CURSO 2019-2020
CENTRO E DIXGAL PARA O CURSO 2020-2021
A Consellería de Educación acaba de facer pública a Resolución
definitiva de centros admitidos para participar no proxecto Educación
Dixital E-DIXGAL.
O CEIP José María Lage formará parte deste proxecto: No curso 2020-2021 comezará en 5º de educación primaira, e no curso 2021-2022 estenderase a 5º e 6º de educación primaria.
Máis información:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31281
CARTAS PARA O ARQUITECTO MARCIDE IV
Chegou a hora da participación de educación Infantil. Os pequenos do cole tamén participaron.Tamén participou algún neno/a do primaria, que quedara a súa carta por enviar.
Así de fermosas quedaron as cartas.
Desde o centro queremos agradecer ao hospital a boa acollida que tivo esta actividade. Responderon sempre con moita amabilidade e dando a importancia que se merecían ao traballo dos noso rapaces.
Tamén queremos agradecer a todo o alumnado que libremente decidiu participar e pór un grao pequeno de area para dar ánimos ás persoas que están a pasalo mal nesta pandemia.
Moitas grazas!
MAIOS 2020
Este ano non puidemos celebrar Os Maios na praza de Isabel II xunto coa Residencia de Maios, a escola infantil A Galiña Azul, a asociación ASPROMOR, o IES, a agrupación musical Escola de Gaitas de Ortigueira, e todos os veciños de Ortigueira.
Esta vez tocou celebralo desde a casa, pero celebración houbo.
Creatividade que non falte. Hai alfombras, coroas...para todos os gustos.
Clicando no seguinte enlace poderás acceder a todas as fotos que nos chegaron desde as casas. Galería de fotos
Moitas grazas a todos por participar.
MODIFICACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
Programacións do 3º trimestre adaptadas segundo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
1º DE PRIMARIA
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)
2º Primaria
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais)
3º Primaria
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)
4º Primaria
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica, Valores)
5º Primaria
Programación (Lengua Castellana, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Plástica)
6º Primaria
ESPECIALISTAS:
Educación Física (2º a 6º de Primaria)
CARTAS PARA O ARQUITECTO MARCIDE III
Esta semana tocou o turno á rapazada de 1º e 2º de Primaria. Volvemos a coller lapis e papel para animar un poquiño a pacientes do hospital ingresados polo COVID-19 e tamén a todo o personal que traballa nel.
Grazas a todos os nenos e nenas que, voluntariamente, adicaron un pouquiño de tempo en facer todas estas cartas marabillosas.
INSTRUCIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
A Consellería publicou as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019-2020, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
No seguinte enlace poderedes acceder ao documento.
O centro a partir de ditas instrucións revisarán e adaptarán as programacións didácticas para o terceiro trimestre. Ditas modificacións serán publicitadas na páxina web do centro.
CARTAS PARA O HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE-II
Este venres, día 24 de abril, saiu o segundo lote de cartas para o Hospital Arquitecto Marcide.
Se na primeira tandada foi o alumnado de 5º e 6º o encargado de escribir tanto a pacientes illados polo COVID-19 coma para o persoal sanitario, desta vez o turno foi para o alumnado de 3º e 4º de Primaria.
O responsable de dita actividade no hospital púxose en contacto co centro para darnos as grazas, tanto ao profesorado pola iniciativa, coma aos rapaces e rapazas que adicaron un pouco de tempo a realizar ditas cartas.
Pronto tocará facer as cartas a outros nenos e nenas do cole. Todo o alumnado terá a oportunidade de participar.
Parabéns a todos os participantes!
CARTAS PARA O HOSPITAL DE FERROL
Hoxe queremos presentaros unha actividade que estamos facendo co hospital Arquitecto Marcide.
É unha iniciativa que parte dunha cirurxá do Hospital de La Princesa para animar e acompañar aos doentes afectados polo coronavirus. Trátase de que os rapaces enviaran cartas de ánimo e esperanza para os enfermos.
E nós puxémonos en contacto cos nosos centros hospitalarios de referencia e aceptaron participar.
Despois de tanto esforzo e tanta ilusión que puxeron os nenos e nenas, só esperamos que tiveran o efecto esperado: dar un pouco de ánimo aos enfermos.
E tamén tiveron un detalle para todo o persoal que traballa no hospital, xa que algunhas das cartas foron feitas para eles.
Esperemos que toda esta situación tan terrible pase pronto.
RETOMAMOS A ACTIVIDADE LECTIVA
Estimadas familias:
Despois do parón de Semana Santa toca "volver". Por desgracia, continuaremos o traballo desde casa.
Hoxe a Consellería fixo un comunicado ao que podedes acceder desde o seguinte enlace:
Comunicado do 13 de abril de 2020
Estamos pendente de novas instruccións da Consellería que agardamos que cheguen a finais desta semana. Informaremos en canto nos sexa posible.
Agradecemos todo o esforzo que estades facendo as familias para que os nenos continúen o seu proceso educativo.
Moito ánimo!
PASO A PASO CON LEANDRO LAMAS: EU FICO NA CASA
Queremos presentarvos unha actividae que fixeron rapaces de sexto e quinto neste período de confinamento nas casas.
Aproveitando que o ilustrador Leandro Lamas convidaba a realizar deseños guiados paso a paso, a través do seu perfil de facebook, algúns profes decidiron animar aos seu alumnado.
Os resultados foron sorprendentes. Velaquí tedes o produto final.
