Skip to main content

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS Á FEIRA DOS LIBROS

Posted in

O escritor e investigador Antón Cortizas, un dos máis prolíficos e premiados autores da literatura infantil e xuvenil en Lingua Galega, autor das dúas máis importantes recoleccións de xogo, e xoguetes populares do folclore galego, estará con nós o vindeiro 30 de abril, martes, entre as 18 e 19:00 horas, pra compartir con nenas, nenos, nais, pais e público en xeral, uns agradables intres de enredo e lecer. Aproveitaremos esta visita para que nos asine os libros da súa autoría que lle levedes e, de paso, poderemos coñecer de primeira man a súa recén publicada: "ENCICLOPEDIA DO BRINQUEDO TRADICIONAL", que có cedeirés nome de TASTARABÁS, representa o máis importante compendio do mundo lúdico-tradicional, e está chamado a ser un fito sobranceiro nos estudos etnográficos de Galicia e o Estado Español.

Obrigados, Antón, ficamos en débeda.

NON PERDADES ESTA OCASIÓN DE COÑECER PERSOALMENTE A UN DOUS PERSOEIROS CREADORES DE CULTURA!!!!!

VEN A FEIRA DOS LIBROS!!!!