade está enmarcada na biblioteca creativa, é unha formación para o alumnado que temos que agradecer á asesoría de bibliotecas. Unha experiencia onde se evidencia que a biblioteca escolar acolle todo tipo de linguaxes (oral, artística, escrita...). Este ano afondamos nas verbas e as súas posibilidade estéticas e creativas.
Pablo Otero, estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. É disléxico, pero isto en ningún momento foi un impedimento, senón ao contrario, un reto para profundizar no poder creativo das letras, da súa contorna, da súa estética. Podedes consultar na biblioteca diversos libros ilustrados ou escritos polo autor. Unhas fotografías e un vídeo para ilustrar a xornada.
|
IV CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega |
A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns! O programa, Poemas Crioulos, presentado ao concurso de Radio na Biblio, polas Letras Galegas, resultou gañador na convocatoria. O podcast será difundido pola Radio Galega a través da páxina do Diario Cultural; así mesmo, será difundido a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Chegado o momento será compartido no blog da BE "Carlos Labraña". Moitos parabéns!!
|
BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa estamos na fase final do proxecto "BIBLIOTECA HUMANA". Un proxecto no que as bibliotecas escolares de Cedeira e o Concello unimos esforzos para dar voz ao pobo, porque todas e todos temos algo que contar. A oralidade é parte do noso patrimonio, reflexa a nosa identidade cultural e social, a de todas as persoas que conformamos a vila: os de sempre, os que viñeron e os que marcharon, pois todas/os imos deixando pegada e conformando a nosa sociedade. A nosa rapazada de Antropoloxía de 1º de Bacherelato e o alumnado de 6º de Primaria, están ultimando os preparativos para levar a cabo as lecturas e difundilas.
|
SLIME - OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aldara e Carmen sacaron adiante un novo obradoiro do alumnado. Fixeron o cartaz, a lista da compra, reuniron os produtos, fixeron unha proba e a semana pasada o alumnado apuntado dispúxose a facer un obradoiro de slime.
Saíu todo tan ben que encheron os botes de cristal para xogar co slime creado.
Estamos moi ledos/as de como salvaron os pequenos atrancos que puideron ter duranto o desenvolvemento do obradoiro, correción de activación, pequenos roces pois quería participar máis xente da apuntada,... Ao final, a palabra todo o salva e con acordos e conversa xurdiú o consenso.
Parabéns rapazada!
|
OS NOSOS LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
BIBLIOTECA HUMANA
23 de maio, de 10:00 a 13:00h.
Apúntate a ler un libro humano!
Manda un whatsapp ao 615143625, co teu nome e apelidos
e o título que queres escoitar. Aforo de 10 persoas por libro!
Carlos Labraña 10:00h. Fabiana Feijóo Musi 11:00h
Bibiana Córdoba Piñeira 12:00h Jose de Vigo 13:00h
|
2º e 3º XORNADAS BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O mércores 8 e o xoves 9 de xuño escolle un libro e apúntate no 615143625, mandando unha mensaxe de Whatsapp poñendo o teu nome e apelido e o libro que queres ler/escoitar. Aberto a tódolos públicos. Non perdas a ocasión! Cada libro dura uns 15 minutos e logo terás uns 5 minutos para preguntar e conversar. Cantas veces tiveches a posibilidade de conversar co seu autor/a? Desta volta será na Biblioteca Escolar Punta Candieira, no Ies.
|
"UNHA HISTORIA DE VOLUNTARIADO EN HONDURAS" POR MIÑO GUERREIRO - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 20 de xuño ás 16:00 h. Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
BIBLIOTECA HUMANA - XORNADA 9 XUÑO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O pasado 9 de xuño celebramos a terceira xornada da Biblioteca Humana. Tres títulos relacionados co mar, atracaron nas nosas bibliotecas da man dos seus autores e das súa autora. Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo Meiga, para escoitar sempre que se desexe. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes. Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.
Agradecer a Andy García, Candela Martínez Pernas e Raúl Nebril todas e cada unha desas verbas.
|
PAKOLAS NO AUDITORIO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este xoves a Biblioteca Municipal "López Cortón" agasallou ao alumnado de 1º a 3º de Primaria con moito rock e libros!
|
“Do mar vívese” #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ata a praia da Madalena achegámonos para realizar un obradoiro da campaña “Do mar vívese”, que desenvolve a Consellería do Mar. Informáronnos da importancia de respectar a actividade marisqueira e dos perxuizos que causa o furtivismo.
de como conservar limpa e coidada a praia e o máis importante, deixar e defender o traballo das mariscadoras.
|
GALLETAS PANTASMA #Samaín #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 3º de Educación Primaria traballou as medidas e gozou dun obradoiro do máis pantasmal!
|
POR UN ALUMNADO CRÍTICO - PUBLICIDADE #AMI #bibliotecaescolar #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa intención de facer ao noso alumnado crítico ante o mercado de productos e a súa publicidade, dende a BE Carlos Labraña, creamos un xogo na aplicación Genially para que analicen e sexan máis conscientes de adquirir un producto.
Esta actividade está enmarcada dentro da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional proposta pola UNESCO.
