Skip to main content

FORMACIÓN DE USUARIOS

FORMACIÓN DE USUARIOS COMO INICIO DUN NOVO PROXECTO

EMPEZAMOS O CURSO COMA OS ANOS ANTERIORES COA FORMACIÓN DE USUARIOS. APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA CONVIDAR ÁS FAMILIAS A PARTICIPAR COS NENOS E AS NENAS EN GRUPOS INTERACTIVOS.

FORON REPARTIDOS NOS SEGUINTES OBRADOIROS:

 

                       CREACIÓN DUN PLANO DA BIBLIOTECA                                                                             COLOCACIÓN DUN LOTE DE LIBROS TENDO EN CONTA A CDU

 

                                  MARCADORES PERSONALIZADOS                                                                                                  DECORADOS AO SEU GUSTO

 

                                                                                                    AS NORMAS DA BIBLIOTECA NO KAHOOT

 

                                                   LECTURA LIBRE                                                                                          BUSCA DE INFORMACIÓN ATENDENDO Á CDU

PERO ADEMÁIS, APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA DAR INICIO AO PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA: A EDUCACIÓN DA CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL.

 

A MODO DE EXPERIMENTO, ESTRAMOS ENVASES, PAPEIS, PLÁSTICOS... POLO CHAN (iso si, todo estaba limpo), PARA VER CAL ERA A REACCIÓN DOS NOSOS NENOS E NENAS: SE RECOLLÍAN E TIRABAN SEPARANDO PARA RECICLAR, SE NON RECOLLÍAN, SE LLES PRESTABA ESTAR NUN SITIO ASÍ OU NON...

 

OUTRAS NOTICIAS: CONTAMOS CON NOVOS ESPAZOS, QUE AÍNDA ESTÁN BALEIROS. PERO XA OS NENOS SE ESTÁN AFACENDO A ESTAR NELES: UN XARDÍN EXTERIOR E UNHA NOVA SALA PARA DIVERSAS ACTIVIDADES.

 

GRUPOS INTERACTIVOS E FORMACIÓN DE USUARIOS

Iniciamos o curso escolar programando as actividades de formación do alumnado como usuarios da biblioteca escolar do centro.

Os espazos da biblioteca, a organización dos fondos, a variedade de recursos a empregar, as normas de uso, o préstamo de libros...son algúns dos aspectos que se abordan nestas primeiras sesións.

Durante o desenvolvemento das actividades, o alumnado organízase a modo de grupos interactivos. Nesta forma de organización ten un valor engadido a presenza dun adulto voluntario en cada un dos subgrupos, favorecendo a interacción, participación e resolución das tarefas por parte do alumnado.

 

Todas as familias quedades convidadas a participar nestas actividades de formación de usuarios, actuando como adultos voluntarios.

As datas e horarios das sesións son as seguintes:

Podedes colaborar en calquera das sesións.

Teremos unha reunión informativa/formativa en data acordada previamente entre as familias participantes.

Animádevos a participar! Precisamos que anotedes os vosos datos a continuación.

  

VISITAS DOS GRUPOS

OS DISTINTOS GRUPOS VISITARON A BIBLIOTECA DURANTE O MES DE SETEMBRO PARA FORMARSE COMO USUARIOS.

APRENDERON E RECORDARON AS NORMAS, OS ESPAZOS, O USO DE MARCADORES CANDO VEÑEN LER Á BIBLIOTECA, COMO LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS EN PRÉSTITO PARA A CASA...

 

TAMÉN VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE CEDEIRA "LÓPEZ CORTÓN"

Distribuir contido