Portada
CEIP JOSÉ MARÍA LAGE
Pedro Castiñeiras s/n
15330 ORTIGUEIRA
Correo electrónico: ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Teléfono: 881 93 04 17
Admisión Alumando
Enviado por Anónimo o Xov, 2023-03-23 13:05INFORMACIÓN SECRETARÍA
Unha vez rematado o prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión para o curso académico 2023/2024, comunícase que non é necesario presentar documentación para a baremación, xa que todo o alumnado obtén praza no noso centro.
A listaxe provisional sairá o 24 de abril e será publicada nos taboleiros interiores do centro. Tamén se poderá consultar a través da sede electrónica da Xunta con certificado dixital ou Chave 365.
Lembrar que a formalización de matrícula de 4º de Educación Infantil se fará o día 27 de xuño ás 11:00, tras a reunión coas titoras de Educación Infantil.
Revista Escolar Curso 22-23
Ola a todos e todas! Aquí tedes o último número da Revista Escolar "A Nosa Voz".
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con motivo da Semana da Prensa elaboramos esta revista coas diferentes aportacións do alumnado do centro.
Agradecemos a vosa participación!
PREME NA IMAXE DA ESQUERDA PARA VER O CONTIDO.
Dígocho Eu - Olimpíadas Rurais
Enviado por Anónimo o Xov, 2023-03-02 15:25Xa está publicado o vídeoclip das Olimpíadas Rurais, que o artista Diego de Braelle, o noso veciño de Couzadouiro presentou ao Concurso Unha canción para Esther, do programa da TVG Dígocho Eu.
Foi unha xornada de xogos e probas que se fan nas Olimpíadas Rurais de Couzadoiro, bailes e risas, onde fomos partícipes en primeira persoa do traballo audiovisual que se fai na televisión.
Aquí está o resultdado final! Agardamos que o desfrutedes!
PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO VÍDEO
Rúa da Inclusión
Enviado por Anónimo o Mar, 2022-12-13 18:26O alumnado de 5º e 6º precisa da vosa colaboración para a racadación de firmas no seu proxecto.
Moitas rúas toman o seu nome de persoas ou colectivos importantes, sucesos históricos ou conceptos significativos; pero no noso país non hai ningunha rúa adicada á inclusión.
Cremos que a existencia desta rúa contribuirá á creación dunha sociedade máis inclusiva e invitará á reflexión de todos os pasen ou vivan nela. Será un xesto que permanecerá na nosa localidade e falará da nosa sensibilidadede cara tan importante asunto.
Tras falar co Alcalde da nosa vila, e que lles explicase como é o proceso de cambio de nome dunha rúa, están agora na recollida de firmas para adxuntar á instancia.
Se lles queres axudar, clica AQUÍ.
MAGOSTO 2022
Hoxe, venres 11 de novembro, Día de San Martiño, celebramos no cole o Magosto. Este año tivemos a colaboración especial da ANPA CURUXEIRA, a asociación de pais e nais do noso centro.
Nais e pais voluntarios desta asociación achegáronse ao centro desde primeira hora da mañá para asar as castañas que viñeron da man de Ecofroitas do Ortegal, unha pequena empresa do Mosteiro (Barbos) que se adica á produción ecolóxica de diferentes froitas, entre elas estas ricas castañas, que logo foron degustadas por toda a comunidade educativa.
Clicando na foto accederedes á galería de fotos do Magosto
E xunto co Magosto, celebramos tamén o Día do Peón, que xa sabemos todos que:
"Polo San Martiño,
peóns ao camiño."
Desde o centro, queremos darlles as grazas á ANPA Curuxeira, pola axuda proporcionada.
Información Edixgal
Edixgal 22-23 de perezyanez
Calendario escolar 2022/2023 e instrucións
CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023
PENDENTE DE APROBACIÓN DOS DÍAS NON LECTIVOS SOLICITADOS POLO CENTRO.
INSTRUCIÓNS PARA O CURSO 2022-2023
