Novas
Reserva de Praza IES de Ortigueira
Enviado por fani.perez o Mar, 2023-01-17 12:33Dende o día 16 de xaneiro está aberto o prazo para a reserva de praza no IES de Ortigueira para o alumnado de 6º de Educación Primaria; por ser o IES adscrito que nos corresponde; aínda que despois a matrícula se realice noutro instituto (segundo o Decreto 13/2022 de 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022).
O alumnado de 6º de Educación Primaria levará unha copia impresa facilitada dende o centro educativo.
Todo o resto do alumando do centro, terá asegurada permanencia o próximo curso e non terán que facer reserva de praza, é só para o alumnado de 6º de Educación Primaria.
ACCESO Á APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO
Ampliación de axudas para adquirir material escolar
Enviado por Anónimo o Lun, 2022-10-17 13:17No DOG do día 14 de outubro de 2022 publícase a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, onde se establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.
As familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do martes 18 de outubro, en horario de Secretaría de 11:30 a 12:20 horas sen necesidade de pedir cita previa. O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.
Atentamente
O Equipo Directivo.
Calendario escolar 2022/2023 e instrucións
CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023
PENDENTE DE APROBACIÓN DOS DÍAS NON LECTIVOS SOLICITADOS POLO CENTRO.
INSTRUCIÓNS PARA O CURSO 2022-2023
INSTRUCIÓNS COMEDORES ESCOLARES 22/23
Enviado por fani.perez o Xov, 2022-06-30 12:15Publicadas as instrucións sobre o funcionamento dos comedores escolares para o curso 2022/2023
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o alumnado.
O modelo de Autodeclaración poderá ser presentado presencialmente ou vía correo electrónico do centro educativo acompañado do volante de empadronamento no que figuren todos os membros da unidade familiar.
ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Adxuntamos enlace da calculadora:
LISTADO LIBROS DE TEXTO 2022 - 2023
Nos seguintes enlaces poderedes acceder á listaxe dos libros de texto para o curso 2022-2023.
O próximo curso cambian libros en 1º e 3º de Primaria.
MIRADE BEN, HAI LIBROS QUE NON HAI QUE MERCAR (OS QUE ESTÁN REMARCADOS).
Non hai listaxe de libros de texto para o alumnado de 5º e 6º de Primaria por participar no proxecto Educación dixital E-Dixgal.
Becas NEAE 2022 - 2023
Enviado por Anónimo o Lun, 2022-05-23 11:09Aberto o prazo para a solicitude de Becas e Axudas para Alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022 - 2023.
PRAZO: do 19 de maio ao 30 de setembro do 2022
As solicitudes, tal e como se explica na resolución pola que se convocan as axudas, han de entregarse no centro docente no que os solicitantes vaian seguir os estudos durante o curso académico 2022 - 2023.
Para máis información clica AQUÍ
Enlace á sede electrónica AQUÍ
Para máis información chame ao Departamento de Orientación do centro.
