Skip to main content

Visita dos voluntarios da biblioteca á Biblioteca Municipal

Posted in

Os voluntarios da biblioteca que están a facer un traballo exemplar, desplazáronse á Biblioteca Municipal para ver e coñecer o seu funcionamento. Neste curso escolar, a nosa biblioteca está nun proceso de actualización adaptándose a CDU, que é o código universal das biblioteca de todo o mundo, no que se clasifican os fondos bibliotecarios por colores, códigos e idades. Ademáis estamos catalogando todos os nosos libros na aplicación informática "Meiga" de bibliotecas escolares. Ata o momento levamos uns 1.300 exemplares catalogados.  Proximamente esperamos comezar a traballar có préstamo bibliotecario informatizado nos recreos e polas tardes, pero para iso foi necesario un traballo previo liderado pola mestre Rebeca Léon e o seu equipo de biblioteca, coa axuda dos alumnos voluntarios. Consideramos que un colexio público debe ter unha biblioteca de calidade, e loitaremos por conseguilo.