COVID-19

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 CURSO 2021-2022

 

PUBLICACIÓN DO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 DO NOSO CENTRO PARA O CURSO 2021-2022.

 

Poñemos a disposición de toda a comunidade educativa do Plan de Adaptación á situación COVID-19 do noso centro educativo para o presente curso 2021-2022.

 

É moi importante que leades con atención o documento e facer un esforzo por cumprilo para seguridade de toda a comunidade educativa.

 

Enlace á documentación:

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 DO CENTRO

 

 

 

 

PLAN DE CONTINXENCIA

Publicación do Plan de Continxencia sobre actuacións en caso de abrochos ou confinamentos para o curso 2020-2021.

ACCESO AO DOCUMENTO

 

 

ENQUISA AUTOAVALIACIÓN DE SINTOMATOLOXÍA DO COVID-19

Na seguinte táboa recollemos a avaliación diaria que deberán facer os pais/nais/titores legais ao alumnado antes do inicio da xornada escolar.

 

No caso de que o/a alumno/a teña polo menos un dos síntomas non se enviará  ao colexio e a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia do alumno/a e con algunha das persoas membros do equipo COVID.

 

 

 

Clica na imaxe para abrir a enquisa en formato pdf

CARTAS PARA O ARQUITECTO MARCIDE IV

 

Chegou a hora da participación de educación Infantil.  Os pequenos do cole tamén participaron.Tamén participou algún neno/a do primaria, que quedara a súa carta por enviar.

Así de fermosas quedaron as cartas.

 

 

 

Desde o centro queremos agradecer ao hospital a boa acollida que tivo esta actividade. Responderon sempre con moita amabilidade e dando a importancia que se merecían ao traballo dos noso rapaces.

 

Tamén queremos agradecer a todo o alumnado que libremente decidiu participar e pór un grao pequeno de area para dar ánimos ás persoas que están a pasalo mal nesta pandemia.

 

Moitas grazas!

 

 

MAIOS 2020

 

Este ano non puidemos celebrar Os Maios na praza de Isabel II xunto coa Residencia de Maios, a escola infantil A Galiña Azul, a asociación ASPROMOR, o IES, a agrupación musical Escola de Gaitas de Ortigueira, e todos os veciños de Ortigueira.

 

Esta vez tocou celebralo desde a casa, pero celebración houbo. 

 

 

Creatividade que non falte. Hai alfombras, coroas...para todos os gustos.

 

Clicando no seguinte enlace poderás acceder a todas as fotos que nos chegaron desde as casas. Galería de fotos

Moitas grazas a todos por participar.

MODIFICACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

 

Programacións do 3º trimestre adaptadas segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

1º DE PRIMARIA

 

Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)

Música

Inglés

Ed. Física

 

2º Primaria

Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais)

Música

Expres. Plástica

Valores

Inglés

 

3º Primaria

Programación  (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)

Música

Inglés

 

4º Primaria

Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)

Música

Inglés

 

5º Primaria

Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica)

Música

Inglés

Valores

 

6º Primaria

Lengua Castellana

Lingua Galega

Matemáticas

Ciencias da Natureza

Ciencias Sociais

Plástica

Música

Inglés

Robótica

Valores

 

 ESPECIALISTAS:

Educación Física (2º a 6º de Primaria)

Relixión

 

 

CARTAS PARA O ARQUITECTO MARCIDE III

 

Esta semana tocou o turno á rapazada de 1º e 2º de Primaria. Volvemos a coller lapis e papel para animar un poquiño a pacientes do hospital ingresados polo COVID-19 e tamén a todo o personal que traballa nel.

 

 

Grazas a todos os nenos e nenas que, voluntariamente, adicaron un pouquiño de tempo en facer todas estas cartas marabillosas.

 

INSTRUCIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

 

A Consellería publicou as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019-2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

No seguinte enlace poderedes acceder ao documento.

 

Instrucións do 27 de abril

 

O centro a partir de ditas instrucións revisarán e adaptarán as programacións didácticas para o terceiro trimestre. Ditas modificacións serán publicitadas na páxina web do centro.

 

 

CARTAS PARA O HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE-II

 

Este venres, día 24 de abril, saiu o segundo lote de cartas para o Hospital Arquitecto Marcide. 

Se na primeira tandada foi o alumnado de 5º e 6º o encargado de escribir tanto a pacientes illados polo COVID-19 coma para o persoal sanitario, desta vez o turno foi para o alumnado de 3º e 4º de Primaria.

 

 

O responsable de dita actividade no hospital púxose en contacto co centro para darnos as grazas, tanto ao profesorado pola iniciativa, coma aos rapaces e rapazas que adicaron un pouco de tempo a realizar ditas cartas. 

Pronto tocará facer as cartas a outros nenos e nenas do cole. Todo o alumnado terá a oportunidade de participar.

Parabéns a todos os participantes!

 

Distribuir contido