CURSO 2019-2020

FORMACIÓN EN IMPRESIÓN 3D

Este curso, o profesorado do centro estamos a formarnos en impresión 3D, grazas ao PFPP do centro. É unha actividade máis dentro do proxecto de innovación educativa robótica en primaria.

Aquí queda un pequeno video dunha das pezas que elaboramos para construir un robot no CFR de Ferrol.

 

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

 

AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

 

Estimadas familias:

O día 27 de marzo recibimos instruccións por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre:

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

Para dar cumprimento a estas instruccións o centro avaliará tomando como referencia os contidos e os instrumentos de avaliación que foron traballados e aplicados ata o día 12 de marzo.

As notas publicaranse o día 3 de abril ás 14:00 horas mediante a plataforma Abalar

( Abalar móbil ou Espazo Abalar).

As familias que non teñan descargada a aplicación Abalar móbil poden acceder ao manual proporcionado pola Consellería. (Enlace)

Desde o centro, aconsellamos que todas as familias descarguen Abalar móbil, para mellorar a comunicación familia-colexio.

Para calquera dúbida  poden contactar co centro no correo:

ceip.josemaria.lage@edu.xunta.es

 

Moito ánimo para esta etapa tan difícil que estamos a pasar todos.

 

Un saúdo,

O Equipo Directivo

 

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR COMO CONSECUENCIA DO COVID-19

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA COMO CONSECUENCIA DO COVID-19 

 

ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (Enlace ao DOG)

 

BENEFICIARIOS: Familias que cumpren os requisitos económicos  que durante o curso escolar 2019/2020 pagan 0€ ou 1€ polo comedor escolar.

 

Prazo de presentación: dende o día 31 de marzo ata o 6 de abril (ambos inclusive)

Para máis información: enlace 

 

IMPORTANTE:

No caso das familias que non dispoñan de identificación FNT ou Chave 365,

enviarán a maiores dos datos solicitados no enlace, titular da conta

bancaria e o código BIC SWIFT da mesma. 

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

A suspensión das clases será desde o luns 16 de marzo e durará, en principio, catorce días. 

Nos seguintes enlaces podedes acceder a toda a información:

 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia COVID-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020 (publicado o xoves 12 de marzo)

Novas instrucións en relación co COVID-19 (publicado o venres 13 de marzo)

 

A actualización desta fin de semana das web dinámicas da Consellería impediu actualizar a páxina web do centro. 

En breve subiremos á páxina web as propostas de actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o alumnado as poida realizar dende o seu domicilio.

Tamén subiremos propostas que consideremos interesantes para aproveitar o mellor posible este tempo de permanencia nos fogares.

Estaremos á vosa disposición a través do correo do centro: ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal

Un saúdo do Equipo Directivo

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2020: " A RECICLAXE"

Esta semana celebramos no colexio o entroido. O venres realizamos o tradicional desfile polas rúas do concello. 

Esta vez compañáronnos a escola infantil A Galiña Azul e Aspromor. Animou o desfile a Escola de Gaitas de Ortigueira.

O colexio disfrazouse sobre o tema da reciclaxe e as enerxías renovables. 

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

Alumnos de 4º de Educación Infantil disfrazados de placas solares.

 

Alumnado de 5º de Educación Infantil disfrazados de muíños de vento.

 

Alumnado de 6º de Educación Infantil disfrazados de lámpadas led.

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria disfrazáronse de residuos cos seus colectores correspondentes.

 

Alumnos e alumnas de 1º de Primaria 

 

Aula de 2ºA de Educación Primaria

 

Aula de 2ºB de Educación Primaria

 

O alumnado de 3º e 4º de Primaria foron disfrazados de animais de granxa.

Aula de 3º Primaria- Grupo B

 

Aula de 3º Primaria- Grupo A

 

Aula de 4º de Primaria- Grupo A

 

Aula de 4º Primaria- Grupo B

 

 

Os nenos e nenas de 5º disfrazáronse de illas de plástico no océano, como xeito de concienciar sobre o mal uso de plásticos e das consecuencias do mal tratamento dos resuiduos.

 


 

Aula de 5º de Primaria- Grupo A

 

Aula de 5º Primaria- Grupo B

 

E por fin o alumnado de 6º de Primaria, a brigada anticontaminación, empezando pola casa, logo Ortigueira aplicando as RRR Reducir, Reciclar e Reutilizar. 

Alumnos e alumnas de 6º de Primaria

 

E ata aquí chegou o entroido no CEIP José María Lage, apostando por un futuro responsable co medio ambiente.

 

 

Distribuir contido