Maio 2018

Letras Galegas 2018

Na semana das Letras galegas contamos coa presenza dos nosos veciños do CIFP Portovelo, na biblioteca do noso centro para interpretar varias pezas musicais para violín entre as que ían intercalando a recitaxe de versos dos poemas "Os vellos non deben de namorarse" e "Adeus ríos, adeus fontes".

Nos agasallámolos cun marcapáxinas da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas que levaba impreso nunha das súas caras o poema de Mª Victoria Moreno "Xa non teño medo". Todo o alumnado do centro participou nunha versión rapeada deste poema.

Asemade, o alumnado de 3º e 5º volveu a representar na biblioteca a obra de teatro "Ondiñas que veñen e van" coa que participou nos XXIII encontro de teatro escolar de Bande.

Versión rap do poema "Xa non teño medo"

GALERÍA DE IMAXES

Gamificando a aprendizaxe

O alumnado de 2º e 3º de Ed. Primaria e da aula de apoio, na Hora de ler, realizou un proxecto documental sobre “Os deuses do Olimpo”, ao longo do 1º e 2º trimestre deste curso.

Completaron un álbum de cromos cos principais deuses e pescudaron información sobre os seus poderes e protección. Os cromos foron elaborados por todo o alumnado participante, sendo os mellores traballos os que foron os escollidos para para imprimir.

Para avaliar os coñecementos adquiridos participaron nun Kahoot co que se divertiron ao mesmo tempo que amosaban o aprendido.

 RECURSOS EMPREGADOS


XXIII encontros de teatro escolar de Bande

O alumnado de 3º e 5º de Ed. Primaria participou, o 15 de maio, nos XXIII Encontros de teatro escolar de Bande que organiza o Concello coa colaboración do CEIP de Xaquín Lorenso e o IES Querquernis.

Este ano, representamos a obra titulada "Ondiñas que van e veñen" que nos mesmos elaboramos dentro do proxecto documental integrado que estamos a desenvolver, en 3º de Ed. Primaria, sobre a contaminación da nosa contorna .

Esta obra de teatro, sérvenos para reflexionar sobre a contaminación que os humanos estamos causando nas nosas praias e mares.

Parabéns para todo o alumnado participante pola súa actuación!!

GALERÍA DE IMAXES

 

VI concurso de Poesía do Círculo poético ourensásn

A finais de abril, dúas alumnas do noso centro resultaron finalistas no VI concurso de poesía Círculo poético ourensán convocado para todo o alumnado da provincia de Ourense. Nesta edición o lema escollido foi “Sentimentos na escola”.

Os 20 mellores poemas serán publicados na Antoloxía: “Sentementos na escola” que será entregada aos gañadores na próxima edición do concurso.

Moitos parabéns para Sandra e Nicole de 5º de Ed. Primaria!!

 

Meteorólogos do Sueiro

O equipo de meteorólogos do Sueiro explícanos a composición do aire, a formación de nubes e o tipo de precipitacións máis abundantes que hai na nosa zona.

Para elo, traballaron cunha metodoloxía "maker" na que eles foron quen de dar solucción ao reto proposto que consistía en crear un programa audiovisual informativo sobre meteoroloxía entre todo o grupo de 4º de Ed. Primaria.

GALERÍA DE IMAXES

 

O eco das amazonas

O 17 de abril visitamos a exposición “O eco das amazonas”, do artista plástico ourensán Baldomero Moreiras, na sala Ángel Valente.

Como se de 35 planetas se tratase, Baldomero Moreiras, recupera do esquecemento a 35 mulleres pola súa contribución aos mundos da cultura, ás ciencias, á política...

Hai traballos sobre mulleres de moitas nacionalidades e séculos entre as que abondan mulleres galegas coma: Isabel Barreto, pontevedresa e 1ª almirante da historia en mares do pacífico; Mª Aurea Rodriguez tocaba a gaita no grupo As marabillas de Cartelle cos seus irmáns para saír da pobreza…

O alumnado e profesorado seguimos as explicacións que o artista nos ofreceu durante o percorrido que fixemos pola sala de exposicións, cunha parada especial na bola dedicada á muller que salvagardou o cadro de “As Meninas” de Velázquez (entre outros) do Museo do Prado, durante a Guerra Civil española, Mª Teresa León Goyre, trasladándoos ata Valencia.

VISITA ALUMNADO DE 1º E 2º ED. PRIMARIA

VISITA DO ALUMNADO DE 3º ED. PRIMARIA

O xinete das árbores

O 8 de maio contamos coa presenza do maxistral contacontos de Chantada, Anxo Moure, que trouxo ao noso centro o espectáculo “O xinete das árbores” co que puxo de manifesto o seu amor e defensa dos bosques galegos.

Anxo transformouse nun home-árbore, un ser humano “boscoso”, un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que este verán asolaron terras da montaña de Ourense, para que as nenas e nenos lle axudaran a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras, para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar.

O obxectivo principal era que as nenas e nenos coñeceran o nome das árbores e a súa importancia, a través de contos, lendas, poesías, música e imaxes para sentilas como as súas “irmauciñas” (según contaba o escritor ourensán Otero Pedrayo) emparentándoas coas árbores da sua cidade.

Todo o alumnado participante na actividade quedou con gañas de seguir escoitando as historias deste gran contacontos…

… esperamos que volva pronto a visitarnos!!

María Victoria Moreno (2018)

A escritora María Victoria Moreno Márquez, filla de Vicente, militar, e Sara, mestra, naceu na cidade cacereña de Valencia de Alcántara o 1 de maio de 1939.

Estudou o bacharelato en Barcelona e Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid cos profesores Rafael Lapesa e Dámaso
Alonso.

Con 22 anos trasladouse a Galicia para dar clases de Lingua Española en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. Nesta cidade traballou nos IES «Valle Inclán» e «G. Torrente Ballester».

Foi unha gran defensora do galego, idioma no que escribiu a gran maioría da súa obra literaria.

A súa primeira publicación foi «Mar Adiante», en 1973. Dous anos despois, gañou o 1º Premio do Concurso de Contos Infantís O Facho coa obra «O cataventos».

A súa producción literaria en galego é enorme e a maioría adicada aos lectores máis novos: «Anagnórise», «Leonardo e os fontaneiros», «E haberá tirón de orellas?», «Guedellas de seda e liño», «Eu conto, ti cantas», «A brétema»...

O 22 de novembro de 2005, aos 66 anos, finou na cidade de Pontevedra.

Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras 2018 polos libros que escribiu e pola defensa do noso idioma.

Texto orixinal do Seminario Galán