curso 2022 - 2023
COLABORACIÓN DO CICLO DE MADEIRA DO IES DE ORTIGUEIRA CO COLEXIO
Este curso iniciamos a andaina da Comisión de Dinamización dos Patios. A comisión está composta por profesorado do centro, representantes de pais e nais do Consello Escolar e membros da ANPA Curuxeira.
A idea é ir pouco a pouco dotando aos patios de espazos de maior calidade así coma de materiais e recursos para diversificar as posibilidades de entretemento no tempo de lecer.
O xoves 25, grazas a colaboración do Ciclo de madeira do IES de Ortigueira, ampliamos a dotación no patio "dos maiores". Esa mañá achegáronse dous profes do ciclo, xunto a unha representación do alumnado e entregáronos un xogo de fichas de damas e outro para xogar ao tres en raia. Tamén asistiron á entrega varios membros da ANPA, representantes do alumnado do colexio e a directora do centro.
Queremos agradecer ao ciclo de madeira a súa boa disposición a axudarnos. Sempre dispostos a botar unha man.
Tamén agradecer a colaboración da ANPA Curuxeira nesta actividade, que organizou e donou o taboleiro para a realización das pezas.
E o venres 26, na celebración dos Maios, estreamos o photocall feito tamén polo ciclo de madeira. Mirade que chulo quedou adornado con flores feitas no cole.
Seguro que lle daremos moito uso. Grazas a todos os mestres e alumnado que traballou neste proxecto.
TRIORAMAS DE CONTOS
Entre moitas actividades para celebrar o Día do Libro, realizamos trioramas.
Primeiro o alumnado escolleu libremente o libro que quería ler. Logo realizaron os trioramas en función do conto. Nesta actividade mestúrase a lectura, a análise, toma de decisións e a creatividade.
Tamén traballaron a expresión oral, xa que tiveron que contarlles aos compañeiros os contos, con axuda dos trioramas. E por último, gravamos os seguintes vídeos.
A verdade é que traballaron moito, e quedaron moi contentos co resultado final.
Aquí tedes o resultado.
CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL
O pasado venres, 21 de abril, organizamos unha carreira solidaria na que participou toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.
Trátase da 8ª Carreira Solidaria A Volta ao Cole contra a leucemia infantil. Unha carreira na que todos gañamos.
No seguinte vídeo poderedes ver a todo o centro participando na carreira.
MAGOSTO 2022
Hoxe, venres 11 de novembro, Día de San Martiño, celebramos no cole o Magosto. Este año tivemos a colaboración especial da ANPA CURUXEIRA, a asociación de pais e nais do noso centro.
Nais e pais voluntarios desta asociación achegáronse ao centro desde primeira hora da mañá para asar as castañas que viñeron da man de Ecofroitas do Ortegal, unha pequena empresa do Mosteiro (Barbos) que se adica á produción ecolóxica de diferentes froitas, entre elas estas ricas castañas, que logo foron degustadas por toda a comunidade educativa.
Clicando na foto accederedes á galería de fotos do Magosto
E xunto co Magosto, celebramos tamén o Día do Peón, que xa sabemos todos que:
"Polo San Martiño,
peóns ao camiño."
Desde o centro, queremos darlles as grazas á ANPA Curuxeira, pola axuda proporcionada.
INSTRUCIÓNS CONXUNTAS PARA A XESTIÓN DA COVID-19
No seguinte enlace poderedes acceder ás instrucións publicadas pola Consellería no referente ás medidas sobre a xestión da Covid-19 no ámbito educativo.
Fondo Solidario de Libros de Texto. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2022 - 2023
Aberto o prazo de solicitude de participación no fodo solidario de libros de texto e axudas para adquirir lirbos de texto e material escolar para o curso 2022 - 2023, destinadas ao alumnado de Educación Primaria do centro.
PRAZO: DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO
Tedes toda a información relativa a este procedemento, no tabloleiro de Secretaría, podedes acceder pinchando na imaxe.