COVID-19

CARTAS PARA O HOSPITAL DE FERROL

 

Hoxe queremos presentaros unha actividade que estamos facendo co hospital Arquitecto Marcide.

 

É unha iniciativa que parte dunha cirurxá do Hospital de La Princesa para animar e acompañar aos doentes afectados polo coronavirus. Trátase de que os rapaces enviaran cartas de ánimo e esperanza para os enfermos.

 

E nós puxémonos en contacto cos nosos centros hospitalarios de referencia e aceptaron participar.

 

 

 

Despois de tanto esforzo e tanta ilusión que puxeron os nenos e nenas, só esperamos que tiveran o efecto esperado: dar un pouco de ánimo aos enfermos.

 

E tamén tiveron un detalle para todo o persoal que traballa no hospital, xa que algunhas das cartas foron feitas para eles. 

 

Esperemos que toda esta situación tan terrible pase pronto.

RETOMAMOS A ACTIVIDADE LECTIVA

 

Estimadas familias:

 

Despois do parón de Semana Santa toca "volver". Por desgracia, continuaremos o traballo desde casa. 

 

Hoxe a Consellería fixo un comunicado ao que podedes acceder desde o seguinte enlace: 

 

Comunicado do 13 de abril de 2020

 

 

Estamos pendente de novas instruccións da Consellería que agardamos que cheguen a finais desta semana. Informaremos en canto nos sexa posible.

 

Agradecemos todo o esforzo que estades facendo as familias para que os nenos continúen o seu proceso educativo.

Moito ánimo!

 

 

PASO A PASO CON LEANDRO LAMAS: EU FICO NA CASA

Queremos presentarvos unha actividae que fixeron rapaces de  sexto e quinto neste período de confinamento nas casas. 

Aproveitando que o ilustrador Leandro Lamas convidaba a realizar deseños guiados paso a paso, a través do seu perfil de facebook, algúns profes decidiron animar aos seu alumnado.

Os resultados foron sorprendentes. Velaquí tedes o produto final.

 

 

 

 

 

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

 

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

 

Estimadas familias:

O día 27 de marzo recibimos instruccións por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

Para dar cumprimento a estas instruccións o centro avaliará tomando como referencia os contidos e os instrumentos de avaliación que foron traballados e aplicados ata o día 12 de marzo.

As notas publicaranse o día 3 de abril ás 14:00 horas mediante a plataforma Abalar

( Abalar móbil ou Espazo Abalar).

As familias que non teñan descargada a aplicación Abalar móbil poden acceder ao manual proporcionado pola Consellería. (Enlace)

Desde o centro, aconsellamos que todas as familias descarguen Abalar móbil, para mellorar a comunicación familia-colexio.

Para calquera dúbida  poden contactar co centro no correo:

ceip.josemaria.lage@edu.xunta.es

 

Moito ánimo para esta etapa tan difícil que estamos a pasar todos.

 

Un saúdo,

O Equipo Directivo

 

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA COMO CONSECUENCIA DO COVID-19 

 

ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (Enlace ao DOG)

 

BENEFICIARIOS: Familias que cumpren os requisitos económicos  que durante o curso escolar 2019/2020 pagan 0€ ou 1€ polo comedor escolar.

 

Prazo de presentación: dende o día 31 de marzo ata o 6 de abril (ambos inclusive)

Para máis información: enlace 

 

IMPORTANTE:

No caso das familias que non dispoñan de identificación FNT ou Chave 365,

enviarán a maiores dos datos solicitados no enlace, titular da conta

bancaria e o código BIC SWIFT da mesma. 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

A suspensión das clases será desde o luns 16 de marzo e durará, en principio, catorce días. 

Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información:

 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020 (publicado o xoves 12 de marzo)

Novas instrucións en relación co COVID-19 (publicado o venres 13 de marzo)

 

A actualización desta fin de semana das web dinámicas da Consellería impediu actualizar a páxina web do centro. 

En breve subiremos á páxina web as propostas de actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o alumnado as poida realizar dende o seu domicilio.

Tamén subiremos propostas que consideremos interesantes para aproveitar o mellor posible este tempo de permanencia nos fogares.

Estaremos á vosa disposición a través do correo do centro: ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal

Un saúdo do Equipo Directivo

 

 

 

 

 

Distribuir contido