Animación á lectura

O meu primeiro principiño

No último trimestre de curso acercamos ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria ao que significa pertencer a un club de lectura.

Para elo, escollemos unha versión do Principiño adaptada para primeiros lectores. O libro titúlase “La historia del Principito” e está publicado pola editorial SM e nel aparecen ilustracións do libro orixinal.

Para acercar aos membros do club ao principiño, primeiro fixemos unha ambientación da obra e posteriormente explicamos a vida e obra do seu autor a través da seguinte presentación.

Durante os meses de abril e maio fomos realizando a lectura colectiva dos diferentes capítulos. Ao rematar cada capítulo recapitulabamos sobre o lido e iamos cubrindo a guía de lectura que elaboramos desde o equipo de biblioteca para facilitar a súa comprensión.

Unha vez rematada a lectura colectiva levaron o libro para as súas casas e compartir así a lectura final coas súas familias.

No mes de xuño realizamos un concurso de animación á lectura no que participou todo o alumnado de 1ºe 2º de educación primaria. Na galería de imaxes podedes observar o seu desenvolvemento. Fixemos 4 equipos de 5 compoñentes e o resultado final foi moi igualado xa que o coñecemento da trama do libro era moi completa.

Todas as personas participantes no club de lectura recibiron un pequeno agasallo cmo recoñecemento ao traballo realizado ao longo de todo o trimestre. Os equipos gañadores recibiron, a maiores, un diploma que pon e valor o seu coñecemento sobre o Principiño.

Por último, para rematar as sesións de lectura deste curso realizamos un kahoot! con preguntas sobre este libro onde a maioría do alumnado participou de forma individual.

Na última semana de curso realizamos un obradoiro STEM onde o alumnado se aproximou a creación de circuítos simples de electricidade. Algúns dos participantes optaron por realizar un circuíto de electricidade a partir dunha escena do libro.


RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO


Club de lectura de 3º de Ed. primaria

Este ano, o alumnado de 3º de Ed. Primaria iniciouse na realización dun Club de lectura no que participaron todos os nenos e nenas do curso.

Nas seguintes ligazóns iremos reflectindo o traballo e as actividades desenvolvidas ao longo do curso neste Club de lectura e aos concursos de animación á lectura que se realizan unha vez rematada a lectura do libro:

 

Último día de clase

O último día de clase do curso 2022/2023 despedimos ao alumnado de 6º cas e a entrega de premios aos mellores traballos fotográfics do concurso do Día do medio ambiente.

  • Entrega de orlas ao alumnado de Ed. Infantil

  • Entrega de diplomas aos mellores lectores.

  • Entrega de diplomas e premios do concuros do Día do medio ambiente

 

  • Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Ed. Primaria

  • Festas de fin de curso nas aulas

 

Kahoot sobre Mi primer Principito

Mi primer Principito...

 


RECURSOS EDUCATIVOS


Ravioli. Nós tamén creamos

Aquí poderedes ver o reultado final do noso traballo ao longo deste curso para participar no programa Nós tamén creamos! dentro do plan Proxecta.

Festa final de Ravioli

Como toda boa presentación dunha gran produción cinematográfica non puido faltar un pequeno ágape para agasallar aos principais protagonistas do traballo.

Foi un final de traballo moi divertido e pasámolo xenial comentando as nosas impresións sobre o traballo realizado.

Agora estamos agardando con expectación a presentación do noso traballo ao resto do alumnado o día final de curso.

Mochila viaxeira en 2º de Ed. Primaria

O curso escolar 2022/2023 o alumnado de  2º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada venres durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido polo titora de 2ºcurso, supervisado pola biblioteca e sendo as veces os nenos os que escollían os libros , pero semre procurando que teña un libro en galego, un libro en castel.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila.

Algún exemplo do material que acompaña a mochila do alumando de 2º curso de Educación Primaria foi o seguinte.

1º MOCHILA

Lingua Galega.

  • Orellas de Bolboreta   
  • Tonino     

Lingua castelá.

  • Pomelo descubre
  • John Lennon, IMAGINE                     
  • Caracola.
  • Reportero DOC

2ª MOCHILA

Lingua Galega.

  • Chocolata.
  • O gran libro da nosa horta

Lingua castelá.

  • Pomelo imagina
  • Gilda
  • Reportero DOC.
  • Caracola

O principal problema co que nos atopamos é a falta de estímulos positivos que reforcen o gusto pola lectura como acto lúdico, divertido e enriquecedor.

Temos que ensinar ao alumno a entender que nela podemos atopar catro funcións:

  • A lectura serve para informarnos.
  • A lectura serve para aprender.
  • Alectura serve para gozar.
  • A lectura serve para posibilitar unha opinión proia e critica.

Como conclusión debemos seguir fomentado o gusto pola lectura do noso alumnado.

Distribuir contido