Skip to main content

EXPERIMENTOS

NEVE - CLUB DE CIENCIAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O club de ciencias proponnos outra actividade dentro da Biblioteca Creativa.

Un experimento para facer neve artificial.

Un obradoiro que alumnado e tamén profesorado gozou en grande!

Apuntade! Moito bicarbonato, auga e unha manchea

de imaxinación! Crea a túa paisaxe de Nadal!

 

 

 

 

 

Volcáns ao noso xeito!

Hoxe, derradeiro día de este mes da ciencia en galego, vos queremos deixar unha pequena mostra do ben que traballa o alumnado desta escola. Como é obvio, o volcán da Palma entrou nas conversas do día a día das aulas dende o inicio de curso e moitos grupos non quixeron deixar pasar a oportunidade de aproveitar para achegarse a este fenómeno natural e, por suposto, a experimentación tiña que estar presente xa que é un método maravilloso para descubrir o mundo que nos rodea mentres que desenvolvemos o pensamento científico, traballamos en equipo...

 

Aquí vos deixamos un Genially coa mostra do traballo de diferentes aulas para que as imaxes falen por si mesmas pero xa vos avanzamos que foi unha gran experiencia!

 

 

 

 

Expoñendo a ciencia

Xa estamos en novembro, mes no que dende Bibliotecas escolares de Galicia se impulsa a celebración do Mes da ciencia en galego polo que Ataúlfo, o noso polbo favorito, xa ten nas súas patas un montón de recomendacións moi chulas en relación a esta temática polo que... si estades pensando en experimentar, argallar ou descubrir os segredos da ciencia, non dubidedes en botar unha ollada!!

 

Eu experimento na casa. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Como facer que o metal flote na auga?

 

APRENDENDO CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA

NA NOSA BIBLIOTECA APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

NESTA OCASIÓN VISITOUNOS ANDRÉS (o papá de Irene) PARA AMOSARNOS COMO FUNCIONAN OS IMÁNS E DEIXARNOS TOCAR, PROBAR, EXPERIMENTAR...

Distribuir contido