Saídas e excursións
Excursión "museos científicos". A Coruña - 5º de primaria
O pasado luns 28 de maio os alumnos de quinto de primaria visitaron os museos científicos coruñeses: Acuario Finisterrae, Casa do Home e Casa das Ciencias.
A visita ao Acuario Finisterrae entusiasmou a todo o alumnado. As rapazas e rapaces mergulláronse de cheo na gran riqueza de coñecemento que abarca todo o relacionado coa vida acuática.
O alumnado non perdeu detalle de toda a información que presenciaron no acuario. A concentración foi máxima.
O percorrido polas distintas estancias temáticas fixo moi amena e variada toda a visita.
A vida no mar, próxima pero á vez descoñecida nos seus detalles. Esta exposición aclarou moitas dúbidas e espertou o interese das rapazas e rapaces.
Ávatar puxo de moda o cine 3D, pero moitos anos antes esta texnoloxía atopábase dispoñible na "Casa do Home".
A "Casa das Ciencias" é sen dúbida o mellor lugar para fomentar o espírito científico do alumnado. Un día estupendo e soleado para disfrutar da ciencia nunha das cidades máis fermosas de Galicia.
Enviamos unha carta - visita a Correos.
O pasado día 4 de maio, o alumnado do primeiro nivel fixo unha visita á oficina de correos. A visita estivo motivada polo traballo realizado na aula sobre a elaboración dunha carta e os seus diferentes apartados: data, saúdo, preguntas de cortesía, corpo da carta e despedida. Aproveitando a actividade fixemos unha visita á sucursal de Ortigueira.
Témoslle que agradecer ao personal de correos a paciencia e amabilidade que mostraron en todo momento a pesar da inquietude propia dos nenos destas idades.
Cada neno levou a súa carta e participaron no proceso de envío.
O director da oficina mostrounos as instalacións e explicoulles todos os procesos que se levan a cabo nela.
Ademáis recibiron un agasallo sorpresa que lles axudará coa difícil tarefa do aforro. Todo o alumnado disfrutou moito da saída e quedaron encantados co trato recibido na oficina. Dende o CEIP José María Lage dámoslles as grazas ao persoal de Correos, e animamos a todas as nenas e os nenos a que participen nun hábito tan bo como é manter correspondencia con amigos e familiares.