Engadimos tamén enlace ao código PAOS (código de corregulación da publicidadede alimentos e bebidas dirixido a menores, prevención da obesidade e da saúde).
|
XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES #XBEGA22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xornada de formación
|
ANTES DA LECTURA "O PRINCIPIO" #Radionabiblio #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Iniciamos unha actividade en tres partes. Deste xeito abordamos a primeira "antes da lectura/antes da guerra". Da man do alumnado de 4º B, coñeceremos as súas ideas previas para abordar unha temática dura e difícil, pero necesaria. As ODS formarán parte fundamental deste pequeno proxecto. Escoitade á rapazada!
|
BRAILLE OBRADOIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade |
Dende a Biblioteca Creativa, no noso espazo argalleiro, o alumnado poderá gozar esta semana dun obradoiro de Braille, para visibilizar outros xeitos de escribir.
Ofértase unha plantilla para escribir o nome con axuda do material de apoio exposto no cadro Lego, coas súas pezas Braille. Tamén poderase descargar a tipografía Braille e poñer dende o ordenador o nome, texto... que se desexe.
Acompañamos o obradoiro de fondos bibliográficos e libros de texto en Braille usados por alumnado cego. Libros de texto e material de apoio cedido pola ONCE. Anéxase un conto, tamén da mesma fundación, que permite aprender a escribir en Braille e unha ficha para elaborar o nome, creación da biblioteca.
|
ERASMUS SUECIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de sexto que participou no programa Erasmus do proxecto Doris, compartiu con nós as suas vivencias e impresións, neste caso concreto na viaxe a Suecia. Alí visitaron varios centros educativos e varias cidades de Suecia.
Crean un primeiro borrador para a posterior escaleta. Despois de varias correcións, aquí temos o resultado, na nosa Radio Experimental.
Un traballo cargado de ilusión, non só polo vivido e contado senón tamén pola emoción da próxima visita.
|
CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - POR UN ALUMNADO EMPODERADO! #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de alumnado de 5º e 6º de primaria teñen en marcha diversas actividades que agora mesmo están a pleno rendemento. No club de inventos están facendo duendes con calcetíns.
Os dous clubs de teatro andan a voltas cos ensaios das súas obras, escritas por elas e eles.
No club de reciclaxe hai cartón por doquier, están facendo a árbore de Nadal coas súas decoración.
No club de baile non paran de mover o esquelete.
O comezo foi algo confuso, pois os clubs solapábanse en horarios e membros. Pero tras a conversa e a reflexión chegou a calma e agora as datas son as seguintes. Luns: Club de inventos Martes: Club de reciclaxe Mércores: Club de baile Xoves e venres: Clubs de teatro (un grupo cada día).
|
O MELLOR AGASALLO PAZ E PAN! ANUNCIO NADAL! #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Por un Nadal de Paz e Pan! A rapazada de 1º de Primaria escoita o conto adaptado pola aula de 4ºB, baseado en O Principio de Paula Carballeira. Así deciden realizar a terceira fase nunha lectura "Despois da lectura". Un anuncio que pretende abrir os ollos sobre realides actuais. Sobre as necesidades reais de países e xentes (incluso moi próximas a nós). De que non todo o importante é algo material e que a paz pode conseguirse con un bico, unha conversa, unha aperta, unha mirada ou un sorriso, estas cousas alimentan e sanan os problemas do mundo. Unha semente para todas e todos, pero en especial para os que poden plantar o bosque. Felices Festas! Esta actividade non sería posible sen a colaboración do pai dun alumno ao piano: Antonio Rodríguez Bustabad, a profe de Música: Antía Pita Martínez que realizou a tradución da letra ao galego e a grabación radiofónica, as mestras de 1º de E.P (Dulce, Carlota e María José) e o mellor que temos na escola: as nenas e os nenos!
|
CLUB DE BAILE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Club de baile de 5º e 6º despide así o trimestre! Felices Festas!
|
NOVOS OBRADOIROS DE PATIOS VIVOS #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Patios Vivos son un espazo de aprendizaxe e xogo respectable coa infancia e co medio ambiente.
En moitas ocasións o xogo é libre, pero algunhas veces, deseñamos obradoiros máis dirixidos. Nesta ocasión, a maioría relacionados co proxecto "Naturalmente, aprendendo!" sobre a flora e a fauna da nosa contorna.
Estas son as últimas propostas!
Anexamos explicación dos obradoiros.
|
OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro da proposta de obradoiros e faladoiros do alumnado, Lara e Nycolle ofértannos unha actividade de costura.
|
A IMPORTANCIA DE CONSERVAR A SEMENTE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro do proxecto "Aprendendo, naturalmente!", sobre a flora e fauna da nosa contorna, alumnado, profesorado e comunidade educativa xa estamos na fase de documentación e recollida de datos.
Deste xeito, o alumnado de 5º manterá unha conversa sobre a importancia da conservación das sementes, posteriormente realizarán un obradoiro de sementes e un inxerto, a actividade estará a cargo da Asociación Lugares Comúns.
Lugares Comúns é unha asociación da nosa vila conformada por persoas de diversas orixes que teñen como punto de encontro o respecto pola natureza.
O día 25 de febreiro ofertarán unha actividade de intercambio de sementes para toda a vila.
|
CHARLA, SEMENTEIROS E INXERTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Chema do Couzadoiro e Karen Leimdorfer,
da Asociación Lugares Comúns, ensínannos a importancia
de gardar as sementes das nosas hortas, a realizar uninxerto e
convídannos ao próximo intercambio de sementes na nosa vila!
Canto aprendemos!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »